ARDEMIL: A FIN DUN MUNDO
![]() |
Campesiña co arado e o xugo as costas. Ardemil. |
A finais de outubro de 1965 instaleime
coa miña familia en Ordes, unha pequena vila entre Santiago de
Compostela e A Coruña, onde vivimos case un ano. Alí comecei as
miñas entrevistas e a medida que ía coñecendo os paisanos e
comprendendo ben o galego, vinme en mellores condicións para levar a
cabo o meu traballo de campo nas numerosas aldeas da contorna
espalladas por lugares illados, fóra da rede de estradas e ás que a
maioría delas só se podía acceder a pé. Ardemil, que está a 5
kms. ao norte dos meus informadores. Daquela aínda non tiñan
electricidade e cando volvín, en 1968, os veciños aínda estaban en
tratos coas autoridades locais para conseguir o abastecemento de
enerxía eléctrica á aldea.
“Eu non creo nas bruxas, pero habelas
hainas” di o campesiño que me relataba nun galego culto, cando eu
trataba de explicarlle o carácter especial do meu traballo.
Traballo de Campo en Galicia: Informe sobre tres anos de investigacións etnolóxicas en España, de Gustav Henningsen (Universidade de Copenhague).
ARDEMIL
A PARROQUIA:
A parroquia de Ardemil está situada
entre montes a poucos quilómetros de Ordes. O ondulado terreo está
en gran parte sen cultivar, cuberto polo toxo. ou poboado de bosques.
Ao queimar o monte aprovéitase a terra aboada polas cinzas para
cultivar trigo un par de anos, pero despois a terra ten que descansar
15 anos. Eu vin a veces campos de trigo en áreas onde o bosque non é
moi mesto, e os piñeiros son altos.
A MARELA FLOR DE TOXO, A CORTE E O ESTRUME:
O toxo (lat. ulex} que
cubre os montes de Galicia e medra entre as árbores do bosque é un
arbusto cheo de pinchos e de flor amarela. Ten flor case todo o ano e
en primavera a paisaxe tínxese por completo de amarelo. O clima é
moi chuvioso e aproveitan a auga mediante canais para regar os
prados. Unha grande parte do traballo destes campesiños consiste en
cortar o toxo no monte e levalo en carros ás súas casas, onde botan
unha parte na corte para que a urina e os excrementos das vacas o
transformen en bo abono, e a outra parte utilízana para alimentar o
lume da lareira. No outono e primavera limpanse as cortes e o estrume
bótase nos campos.
MINIFUNDIO E CONCENTRACIÓN:
Ardemil comprende
pequenas fincas con campos dunha extensión que varía entre unha e
vintecatro hectáreas, contando a parte de bosque e monte de toxo. Só
unha minoría ten máis de dúas hectáreas, pero todos son
propietarios das terras, agás nuns poucos casos en que as teñen en
arrendo. As parcelas non están concentradas no mesmo lugar, senón
que as terras dun mesmo propietario atópanse repartidas en cincuenta
ou cen terreos espallados pola parroquia.
A concentración de parcelas é
voluntaria, pero ten que ser solicitada pola parroquia ou parroquias
enteiras e como en Ardemil non acaban de poñerse de acordo sobre
este punto, algúns propietarios cambiaron entre si as súas terras,
xuntándoas por conta propia.
![]() |
Os donos da casa coa súa colleita de patacas. Rodas, Ardemil. |
TRÁNSITO DO CAMPESIÑO A AGRICULTOR:
As condicións de traballo e vivenda
son moi primitivas. Esta parroquia é unha das máis atrasadas de
Galicia, aínda que a diferenza entre Ardemil e outras parroquias non
é demasiado grande, a non seren aquelas parroquias onde a
Concentración Parcelaria construíu boas estradas e incluso escolas
novas.
Nos campos ábrense os regos con arado
de madeira tirado por bois, e a falta destes hai quen xungue as
súas vacas leiteiras ao arado. Cando cheguei á parroquia, un par de
veciños acababan de mercar os primeiros tractores con arado moderno
e, arando para os demais, cubrían os gastos da compra.
Os camiños seguían sendo só
transitables para os bois coas súas carretas de pesadas rodas de
madeira, pero botábaselle a culpa aos tractores de que os camiños
estivesen cada vez peor. A miúdo atópanse camiños desgastados ata
dous metros ou máis por debaixo dos campos, quedando en inverno
anegados pola auga das chuvias, de modo que os que van a pé teñen
que andar ''por dentro", polas vereas que arrodean os campos e
corren paralelas, aos camiños convertidos en ríos.
![]() |
Casa típica de labradores. Pola
cheminea nova vemos que teñen a cociña á esquerda. No piso alto,
directamente sobre a corte, tiñan as camas para así aproveitar a
calor das vacas. Rodas, Ardemil. |
A CASA, O POTE E O LAR:
A poboación está moi ciscada. As
casas dos labregos aparecen máis ben solitarias, pegadas de dúas en
dúas, o que se chama un lugar. Cando hai máis de dúas ou tres
chámanlle aldea.
As casas teñen case todas corte e
vivenda. Un corredor central divide o primeiro piso en dúas partes.
A un lado está a corte con tres ou catro vacas, que é o corrente; e
ao outro lado as despensas para a forraxe e a grande cociña, onde a
lareira, alzada do resto do chan por unha plataforma de pedra ou
cemento é flanqueada por bancos de madeira, é o lugar de reunión
da familia. No centro, sobre o lume aberto, faise a comida, en
grandes pucheiros colocados sobre uns tres pés de ferro ou colgados
dunha grosa cadea pendurada do teito. Preto do lume hai sempre un
enorme pote de ferro negro sobre tres longas patas que se utiliza
para cocer as verzas e os desperdicios para os porcos. Un dos
inconvenientes que atopan as amas de casa da aldea para poder
adquirir cociñas modernas de gas é por non poder quecer o pote,
polo que habería que seguir acendendo a lareira.
A través do enorme burato da cheminea
que se abre sobre o lume da lareira pódese ver o ceo. Na parede, por
detrás do lume, está a porta do forno no que as mulleres cocen pan
de trigo e millo para dúas semanas. Xunto ao burato da cheminea
colgan xamóns e chourizos para secar e afumar.
No piso alto hai camas, armarios e unha
grande mesa con cadeiras ou bancos, onde adoitan reunirse familia e
amigos para celebrar as grandes solemnidades. A diario a familia come
na cociña, sentados nos bancos xunto á lareira e suxeitando as
cuncas coa man, aínda que haxa unha mesa nalgún recuncho da cociña.
A veces o piso de arriba está dividido en varias habitacións, pero
normalmente só hai unha, onde durme toda a familia.
Os únicos adornos na parede, a parte
das estampas, os "rescritos" e outros amuletos que pasan
desapercibidos como tales ao profano, son cadros dos Santos, da
Virxe, o retrato de Franco e un calendario de brillantes cores cunha
moza guapa en bikini, agasallo navideño do tendeiro de Ordes.
![]() |
Dúas mulleres arando para tapar as raíces das plantas de col. |
CONVIVIO FAMILIAR E EMIGRACIÓN:
É cousa normal que vivan tres
xeracións xuntas. Os pais vellos, que rara vez renuncian aos
dereitos de propiedade antes de morrer, a parella moza que traballa a
terra e os seus fillos. Tamén adoita haber algún parente dos vellos
e algún fillo ou filla solteiros, que viven na casa ata casar. Ao
morrer os pais, os fillos repártense por igual as terras entre si, o
que dá lugar ao minifundio tan común en Galicia. Cando un emigra
deixa explotar as terras a alguén da familia, pero sen renunciar
nunca aos seus dereitos de propiedade. Actualmente, toda a mocidade
do campo atópase nas cidades en busca de traballo e por toda España
se pode atopar un con galegos. Antes emigraban a países
latinoamericanos, pero agora a maioría vai a Europa, pero seguen
dicindo sen consideracións xeográficas que se van ás Américas.
En certas partes de Galicia, a
emigración chegou a tal punto que todos os homes capaces para o
traballo abandonaron os seus fogares deixando as mulleres ao cargo da
facenda, tendo elas que dedicarse, ademais do coidado dos nenos e da
casa, aos duros traballos do campo.
As relacións familiares entre eles
teñen grande importancia. Nas grandes tarefas como a seitura co
fouciño, ou cando hai que sachar o monte axúdanse os veciños entre
si, e nisto teñen os parentes máis obrigación que ninguén de
axudar.
![]() |
A Matanza. Ábrese o porco. |
A CREBA DO CAMPO CA URBE:
En canto a cuestións políticas se
refire, os veciños de Ardemil atópanse nun constante tira e afrouxa
coas autoridades do Concello por asuntos locais. Hai quen se queixa
de que fose un dos xerifaltes do pobo quen saíu como representante
dos campesiños na Irmandade de Labradores. Pero a verdade é que
entre eles non houbo maneira de que se puxesen de acordo para elixir
a un dos seus, segundo me explicaron eles mesmos.
![]() |
Escena moi común na Galicia rural da época: Muller fiando mentres apacenta a súa vaca. Ardemil. |
RÉXIME FRANQUISTA E IDENTIDADE:
O interese por asuntos de política
nacional é escaso nas aldeas. A Franco déronlle todo o mérito
polos adiantos. e o progreso que sen dúbida algunha houbo dende a
guerra civil, e advertíanme con evidente orgullo que Franco tamén é
galego. As persoas con opinións diferentes ás da maioría eran
tachadas de comunistas, pero eu que tratei a algún deses
"comunistas" teño a certeza de que a súa ideoloxía se
reduce a soñar cunha reforma que traía terras e riquezas aos menos
afortunados. A guerra civil apenas nada tivo que ver con Galicia, que
dende un principio, teño entendido, foi controlada polas tropas
nacionais. Moitos dos meus informadores de máis de 50 anos
contáronme que eles loitaran cos nacionais noutras partes de España.
Tampouco atopei entre os aldeáns ideas de tendencia rexionalista; en
realidade os campesiños sentíanse galegos como en Dinamarca os de
Xutlandia se senten xutlandeses, ou os de Fionia, fioneses. Polo
contrario, atopei a miúdo patriotas galegos que sentían que a súa
rexión está moi abandonada polo Goberno, mentres me recitaban
orgullosos unha lista de nomes de galegos que ao longo dos tempos
ocuparon e ocupan hoxe postos prominentes na política española.
GALIZA COMO DINAMARCA, PROTAGONISTAS DUN MUNDO QUE SE ACABA:
Ao principio da miña estancia en
Galicia sentinme transportado a Dinamarca de Evald Tang-Kristensen,
grande folclorista danés de fins do século pasado, pero de contado
comprendín que me equivocara ao xulgar aqueles pobos polo medio
primitivo en que vivían. A maioría dos seus habitantes viaxaran
rnoito polo mundo e cada un intentaba seguir ao seu xeito o ritmo dos
novos tempos a costa da suor de cada día. O aparato de radio
transistor, que todos tiñan coidadosamente cuberto cunha cortina de
plástico nun recuncho da cociña, chegou a ser para min símbolo
daquelas xentes que viven conscientes de que o mundo do seu arredor
se lles escapou.
O tradicional sistema económico de pago en especies, sobre o que se baseaba a súa facenda, só se pode substituír
lentamente por un sistema de agricultura moderno nesta parte de
España, onde o que máis abundan son as propiedades demasiado
pequenas. Non falemos xa das zonas onde o cultivo, segundo as
esixencias modernas, non é rendible para vivir. “Isto non é
vivir”, dicíame un asturiano que vivía nunha zona onde o Estado
compra as fincas para plantar os terreos de bosques.
![]() |
Fonte:
“Galicia Máxica: Reportaxe
dun Mundo Desaparecido” de Gustav Henningsen Fotografías etnográficas 1965–68. Edita Museo do Pobo Galego 2015. |









