VENUS, A DEUSA DO AMOR

ICONOSÓFICA
O Nacemento de Venus (en italiano, La Nascita di Venere - 1482-85) é un cadro realizado polo pintor renacentista Sandro Botticelli (1445-510), unha das obras cume do mestre florentino e do Quattrocento italiano. Está executado ó temple sobre lenzo e mide 278,5 cm. de ancho por 172,5 cm de alto. Está exposto na Galería Uffizi, en Florencia.
Este cadro foi no seu tempo unha obra revolucionaria por canto presentaba sen tapuxos un nu feminino non xustificado por ningún compoñente relixioso, así como un tema mitolóxico procedente da cultura clásica grecorromana anterior o cristianismo, o que supuña a plena aceptación -o menos por parte das elites culturais- do novo humanismo renacentista alonxado do escurantismo medieval. A súa interpretación iconográfica vincúlase ca Academia Platónica Florentina, un círculo intelectual patrocinado poa familia Médici que se cultivou tanto no terreo da filosofía como da literatura e a arte. O significado da obra está relacionado pois co neoplatonismo e a formulación por Marsilio Ficino dun concepto idealizado do amor onde a figura de Venus desdobrase en dúas versións complementarias: a Venus celeste e a Venus terreal, que simbolizan o amor espiritual e o amor material, unha teoría derivada de "O Banquete de Platón".
Por outro lado, a inspiración para o tema representado por Botticelli cabe buscalo en fontes literarias como as obras clásicas de Ovídeo e, especialmente, Angelo Poliziano, membro da Academia Florentina que na súa obra Stanze per la Giostra (1494) describía en verso o nacemento de Venus. Cabe sinalar que esta obra estaba adicada a glosar o amor imposible que profesaba o nobre Giuliano de Médici pola bela e virtuosa Simonetta Vespucci, quen foi a modelo para a figura de Venus.
MÍTICA
Case todas as culturas teñen unha deusa concreta que supervisa os ritos do amor e a fertilidade, e todas elas parecen compartir o mesmo carácter vertolán (caprichoso). A máis característica é Venus (Afrodita), deusa do amor dos homes e dos inmortais na época do Olimpo.
Venus tivo un comezo pouco prometedor, xa que foi creada cando Crono capou ó seu pai e as pingas de sangue caeron o mar, onde transformáronse en escuma branca e de esta naceu Venus.
Dende o momento en que atravesou as portas do Olimpo, comezaron os problemas. Os deuses non atopaban verbas para describir a perfección do seu rostro e seu corpo, mentres que as deusas sentían ciumes dunha beleza que umbrexaba a súa propia. Venus é a esencia da beleza sedutora feminina e conquistou ós deuses coa súa gracia e encanto, ademais da súa deliciosa e contrubadora presencia. Por si non chegara con todo isto, levaba posto unha fita que irradiaba poder sedutor. A prenda exquisitamente confeccionada e bordada, promete o amor e a súa consumación.
"A Eterna Venerable", Rafa Ronquete, Carabela de Xiada-Noia 1983.
Tódolos deuses a desexaban, mentres as deusas a ollaban con malos ollos. Comezou a crearlle desgustos a humanidade cando Eris, deusa da discordia, botou nunha voda olímpica, unha mazán coas verbas "Para a máis fermosa". Venus, Hera e Atenea reclamaron o premio, e Zeus zanxou a discusión decretando que fora un mortal quen xulgara a beleza das deusas. O xuíz escollido para a ocasión foi Paris, fillo do rei Príamo de Troia, que escolleu a Venus. Hera e Atenea desquitáronse devastando Troia e facendo que Paris perecera en combate.
Os inmortais sempre se amosaron moi propensos ós amores apaisoados, pero nunca coñeceran nada parecido ó desexo que Venus despertaba neles. Pronto atopouse nunha posición suprema como deusa e creadora do amor, aínda que a súa natureza ten moitas caras. Era doce e xenerosa cos deuses e mortais que a respectaban, pero feroz cos que a abafallaban. Cando as mozas de Pafos negaron a súa divindade, ela as desapoderou da súa modestia e as converteu en putas.
Casou con Hefesto, o metalúrxico coxo, pero pronto o deixou para botarse nos brazos do fermoso Adonis. Utilizou sen escrúpulos a súa beleza para seducir a deuses e mortais, ou para lanzalos a empresas amorosas sen esperanzas. Nin sequera Zeus puido resistir os seus encantos, e ela atormentouno meténdoo nunha serie de aventuras con mulleres mortais.
Venus personifica a beleza máxica das mulleres, o confort dos seus brazos e a rica recompensa do seu corpo, xunto coas sutilezas e complexidades das súas mentes. Os homes, seguen sendo vítimas dos seus caprichos e dos tormentos de amor que ela inflixe.
SIMBÓLICA
As "Venus", que se asocian coas obras de arte máis antigas do mundo, representan a mulleres con sobre-peso da época dos cazadores recolectores na Europa da Idade de Xeo. Os primeiros humanos modernos entraron en Europa durante un período de quecemento climático fai uns 48.000 anos. Coñecidos como auriñacienses, cazaban renos, cabalos e mamuts con lanzas con puntas de óso. No verán a súa dieta era: baias, peixe, noces e plantas.
A medida que as temperaturas comezaron a baixar, as capas de xeo avanzaron provocando o desastre. Nos meses máis fríos, as temperaturas baixaron a 10-15 graos Celsius. Algunhas bandas de cazadores recolectores desapareceron, outras trasladáronse ó sur, algunhas buscaron refuxio nos bosques. A caza maior foi perseguida.
Foi durante estes tempos desesperados cando apareceron as figuriñas obesas. Tiñan entre 6 e 16 centímetros de longo e estaban feitas de pedra, marfil, corno e ocasionalmente arxila. Algunhas estaban enfiadas e eran usadas como figas (amuletos).
Medíronse as proporcións cintura-cadeira e cintura-ombreiro das estatuíñas. Descubriron que canto máis achegados a zonas frías eran máis obesas, en comparación coas máis lonxanas. Isto levou a equipa de Richard Johnson, MD, mestra da Escola de Mediciña da Universidade de Colorado que realizaron as medicións, a hipótese de que as figuriñas representaban un tipo de corpo idealizado para estas difíciles condicións de vida. Polo que a obesidade era deseada para superar con éxito tempos de escaseza, levar o embarazo dun fill@, o parto e a lactancia.
Polo desgaste que teñen, indica que poderían formar parte da dote cando a moza manifestaba ser muller.
"A estética da arte, tivo unha función de enfatizar a saúde e a supervivencia para adaptarse a condicións climáticas extremas", dixo Johnson.
ALIENÍXENA
Fonte:
- Enciclopedia das Cousas que Nunca Existiron, de Michael Page e Robert Ingpen.
- Noticias 20 minutos.
- Wikipedia.

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN