PUBLICAR EN GALEGO NA DÉCADA 1940-50
Nesta década o libro galego non existe, o novo réxime o consideraba un acto conspirativo e contrario ó "espíritu nacional" a instaurar. Algunha excepción como o poemario “Cómaros Verdes (1947)” e pouco máis.

Aquilino Iglesia Alvariño (A Pedrosa, San Xoán de Vilarente, Abadín, Lugo, 11 de xuño de 1909 - Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1961). Mestre, escritor, poeta e traductor en lingua galega e castelán.
A capital da edición galega é Bos Aires. Neses anos, en Galicia, a literatura na lingua do país, atopa algún acubillo nas revistas culturais e noutras que como Xistral, Mensajes de Poesía ou Alba, amosan unha vocación poética que xa a comezos da seguinte década manifestará Aturuxo.
As cousas comezaran a experimentar algún sinal de cambio positivo, coas modestas aportacións no ano 49, como a Colección Benito Soto de Poesía (Pontevedra), a Editorial Bibliófilos Gallegos (Santiago), a Colección Xistral de Poesía (Lugo) e a Editorial Monterrey (Vigo). Pero sobre todo a partir da fundación da Editorial Galaxia no 1950.
Despois do "golpe militar franquista" o Partido Galeguista se reorganiza coa celebración da Primeira Asamblea Nacional o 22 de xullo do 1945, en Coruxo de Vigo. Entre outros puntos a desenrrolar, se acorda promover a creación dunha editorial, cuxo logro foi a creación da Editorial Galaxia un lustro após.
a) A maioría están concibidas e redactadas en castelán, pero admiten textos en galego, preferentemente de carácter poético. O bilingüismo é irregular, con superior emprego do castelán.
b) Son publicacións efémeras, a consecuencia da precariedade económica, problemas coa censura ou a inestabilidade da situación persoal de directores e redactores.
c) Son empresas entusiastas -de iniciativa individual ou grupo reducido- que tentan dar pulo á esmorecida e "sospeitosa" vida literaria e cultural da época. Non son voceiras dunha estética determinada, nin dunha xeración concreta ou dun grupo ben definido literariamente.
d) Os escritores que facían un uso frecuente do galego na época republicana, agora empregan o castelán, após dos anos, volverán a empregar máis o galego, na medida en que a "censura" o permitía.
e) A "censura" e a "presión ameazante", fixo destas publicacións un espazo practicamente único -xunto coas páxinas culturais da prensa diaria- para a creación literaria na lingüa galega, circunstancia que as converte en documento de moi estimable valor. Algunhas novas voces do momento, que publicaron as súas primeiras composicións nas páxinas destas publicacións, co tempo pasaron a formar parte da nosa lírica.
f) É observable, en máis dun caso, un certo localismo -moi evidente polo demais en Tapal (1950-55)- xustificable por motivos económicos entre outros, tamén a omnipresencia de figuras de prestixio entre as que se salienta a de Otero Pedrayo, sempre disposto a colaborar nestas iniciativas.
g) As publicacións desta década eran compañeiras de viaxe e mantiñan en moitos casos relacións de intercambio informativo e de colaboradores coas que se facían no resto da península e Canarias. Así, temos colaboradores galegos en cabeceiras como a leonesa Espadaña ou a cordobesa Cántico, por citar só dous casos representativos. Poetas non galegos como Vicente Aleixandre, Carmen Conde ou Blas de Otero publicaron poemas en Gelmírez, Mensajes de Poesía ou Aturuxo.

Carmen Conde Abellán (Cartaxena, 15 de agosto de 1907-Majadahonda, 8 de xaneiro de 1996) poeta, prosista, dramaturga, ensaista e mestra española, considerada unha das voces máis sigñificativas da xeración poética do 27. No 1978 foi elexida a primeira académica de número da Real Academia Española, pronunciando o seu discurso de ingreso en 1979. No 1931, Conde fundou, xunto co seu marido Antonio Oliver Belmás, a primeira Universidade Popular de Cartaxena.
h) Ademais do seu valor de documento da época, resultan aínda hoxe de imprescindible consulta, na medida en que nas súas páxinas hai primeiras versións de poemas pouco coñecidos e nelas, dan os seus primeiros pasos ou reemprenden a súa tarefa, un importante grupo de poetas galegos de distintas xeracións, que xurde das cinzas dunha cruel guerra e baixo un réximen censor e represor con calquer atisbo de exaltación do propio e xenuino.
Fonte:
- "Tapal – Noia (1950-55)". Edita Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (2003). Xunta de Galicia
- "A GALICIA AUSTRAL: A Inmigración Galega na Arxentina" de Xosé Núñez Seixas. Editorial Biblos, 2001. Bos Ares.
https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=738
- WIKIPEDIA






