TRATADO SOBRE A TOLERANCIA DE VOLTAIRE

Voltaire (1694-1778), co nome François Marie Arouet, é unha figura emblemática da Ilustración. Filósofo, escritor e investigador, pronto se fixo célebre polas súas agudas críticas a aristocracia francesa. Foi encarcerado na Bastilla e desterrado a Gran Bretaña, país do que quedou admirado do seu sistema político parlamentario, antitético do absolutismo francés. De retorno ó seu país, Voltaire difundiu as ideas de John Locke e o pensamento científico de Newton. Enfrontado ós estamentos do poder -Igrexa e Estado- defendeu sempre o poder da razón e a ciencia. A súa sobriña Marie-Louise, foi a «Madán Denis», que compartiu vida con Voltaire máis de vinte años no último tramo da súa vida.
En novembro de 1761 Jean Calas, un próspero comerciante protestante de Tolosa, foi acusado polo asasinato do seu fillo por, según a moitedume enfermizamente polarizada, pola vontade do fillo de querer converterse ó catolicismo.
Voltaire comenzou a escreber o "Tratado sobre a Tolerancia" en octubre de 1762. Obra que se inicia coa historia do asunto Calas, denunciando as suas inconsistencias, ampliando a perspectiva do seu Tratado cunha reflexión sobre a tolerancia: «Salgamos da nosa pequena esfera e examinemos o resto do noso globo».
O “Caso Calas” é un dos seus ensaios máis célebres, en pro da tolerancia relixiosa, a favor da separación da Igrexa e o Estado, e contra o fanatismo. Voltaire, inverte tres anos en desenrolar os textos que reivindicarían a memoria de Jean Calas.
Tivo tal repercusión na Francia do século XVIII, que determinou o que hoxe coñecemos como "o dereito fundamental a libertade relixiosa ou libertade de culto" entendida conforme o artigo 18 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948:
«Toda persoa ten dereito a libertade de pensamento, de conciencia e de relixión; este dereito inclue a libertade de mudar de relixión ou de creencia, así como a libertade de manifestar a sua relixión ou a sua creencia, individual e colectivamente, tanto en público como en privado, polo ensino, a práctica, o culto e a observancia».
HISTORIA ABREVIADA DA EXECUCIÓN DE JEAN CALAS
O Tratado sobre a Tolerancia componse orixinalmente de vinte e catro capítulos. O texto a continuación, corresponde ó primeiro capítulo, completado con información dos demais capítulos e fontes actuais, para facilitar a súa lectura e comprensión, ou ese é o propósito.
A Casa dos Calas, que se conserva na actualidade, en memoria da desgracia da Familia.
CASO CALAS OU O SÁLVESE QUEN POIDA.
A execución de Jean Calas, cometido en Toulouse ca espada da xustiza o 9 de marzo de 1762, é un dos acontecementos máis singulares que merecen a atención da nosa época e da posteridade.
Cando un pai de familia inocente, é entregado as mans do erro, ou da paixón, ou do fanatismo; si o acusado non ten máis defensa, que a súa virtude; si os árbitros da súa vida, non corren máis perigo ao degolalo que o de equivocarse; si poden matar impunemente con unha sentencia, entón álzase o clamor público, cada cal teme por si mesmo, vese que ninguén ten a salvo a sua vida ante un tribunal erixido para velar pola vida dos cidadáns, e todas as voces se xuntan para pedir xustiza.
Neste estrano caso trátase de relixión, de suicidio, de parricidio; trátase de saber si un pai e unha nai esganaran ó seu fillo para agradar a Deus, si un irmán esganara ó seu irmán, si un amigo aforcara ó seu amigo, e si os xuíces tiñan que reprocharse a condena de facelo executar na roda a un pai inocente, e perdoar a unha nai, a un irmán e a un amigo culpables.
Jean Calas era un tendeiro téxtil nado o 19/03/1698 en A Cabareda, un pequeno pobo da zona interior e montañosa do Languedoc, situado a 100 kilómetros no este de Tolosa, a gran capital do territorio. Calas procedía de un entorno familiar e social de fala e cultura occitana, e de relixión calvinista. No 1722, con vintecatro anos de idade, creaba unha pequena tenda de venta de tecidos en Tolosa, na rúa dos Fiadores, 50. Uns anos dispois, en 1731, casa con Anne-Rose Cabibel, de Tolosa, e de confesión calvinista.
O COMERCIANTE CALAS E FAMILIA.
O matrimonio tivo seis fillos. Catro mozos: Marc-Antoine, Pierre, Luís -abxurara do protestantismo, converténdose ó catolicismo, non vivia na casa paterna e o Pai lle pasaba unha pensión- e Donat -o menor, vivía en Nimes de aprendiz-; e duas mozas: Rosine, de vinte anos, e Nanette, de dezanove, que o día de autos fóranse ó campo a traballar na vendima. Todos bautizados según rito cristiá oficial, e educados en centros xesuítas, en parte por obrigación, en parte para evitarlles problemas futuros nesta realidade de paranoia apocalíptica.
Jean Calas, de sesenta e oito anos, exercía a profesión de comerciante en Tolosa dende facía máis de corenta anos e parecía tan alonxado dese absurdo fanatismo, que crebou todos os lazos da sociedade, aprobando a conversión do seu fillo Luís Calas, declarando o Pai no acto de conversión: "sempre que a conversión do meu fillo sexa sincera, non podería desaprobala, pois estorbar as conciencias só serve para facer hipócritas".
Ademais de contar na súa casa, dende facía trinta anos, cunha criada católica, Jeanne Viguière, que criara a todos os seus fillos.
O 24/01/1761, as autoridades locais abren una investigación, acusando a Jean de impedir que os seus fillos se convirtan "voluntariamente" ao catolicismo.
"Cristo Levando a Cruz", Hieronymus Bosch, alias "O Bosco", entre 1450-1516.
Dende que o cristianismo disputa sobre o dogma, o sangue correo nos patíbulos e nas batallas, dende o século IV ata os nosos días.
No 1484, Inocencio VIII da por oficial a existencia da bruxería por medio da bula Summis desideratis affectibus. O Malleus Maleficarum (do latín: 'Martelo das Bruxas') é un tratado sobre a bruxería, escrito polos frades dominicos Heinrich Kramer e Jacob Sprenger, e foi publicado en Estrasburgo no 1487. Trala primeira publicación do Malleus Maleficarum, foi reeditado ducias de veces, difundiuse por toda Europa. Esta obra foi notoria polo seu uso no período da "histeria" pola caza de bruxas, alcanzando a súa máxima divulgación desde mediados do século XVI ata mediados do XVII.
A Liga Santa de 1538 foi unha efímera alianza entre estados cristianos, organizada polo Papa Paulo III a instancias da República de Venecia. As flotas turco-otomana e a cristiana, enfróntanse o 28 de septembro de 1538 na batalla de Préveza, na que Barbarroxa derrota de maneira decisiva a Alianza Cristiana, que era superior en termos numéricos.
A Santa Liga, como era coñecida en España, era unha coalición católica que pretendía ocupar o trono francés cun rei católico. Os católicos intransixentes -o duque de Guisa, que era o candidato para sustituir a Enrique III- eran apoiados sobre todo por Carlos I, e dispois polo sucesor Felipe II de España e o Papado.
A Reforma, pretende sanear a igrexa católica corrompida e relaxada de costumes, en todos os seus estratos dende o Papado -como o Papa Borgia- até os conventos. O alemán Lutero (1483-1546) e o francés Calvino (1509-1564) abandeiraron esa reforma que provocou as guerras de relixión na Europa, sobre todo en Francia, durante o século XVI.
Ca morte do monarca francés Enrique II en 1558, as disputas polo poder se solapan coas exacerbadas disputas relixiosas entre os protestantes calvinistas (hugonotes), e as casas nobiliarias que abandeiraron estas faccións relixiosas, en especial os Montmorency (Valois-Angulema), os Borbóns e os Guisa-Lorena, provocando ate oito guerras distintas no período 1562 a 1598. A violencia foi unha constante, durante todo este período, no que ante a perda do poder da realeza, provoca unha mutación das confesións en partidos políticos, tan potentes, como para tomar o poder: o Partido Hugonote e a Liga Católica.
A matanza de hugonotes, partidarios de Calvino e seguidores da sua “Teoría da Predestinación”, aconteceu o 17 de maio de 1562, no que despois da negociación, para que depuxeran as armas e obter o perdón, foron executadas unhas mil persoas.
O 18 de marzo de 1570, a tropa do duque de Guisa executa a 23 protestantes, que celebraban o seu culto relixioso nunha granxa, foi a chamada matanza de Wassy. En Sens un centenar de calvinistas foron degolados. En París, foron saqueadas as casas dos hugonotes ricos. En Tours mantuveron cautivos ós protestantes tres días sin darlles de comer, logo foron levados a veira do Loira e asasinados.
Pola sua parte, Condé (lider hugonote) abandonou a capital, xuntando forzas con Coligny e encabezou ós calvinistas (hugonotes), apoderándose da cidade de Orleáns. Os hugonotes en armas, proclaman a súa lealtade ó Rei, afirmando que tan só pretendían librarse dos Guisa e facer respectar o edicto, que lles concedía a libertade do seu culto. Degolaron a algúns católicos, sobre todo sacerdotes, saquearon as igrexas e destruiron os altares, os crucifixos, os ornamentos, as reliquias, os cadros e as estatuas dos santos que denominaban "ídolos", o cal era entón un crime peor que o asasinato. Dando comenzo as guerras relixiosas.
Representación da matanza de San Bartolomeu según François Dubois co Palacio do Louvre de esceario, 1572-1584.
Dez anos após da primeira matanza de hugonotes, os dias 23, 24 e 25 de agosto de 1572, día de San Bartolomeu, foron executados uns 3.000 protestantes (hugonotes) en París e uns cantos miles máis en toda Francia. Previa a esta matanza, os hugonotes, como cristiáns protestantes, representaban o 10% da poboación francesa; actualmente se contabilizan un millón de franceses de relixión protestante, que representa sobre un 2% da poboación de Francia.
O rei Enrique IV, asina o Edito de Nantes na mesma cidade no 1598, que autorizaba en Francia a libertade de culto ós protestantes. Este edito, puxo fin as Guerras de Relixión entre católicos e protestantes.
Os conflitos entre a Coroa e os Hugonotes, reaviváronse periodicamente no século XVII. Antigas ordeanzas contra os protestantes, se puxeron en vigor, con penas de morte, galeras a perpetuidade para varóns collidos "in fraganti" no exercicio dos seus ritos, e cárcere a perpetuidade para as mulleres.
O Xansenismo, ligado as clases populares e humildes, era o encontro da carencia material e o celo espiritual, para o cristianismo oficial ou papal, era considerada "relixión menor ou non aristocrática". Rizando o rizo da crueldade, considerando "bastardos" ós seus fill*s, imposibilitándoos da herencia patrimonial.
Para colmo de males, o neto de Enrique IV, Luís XIV, revocou tal tolerancia co Edito de Fontainebleau no 1685, proscribindo toda relixión, excepto a católica, o que provocou o exilio de máis de 200.000 Hugonotes. Esta expulsión, supuxo para Francia, unha das maiores desgracias económicas da súa historia, provocando a saída dun gran número de artesáns excelentes, a creba das manufacturas e o éxodo de boa parte da riqueza francesa que emigra cos seus propietarios a Holanda, a Alemaña, a Inglaterra, onde a tolerancia e a razón progresaran moito.
Entre 1745 e 1762, Voltaire contabilizou oito pastores hugonotes aforcados.
En xaneiro do 1762, o fiscal de Toulouse, Riquet de Bonrepos, o mesmo que no nadal do ano anterior se encargara do caso Calas, facíase cargo do caso de Pierre Paul Sirven, logrando escapar. No 1766, sería executado François Jean Lefebvre. O 19 de febreiro do 1772, ano do bicentenario das "Matanzas de San Bartolomeu", foi executado na forca o pastor Rochette, e os tres irmáns Grenier, decapitados polo machado do verdugo en público.
No 1787, Luis XVI asina o "edito de Versalles", edito de tolerancia que restauraba ós protestantes na súa capacidad civil.
Da comezo a Primeira Revolución Francesa, ca auto-proclamación do Terceiro Estado como Asemblea Nacional no 1789, rematando co golpe de Estado de Napoleón Bonaparte en 1799, culminando un proceso de 10 anos de xestión asemblearia do Estado. Coa proclama non oficial: "Liberdade, Igualdade ou Morte"; o Estado asume a responsabilidade salarial do clero, anulando a influencia política dos intereses de Roma, tamén o coidado dos pobres, enfermos e orfos, a disolución das ordes relixiosas e mosteiros. A Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán de 1789, que proclama a liberdade de conciencia (articulo 10) e a liberdade de opinión (articulo 11). O que contribuíu a dar forma ós conceptos modernos de Estado-Nación, Democracia Occidental e Dereitos Humanos.
Principais centros hugonotes no século XVII, ata o Edicto de Nantes de 1685.
MARC-ANTOINE: A PARANOIA RELIXIOSA, O AZAR DO XOGO E A SOLUCIÓN SUICIDA.
Un dos fillos de Jean Calas, chamado Marc-Antoine, era un home cultivado: pasaba por espírito inquedo, umbroso e violento. Este mozo, ao carecer de dotes para o negocio téxtil, centrou a súa formación na avogacía. O 18/05/1759, Marc-Antoine se gradúa en leis, pero as autoridades locais lle prohíben exercer a súa actividade profesional, a causa da súa confesión relixiosa, pois precisaba "certificados de catolicidade" que non puido conseguir. Agobiado por esta sin razón, decidiu poñer fin a súa vida, dando a entender ese propósito a un dos seus amigos. Na súa risolución, confirmou a lectura de todo o que no mundo se escribira sobre o suicidio. Tal coñecemento, implica que coñecía o quebranto social que podía provocar a Familia.
Finalmente, certo día, tras perder o seu diñeiro no xogo, planifica levar a cabo o seu propósito fatal.
Ese mesmo día (13/10/1761), Jean e Marc-Antoine se atopan con Gaubert Lavaysse, que o convidan a cear. Gaubert Lavaysse, mozo de dezanove anos, fillo dun prestixioso avogado de Tolosa, e amigo da localidade, que chegara de Burdeos o día anterior, onde traballaba para un armador, e quería despedirse da súa familia, antes de partir para Santo Domingo. Casualmente a familia estaba de viaxe.
Con este casual convidado, o pai, a nai, o fillo maior Marc-Antoine e Pierre, o segundo fillo, cearon xuntos. Rematada a cea, retiráronse a unha saliña. Nun momento da velada, Marc-Antoine ausentouse.
DOR, CONFUSIÓN, PROCURANDO AXUDA, E A XUSTIZA COMO DEUS MANDA.
A eso das oito, rematada a cea, Marc-Antoine se ausenta para ir dar unha volta pola rúa. Após de unha hora, Lavaysse decide retirarse. Pierre Calas o acompaña acendendo unha vela, para baixar as escaleiras.
Na planta baixa, xunto ó almacén, atopan o corpo de Marc-Antoine en camisa, pendurado entre as duas portas que comunican a casa e a tenda de telas. As suas roupas dobradas, sobre o mostrador da tenda; a súa camisa nada engurrada, o pelo ben peiteado; no corpo non tiña ningunha ferida, ningunha magoadura. Tralo traslado do cadáver ó Concello, se lle atopou un pequeno resguiño na punta do nariz e unha pequena mancha no peito, causado por algún descoido no traslado do cadáver.
Asustados, gritan, acudindo o Pai. Jean axudado polo fillo Pierre, descolgan o cadáver. Lavaysse, fora de si, corre na búsqueda dos cirurxiáns e da xustiza.
Os Calas, antes de alarmar, acordan non revelar o suicidio como causa da morte de Marc-Antoine. O suicidio era unha deshonra, un terrible pecado a ollos dun cristián. A Ordenanza Criminal de 1670, establecía que o corpo dun suicida, sería sometido a xuizo, e logo arrostrado nú pola cidade, ate seren colgado na forca a exposición pública.
Os veciños da rúa, escoitaron os laios dos Pais. A multitude vaise agolpando, descoñecen a causa da morte de Marc-Antoine, descartando categóricamente o suicidio.
Pouco a pouco, o motivo que nun principio sería descartado por inverosimil, vaise facendo verosímil. As voces que buscan culpables, sinalan a familia como executora, por ser vontade de Marc-Antoine converterse ó cristianismo, motivo polo que o Pai o esganou ate matalo.
A extrema dor e confusión da familia arreciaba.
Retrato de Enrique III por Jean Decourt, Chantilly, musée Condé.
O Rei francés Enrique III (1551-1589) foi elixido rei de Polonia en 1573, un ano antes de acceder ó trono francés, sucedendo ó seu irmán Carlos IX. Levou a cabo unha persecución contra os protestantes e se lle supuxo implicado de xeito activo na matanza da San Bartolomeu; fixo asasinar ó duque de Guisa e ó seu irmán o cardeal Luís de Lorena, principais figuras da Liga católica intransixente, en decembro de 1588. Cando se dispuña a asediar París, co apoio do seu cuñado Enrique de Navarra, foi asasinado polo monxe Jacques Clement.
Vista de Tolosa do século XVIII, do Arquivo Municipal de Tolosa.
TOLOSA: PUNTO QUENTE DA DISPUTA SOBRE O DEUS VERDADEIRO.
Os pais saloucaban e choraban, abrazando ó seu fillo aforcado, o pobo de Tolosa agolpouse díante da casa. Ese pobo supersticioso e arroutado, olla coma monstros ós que non practican a súa relixión. Foi en Tolosa onde se deron solemnemente gracias a Deus pola morte de Enrique III, e onde fixeran xuramento de degolar ó primeiro que falase de recoñecer ó grande, ó bo Enrique IV.
Todavía esa cidade solemniza todos os anos, cunha procesión e fogueiras, o día no que facía casi dous séculos, pasaran a degolo, a miles de cidadáns heréticos, Seis decretos do Consello, prohibiron inutilmente esa odiosa festa, os tolosanos sempre o celebraron como "xogos florais" (sic).
O máis popular dos reis franceses, Enrique IV (1553-1610), asumiu primeiro o trono de Navarra (1572) antes de facerse coa coroa francesa á morte do seu cuñado Enrique III. Unha parte do exército apoiou os seus dereitos a coroa, que reconquistou fronte a Liga católica e os intereses españois. O 25 de xullo de 1593, en Saint-Denis, abxura do calvinismo e vólvese católico coa célebre frase: “París ben val unha misa”. Ó ano seguinte era consagrado en Chartres. A súa política de pacificación levoulle a emitir o Edito de Nantes que outorgaba ós calvinistas a liberdade relixiosa -que máis tarde, en 1685, revocaría Luís XIV- e pactou a paz con España, para lanzarse á construción do Estado francés con visión de futuro. Foi asasinado por un fanático católico, Ravaillac, quizá impulsado polos medios favorables a España.
ALGÚN FANÁTICO DO POPULACHO GRITOU, FOI O COMENZO DA "BOLA ACUSATORIA".
Algún fanático do populacho gritou que Jean Calas aforcara ó seu propio fillo Marc-Antoine. Este grito, repetido, fíxose unánime nun intre; outros engadiron que o morto ia a abxurar ó día seguinte, que a súa familia e o mozo Lavaysse o aforcaran por xenreira contra a relixión católica, un momento despois xa ninguén o puxo en dúbida: toda a cidade quedou convencida de que entre os protestantes, por cuestións de disputas relixiosas, un pai e unha nai deben asasinar ó seu fillo en canto se lle ocorre a conversión a outra relixión.
Unha vez excitados, os ánimos non se deteñen. Imaxinouse que os protestantes do Languedoc (rexión francesa, con capital en Tolosa, sita entre o Macizo Central e o mar Mediterráneo) reuníronse na véspera, e que escolleran ca pluralidade de votos, un verdugo da seita; que a elección recaera sobre o mozo Lavaysse. En vintecatro horas, este mozo recibira a nova da súa elección, e que viñera de Burdeos para axudar a Jean Calas, a súa muller e ó seu fillo Pierre, a aforcar ó amigo, ó fillo, ó irmán.
Donat Calas (22/07/1762) na carta a Voltaire, facendo unha minuciosa retrospectiva do Caso, apunta: "Tal vez, algúns comerciantes envexosos, da que cren prosperidade de Jean; dunha casa comercial, fideles a unha relixión distinta (penitentes brancos?) a súa, escitaban ó populacho contra de nós".
Jean Bodin (n.1530-m.1596) tiña un pasado "calvinista", polo que foi sinalado para a súa execución na Matanza de San Bartolomeu no 1572. Ten o triste mérito de ser o primeiro en facer unha definición legal de "bruxa": "Aquela que coñecendo a Lei de Deus, tenta de realizar algunha acción mediante un acordo co Demo". Exerceu como mestre de Dereito Romano na Universidade de Tolosa, era o exemplo de "demólogo secular", competindo cos teólogos máis fanáticos. Publica a "Demonomanía das Bruxas" no 1580 en París, tendo unha gran influencia en Francia. A xuízo de Bodin, "ningún procedemento para interrogar ou castigar as bruxas era demasiado cruel", facendo a recomendación de que "as acusadas de bruxería foran queimadas con ferros ó roxo vivo, de igual xeito que se elimina a carne putrefacta"; que "queimar as "meigas" a lume de vagar, era moi bo para elas, porque a morte sobreviña á media hora máis ou menos". Aseguraba que "a sospeita de bruxería, era base suficiente para sometelas a tortura pois o 'rumor popular' rara vez se equivocaba"; "Unha vez acusada -a suposta bruxa-, non debería ser absolta xamais, ao menos que a falsidade do acusador ou informador fora máis claro que o sol". As acusacións servían de base para o interrogatorio, e non se requiría ningunha outra proba válida de culpabilidade, que a confesión obtida mediante tortura. Prefería que os testigos foran nenos, porque se lles podía persuadir ou obrigar doadamente a que apresentaran unha testimuña condenatoria según os seus intereses. As miles de persoas executadas, serviron para lucrar a este "circo romano macabro e criminal" no remate da alta idade media que transitaba a idade moderna. Esta nova maquinaria cruel e asasina que se creou, serviu para apropiarse das perténceas e posesións das vítimas con impunidade total en "nome de Deus".
O SEÑOR DAVID, MUÑINDO "A BOLA ACUSATORIA".
O señor David, capitoul de Toulouse, excitado por estes murmurios e querendo facerse valer por medio dunha rápida execución, fixo un procedemento contrario as reglas e as ordenanzas.
O 18/11/1761, trinta e cinco días despois do suicidio de Marc-Antoine, a policía detiña e metía na cadea a Jean. Alí estuvo ata que os torturadores obtiveron a confesión que querían.
Publicouse un monitorio, non menos viciado que o procedemento. Chegouse máis lonxe: Marc-Antoine Calas fora executado calvinista, sendo inhumado ca maior pompa na Igrexa de San Esteban, a pesares do cura, que protestaba contra esa profanación.
MARC-ANTOINE: DE SUICIDA A MARTIR POLOS PENITENTES BRANCOS.
Hai en Languedoc catro confrarías de penitentes: a branca, a azul, a gris e a negra. Os confrades levan unha longa capucha, cunha máscara de pano con dous buratos para os ollos. Quixeron obrigar ó señor duque de Fitz-James, comandante da provincia, a entrar na súa corporación, pero ele os rexeitou.
Os confrades brancos, fixeron a Marc-Antoine Calas un funeral solemne, coma un mártir. Nunca igrexa algunha celebrou a festa dun mártir verdadeiro con máis pompa. Terrible pompa. Sobre un magnífico catafalco, elevaron un esqueleto que facían mover, e que representaba a Marc-Antoine Calas, levando nunha man unha palma e na outra a pluma coa que debería asinar a abxuración da herexía, e que en realidade escribía a sentencia de morte do seu Pai.
Emblema da Confraría dos Penitentes Brancos.
Entón o desditado que atentara contra si mesmo, non lle faltou máis que a canonización: todo o pobo o miraba coma un santo; algúns o invocaban, outros ían a pregar sobre a súa tomba, outros lle pedían milagres, outros contaban os que fixera. Un frade arrincoulle uns dentes para ter reliquias duradeiras. Unha devota, algo xorda, dixo que escoitara o son das campás. Un cura apopléctico sandou despois da toma do emético. Levantouse acta de tales prodixios. Quen escrebe este relato, ten unha testemuña dun mozo de Toulouse que se volveu tolo por pregar varias noites sobre a tomba do novo santo, e non conseguir o milagre que imploraba.
SENTENCIA CONDENATORIA POR UN VOTO DE DIFERENCIA.
Trece xuíces reuníronse todos os días para acabar o prociso. Non se tiña, non se podía ter ningunha proba contra a familia; pero a relixión enganada facía as veces de proba. Seis xuíces persistiron moito tempo en condenar a Jean Calas, ao seu fillo e a Lavaysse á roda, e a muller de Jean Calas á fogueira. Outros sete máis moderados querían que polo menos se valorasen as probas.
Os debates foron reiterados e longos. Un dos xuíces (Lasalle), convencido da inocencia dos acusados e da imposibilidade do crime, falou vivamente no seu favor; opuxo o celo pola humanidade ao celo da severidade, converténdose no avogado público dos Calas en tódalas casas de Toulouse, onde os continuos gritos da “relixión condena-espectáculo”, clamaba con rotundidade polo sangue anque sexa de inocentes. Outro xuíz, coñecido pola súa violencia (Laborde), falaba nos foros da cidade con tanto arrouto contra os Calas, como afoutura mostraba o primeiro en defendelos. Finalmente foi tan grande a falcatruada, que se viron obrigados a declararse incompetentes un e outro; retirándose ó acougo do campo.
Pero, por unha estraña e descoñecido malfadado, o xuíz favorable ós Calas tivo a delicadeza de persistir na súa recusación, mentres o outro votou dando o seu voto en contra de aqueles ós que non debía xulgar. Foi ese voto o que decidiu a condena á roda, xa que non houbo máis que oito votos contra cinco, dado que un dos seis xuíces opostos rematou por pasarse, tras moito porfiar, ó partido máis rixo.
Capitouls de Toulouse, 1663.
En Francia, as costas normais de un xuízo con execución eran de uns quiñentos francos, suma considerable para esa época. Se conserva a conta dun xuízo que inclúe salarios, gratificacións e honorarios para, dous ministros, un avogado, o correxedor, nove veciños e catro "notables", un escribán, dous asesores, catro alguacís e alguén de nome "Jacob". Noutra nota de gastos inclúese conceptos tais como alimentación da acusada no seu tempo en prisión, palla para o seu xergón, viño para os gardas, "por transportar as súas pertenzas cando a mudan dunha prisión a outra", "para o que conduce o xuízo", para o avogado defensor, para o escribán, para os alguacís, pola inspección das actas xudiciais, para as mulleres que a afeitaron, para o torturador, "para os gastos do home que tivo que ir a Nancy a traer o dito torturador".
O PARRICIDIO EXCITA O DEDO ACUSADOR.
Parece que, cando se trata dun parricidio e de entregar a un pai de familia ó suplicio máis horrible, o xuízo debería ser unánime, pois as probas dun crime tan insólito deberían ser dunha evidencia clara para todo o mundo. A menor dúbida, en caso semellante, debe bastar para facer tremer a un xuíz que vai a asinar unha sentencia de morte.
Si o parricidio se producira como asegura a acusación, todos deberían ser igualmente culpables, porque non se afastaran nin un momento, o que evidenciaba que non o eran. Tamén era evidente a incapacidade do pai para executar ó seu fillo. Emporiso, a sentencia só condenou a ese pai ó tormento-morte na roda.
A frouxidade da nosa razón e a insuficiencia das nosas leis, déixanse sentir todos os días, pero en que medida mostra mellor as suas miserias, que cando a preponderancia dun só voto, condena ó tormento e morte na roda dun cidadán?. En Atenas, precisan dunha maioría de cincuenta votos para poder ditar unha sentencia de morte. Que podemos deducir disto?. Algo que sabemos sen que serva para nada, que os gregos eran máis prudentes e máis humanos que nós.
O terremoto de Lisboa do 1 de novembro de 1755 as 9:20 H., foi o máis intenso e destrutivo dos anais da historia da humanidade. Dispois das tres sacudidas sísmicas iniciais, veo o maremoto lavando até considerable distancia a costa atlántica co epicentro frente o cabo San Vicente. Causando a morte de entre 60.000 a 100.000 persoas, destruíndo a cidade de Lisboa (a gran urbe colonial), e outras costeiras. Tivo tal relevancia que se converteu na primeira catástrofe mediática mundial, atraendo a atención das gacetas, periódicos e viaxeiros de toda Europa. Esta catástrofe toca a mentalidade europea, nunha das súas épocas máis delicadas. Pensadores e filósofos, cuestionaban ó Deus que podía ver calquera ben, nalgo tan espantoso como o ocorrido, desafiando o optimismo da era da Ilustración.
Gran Procesión do auto de fé dos condenados pola Inquisición de Lisboa, S. XVIII.
Na mentalidade devotamente cristián da sociedade portuguesa, era difícil de xustificar esta cólera divina, matando tanta xente dun pulazo, co agravante de escoller o día da celebración de Todos os Santos. A Universidade de Coimbra decide facer unha festa cun soberbio auto de fé, co espectáculo dunhas cantas persoas queimadas a lume "de vagar", con toda a solemnidade, como infalible inmolación para unha protección de sismos futuros. Se acentuaron as tensións políticas e se interromperon radicalmente as ambicións colonialistas do país Luso. A era do librepensamento, do cuestionamento do poder todo poderoso da Igrexa e dos reis se estaba xestando, a partir dese día, a humanidade foi despertando, dando paso ó nacemento da Época Moderna.
Procesión do Corpo Santo en Toulouse.
INCONCEBIBLE SENTENCIA.
Parecía imposible que Jean Calas, ancián de sesenta e oito anos, que dende facía tempo tiña as pernas inchadas e febles, puidera aforcar ele só a un fillo de vinteoito anos, que era dunha forza superior a ordinaria. Era absolutamente preciso que fora axudado pola muller -a nai-, polo seu fillo Pierre Calas, por Lavaysse e pola serventa para poder executalo. Esta suposición, seguía sendo tan absurda como a outra. Porque, como unha serventa fervorosa católica, podía tolerar que uns hugonotes asasinaran a un mozo, criado por ela, para castigalo por amar a relixión que profesaba esa serventa?. Como Lavaysse iría expresamente dende Burdeos, para esganar ó seu amigo, cuxa pretendida conversión ignoraba?. Como unha tenra nai, podería poñerlle as mans ó fillo para esganalo?. Como poderían entre todos eles aforcar a un mozo tan fornecido como todos eles xuntos, en unha longa e violenta loita, sen gritos, sen magoaduras, sen roupas rachadas?.
A "persecución herética" converteuse nun infame negocio de sementar "odio" para recoller vítimas que ademais era a conta deles ou persoas cercanas, retro alimentando o odio e captura de mulleres e homes realmente virtuosos como cidadáns dignos. As costas dos xuízos e das execucións eran a conta d* condenad*, dos seus parentes ou, si a víctima carecía de diñeiro, dos veciños da comunidade. Miles de individuos se gañaban a vida procesando e executando "bruxas": cregos, xuíces, letrados, escribas, médicos, empregados do xulgado, verdugos, torturadores, carpinteiros que erixían patíbulos, xornaleiros que cortaban leña para as piras e carreteiros que a transportaban.
PRÓXIMA CELEBRACIÓN DA "SINGULAR FESTA" DOS PENITENTES BRANCOS.
Algúns maxistrados eran da confraría dos penitentes brancos. Con esa perspectiva, a morte de Jean Calas parecía inevitable.
O que sobre todo preparou o seu suplicio, foi a proximidade da "singular festa" que os tolosanos celebran todos os anos na memoria da primeira matanza de hugonotes. No ano 1772, celebraríase o bicentenario da Matanza de San Bartolomeu.
As execucións eran un xeito de distracción pública, unha seria advertencia a todo aquel desobediente ou ser de luz propia, e os pousadeiros e taberneiros sacaban proveito das multitudes e dos banquetes do público entusiasta seguidor de un proceso. De cote, os gastos eran tan grandes que se precisaba de tódolos bens da vítima para costealos, deixando pouco ou nada para a súa confiscación polas autoridades pertinentes.
PREPARANDO O PATÍBULO, O PÚBLICO BABEXA EXPECTANTE ANTE O CRIMINAL ACTO DE XUSTIZA E FÉ.
Na cidade erguíase o tinglado para a celebración desa solemnidade, o que inflamaba todavía máis a quente imaxinación do pobo. A xente comentaba que o patíbulo no que os Calas sufrirían o tormento da roda, sería o maior ornato da festa, e que fora a providencia mesma quen traía aquelas vítimas para seren sacrificadas pola nosa santa relixión. Unhas vinte persoas escoitaran esas declaracións, e outras aínda máis violentas. E iso nos nosos días!. E iso nunha época no que tanto progrisou a filosofía!. E iso cando cen academias escreben para inspirar a súa dondura nas costumes!. Parece que o fanatismo, recén indignado polos éxitos da razón, debátese baixo dela con máis carraxe.
Na detallada conta de gastos da execución de unha bruxa co nome de Margaret Dunhome de Escocia, preparada por un contador e presentada ó propietario da finca da que a vítima era arrendataria. Coa venda dos seus bens persoais facía 27 libras, o total da minuta marcaba noventa e dúas libras, sobrecargada en catro libras, pois a conta real era de oitenta e oito libras con catorce chelíns. Quedándolle ó propietario a aciaga debida de sesenta e cinco libras. Figuran conceptos como o do carcereiro, por "punzala"(sic), o mantemento do garda, roupa para ela, alcatranado dos postes para executala, as árbores e preparación das mesmas, traslado do verdugo de Haddington e gastos seus, manutención da vítima, traslado a casa da vítima, dous oficiais.
JEAN CALAS NA RODA SUPLICA A SUA INOCENCIA E PERDOA ÓS XUICES QUE O CONDEARON.
Catro meses após, o 9 de marzo de 1762, as autoridades ordenaban a execución:
1º) que Jean Calas sufriría cuestión de tormento ordinaria e extraordinaria, co fin de arrincarlle a confesión do seu crime, cómplices e circunstancias;
2º) que en camisa, cos pes descalzos e descuberta a cabeza, sería conducido nunha carreta dende as prisións de palacio á catedral, e que alí, posto de xeonllos diante da porta principal, cunha vela de cera amarela de dúas libras de peso, o verdugo lle faría facer retractación pública e pedir perdón a Deus, ó Rei e a Xustiza das súas maldades;
3ª) dispós de facelo subir de novo a carreta, sería conducido polo verdugo a praza de San Xurxo, onde sobre un tabulado lle crebarían e farían pedazos, pernas, coxas, brazos e riles;
4º) feito isto, o mesmo verdugo o porá na roda, boca arriba, para que viva alí padecendo e arrepentíndose dos susoditos crimes e maldades, e para que serva de exemplo e infunda terror ós malvados, todo o tempo que plazca ó Señor concederlle vida.
Na mañá do 10 de marzo de 1762 Jean Calas, exhausto, non variará e confirmará que é inocente e tamén os que o rodean. Pola tarde, soporta o tormento da roda. Durante o tormento, permaneceo digno e firme, lanzou un só grito a cada golpe e non confesou nada, excepto que quería morrer como protestante.
Após dúas horas na roda, o verdugo o esgana, e logo botou o seu corpo ó lume. As súas cinzas foron espalladas polo vento.
Os xuíces que se decidiran pola execución de Jean Calas, convenceron ós outros, de que aquel ancián feble, non podería resistir os tormentos, e que baixo os golpes dos verdugos, confesaría o seu crime e o dos seus cómplices.
Quedaron confundidos cando aquel ancián, mentres sufría tormento na roda, chamou a Deus para confesar os seus pecados, poñéndoo como testemuña da súa inocencia, e conxurou polo perdón dos xuíces que o condenaron.
Os verdugos e torturadores, que podían ser o mesmo individuo, volvéronse codiciosos nas súas esixencias de honorarios e gratificacións extras. Algúns pobos estableceron detalladamente prezos máximos para eses macabros servizos. O arcebispo de Colonia publicou a "Tarifa da Tortura", cun preámbulo no que determinaba que o alto executor percibía un salario anual, polo que as súas demandas dunha compensación extra eran excesivas.
A SEGUNDA SENTENCIA: O ACOSO A PIERRE CALAS.
O 17 de marzo, os xuíces emiten unha segunda sentencia contraria a primeira, absolvendo ó resto da familia, confiscándolle todos os bens. O fillo foi condenado ó desterro. A nai, as fillas, e a serventa, foron recluidas nun convento.
Un dos conselleiros advertiu que esta sentencia anulaba a anterior, que todos os acusados estiveran sempre xuntos en todo o momento, no que se supón se produciu o parricidio, e que condenaba ós xuíces. A liberación de todos eles, demostraba de xeito irrefutable, a inocencia do pai de familia executado, polo que tomaron a decisión de desterrar a Pierre Calas. Tal desterro parecía tan inconsecuente, tan absurdo como todo o demais.
Si a Pierre Calas se lle declaraba culpable, debería ser supliciado na roda, como o seu pai, pero si era declarado inocente, non se lle podería desterrar. Parece que os xuíces, se asustaron no suplicio do pai, que ante tan entenrecedora mostra de piedade no suplicio-execución na roda, imaxinaron que salvaban o seu honor concedéndolle a gracia ó fillo, sen reparar, que incorrían en prevaricación condenándoo ó desterro, crendo que o desterro do mozo Pierre, pobre e sen apoio, carecería de consecuencias. Non era unha gran inxustiza, despois da aberración que cometeran co seu Pai.
Comezaron por ameazar a Pierre Calas na súa mazmorra, con darlle un destino como ó seu pai si non abxuraba da súa relixión. Isto o atestigüa o mozo Pierre no seu xuramento do 23 de xullo de 1762.
Cando saleo da cidade, Pierre Calas atopouse a un abade adicado as conversións que o fixo retornar a Toulouse, e o pecharon nun convento de dominicos, e alí forzóuselle a cumprir todas as funcións do catolicismo. Era en parte o que se pretendía, era o prezo do sangue do seu pai. A relixión, que querían vingar, parecía satisfeita.
Pierre, tan pronto tuvo oportunidade, viaxou a Xenebra para entrevistarse con Voltaire, que dispois de coñecer o caso en todos os seus aspectos, dou comenzo unha campaña de denuncia, que convertiu o Caso Calas, nun escándalo monumental.
AS FILLAS E IRMÁNS.
As fillas fóronlle arrebatadas a nai, pechándoas nun convento. Esa muller, case que regada polo sangue do seu marido, despois de ter ó seu fillo maior morto entre os seus brazos, ao outro desterrado, privada das súas fillas, despoxada de todos os seus bens, estaba soia no mundo, sen pan, sen esperanza e moribunda polo exciso da súa desgracia.
A familia Calas, arruinada, marchou de Tolosa. A casa foi obxeto dun continuo saqueo dende o día do suicidio de Marc Antoine.
O TRÁNSITO DE ANNE-ROS: DA OSCURA SIN RAZÓN, A LUZADA NOBLE E XENTIL SOLIDARIDADE DA RAZÓN.
Algunhas persoas, despois de examinar detidamente todas as circunstancias desta horrible desgracia, quedaron tan impresionadas que presionaron a señora Calas, retirada en soidade, para que se afoutase a pedir xustiza ó pé do trono. Pasaba por un momento de profundo abatemento. Muller de nacenza inglesa, vivindo nunha provincia de Francia dende a xuventude, só nomear París a asustaba. Imaxinaba que a capital do reino, podería ser máis bárbara que a do Languedoc. Finalmente, a carraxe de vingar a memoria do seu marido, prevaléceo ó seu fondo abatemento. Foi a París co propósito de expirar. Quedou abraiada ao topar acollida, axuda e bagoas de consolo. Aloxada na casa dos señores Dufour e Mallet, banqueiros, e logo acollida por D'Argental e Damilaville.
A razón prevalece en París sobre o fanatismo, por grande que este poda ser, mentres que en provincias o fanatismo prevalece case sempre sobre a razón.
"A Desafortunada Familia Calas: A dona Anne-Ros, as duas fillas, a boa criada, o fillo Pierre co Sr. Beaumont. Gravado de Jean-Baptiste Delafosse.
ARTELLANDO A DEFENSA POLA DENUNCIA DA VIUVA DE JEAN CALAS. ANNE-ROS RECLAMA XUSTIZA.
O señor de Beaumont, célebre avogado do parlamento de París, comezou por facerse cargo da súa defensa, e redactou unha consulta que foi asinada por quince avogados (Mémoire á consulter, e Consultation pour la dame Anne-Ros Cabibel, veuve Calas, et pour ses enfants, 23 de agosto de 1762).
O señor Loiseau, non menos elocuente, escribiu un memorial en favor da familia (Memoire pour Donat, Pierre et Louis Calas). O señor Mariette, avogado do consello, escribiu un requirimento xurídico que levaba a convicción a todas as mentes (Mémoire pour dame Anne-Rose Cabíbel, veuve du sieur Jean Calas, L. e L.D., seus fils, et Anne-Rose et Anne Calas, leurs filles, demandeurs en cassation d'un arrét du parlement de Toulouse, do 9 de marzo de 1762).
Estes tres xénerosos defensores das leis e da inocencia, entregaron a viúva o beneficio das edicións dos seus alegados. París e Europa enteira se conmoveron da piedade, e pediron xustiza co infortunio daquela muller. A sentencia foi pronunciada por todo o público, moito antes de que puidese ser asinada polo consello.
A piedade penetrou ate o ministerio, a pesar do torrente continuo de casos, que decote exclúe a piedade, e a pesar da costume de ver a desgraciados que pode apertar aínda máis o corazón. Devolvéuselle as fillas a súa nai. Víronse as tres, cubertas de crespón e bañadas en bagoas, facéndollas verter ós xuíces.

OS ENEMIGOS DOS CALAS E OUTROS.
A familia Calas tiña todavía inimigos, por tratarse dun asunto de relixión. Varias persoas, que en Francia se chaman “devotas”, declararon en voz alta que máis valía aplicar a roda a un vello calvinista inocente, que expor oito conselleiros do Languedoc a admitir o seu erro. Chegando a servirse da expresión: «Hai máis maxistrados que Calas»; o que se interpretaba que a familia Calas debía ser inmolada ao honor da maxistratura. Obviando que o honor dos xuíces, como o do resto dos mortais, non consistía en reparar as súas faltas. En Francia non se cree que o Papa, asistido polos seus Cardeais, sexa infalible, igualmente podería pensarse que oito xuíces de Tolosa, tampouco o son.
Todas as demais persoas sensatas e desinteresadas, dicían que a sentencia de Tolosa, sería anulada en toda Europa, aínda que consideracións particulares, impedirían que fose anulada no Consello.
SENTENCIA PARA REFLEXIONAR SI A RELIXIÓN DEBE SER CARITATIVA OU BÁRBARA.
Ou os xuíces de Tolosa, arrastrados polo fanatismo do populacho, fixeran morrer na roda a un pai de familia inocente, algo do que non hai exemplo, ou ese pai de familia e a sua dona, aforcaran ó seu fillo maior, axudados neste parricidio, por outro fillo, e por un amigo, cousa que non se da na natureza. En calquera de ambos casos, o abuso da relixión máis santa produciu un gran crime. Interesa por tanto, ó xenero humano, examinar si a relixión debe ser caritativa ou bárbara.
ARTIGO NOVAMENTE ENGADIDO NO QUE SE DA CONTA DA ÚLTIMA SENTENCIA DITADA EN FAVOR DA FAMILIA CALAS.
O "Tratado sobre a Tolerancia" remata co capítulo XXIV: Post scriptum, na edición de 1763; o artigo a continuación foi engadido no 1765, na impresión que forma parte do tomo segundo de “Nouveaux Mélanges”.
O TORTO E PREGUIZOSO CAMIÑO PARA A REPARACIÓN SEN XUSTIZA.
Dende a execución da condea a morte de Jean Calas o 7 de marzo de 1762, ate o xuízo definitivo, pasaron todavía dous anos, así de fácil lle resulta ó fanatismo arrincar a vida a inocencia, e así de difícil a razón, obrigarlle a facer xustiza.
Houbo que soportar demoras inevitables, necesariamente inherentes as formalidades. Canto menos se observan esas formalidades na condea de Calas, máis rigorosamente debían selo polo Consello de Estado. Un ano enteiro non chegou para forzar ó parlamento de Tolosa, facer chegar ao Consello todo o procedemento, para o seu exame e información. De novo, foi o señor Crosne o encargado desa penosa tarefa.
Unha asemblea de preto de oitenta xuíces casou a sentencia de Tolosa, e ordenou a revisión completa do Proceso.
Christophe de Beaumont, arcebispo de París, decretou que os sacerdotes negasen os últimos sacramentos ós moribundos que non puidesen presentar un billete de confesión asinado por un sacerdote non xansenista; neste caso, o defunto non recibía sepultura cristián. A axitación popular que provocou esa decisión secundada por distintos bispos de provincias, dou pé a tumultos populares, a os que poría fin un compromiso de Luís XV.
OS "BILLETES DE CONFESIÓN" E A EXPULSIÓN DOS XESUITAS COPAN A ATENCIÓN DO MOMENTO.
Outros asuntos importantes ocupaban entón a case todos os tribunais do reino. Expulsión dos xesuítas, abolindo a súa sociedade en Francia, foran uns intolerantes e persecutores, e sufriron o efecto “búmerang” de ser perseguidos.
A extravagancia dos billetes de confesión, dos que se lles creeo autores segredos, e dos que eran publicamente partidarios, reanimara contra eles o odio da nación.
Unha bancarrota inmensa de un dos seus misioneiros -O crego La Valette xesuíta nas Antillas, adicouse a operacións comerciais que, cando crebou, levou a ruína a varios banqueiros de Marsella. A Compañía de Xesús, negouse a facerse cargo das devidas e preferiu deixar actuar a xustiza. Os procesos concluíron coa supresión da Compañía de Xesús en Francia no 1764, e desterrados tres anos máis tarde-, bancarrota que se creu en parte fraudulenta, rematou de perdelos. Esas meras verbas de misioneiros e quebrados, tan pouco feitas para ser xuntadas, levaron a todas as mentes a sentencia da súa condea.
Rematando coas ruínas de Por-Royall e as osamentas de tantos homes célebres, insultados por eles nas súas sepulturas, e exhumados a principios de século, por orde ditada polos xesuítas, alzándose contra o seu creto agoníante.
Este gran asunto, no que algúns partidarios dos xesuítas dicían que a relixión era ultraxada, e na que a maioría a cría vingada, fixo perder de vista ao público durante varios meses o proceso dos Calas, pero o Rei adxudicará ao tribunal denominado “demandas de palacio" o xuízo definitivo. O mesmo público, que gusta de pasar dunha escea a outra, esqueceu ós xesuítas, e os Calas concentraron de novo toda atención.
Mosteiro francés cisterciense de Por-Royal, foco das ideas xansenistas, onde Pascal escribiu as súas Cartas Provinciais.
FACENDO RECONTO DA "CRUEL" SENTENCIA XUDICIAL QUE CONDEOU A JEAN CALAS A HUMILLACIÓN, TORMENTO, TORTURA INHUMÁN, EXECUCIÓN E INCINERACIÓN PÚBLICA.
A cámara das “demandas de palacio”, é un tribunal soberano formado por relatores, para xulgar os procesos entre os oficias da corte e as causa que o Rei lles envía. Non se podía escoller un tribunal máis informado do caso; eran precisamente os mesmos maxistrados que xulgaran dúas veces os preliminares da revisión, e que estaban perfectamente ao tanto do fondo e da forma.
A viúva de Jean Calas, o seu fillo, e o señor Lavaysse, volveron do cárcere, do fondo do Languedoc se fixo vir a aquela vella criada católica, que non se separara un momento dos seus amos, nin da súa ama durante o tempo no que, contra toda verosimilitude, se supuña que aforcaran ao seu fillo e ó seu irmán.
Finalmente, deliberaron sobre as mesmas pezas que serviran para condenar a Jean Calas á roda, e ó seu fillo Pierre ó desterro.
A "Tarifa de Tortura" rexistraba entón cincuenta apartados, nos que se incluían honorarios por servizos exultantes de sadismo, como: "Por aterrar mostrando os instrumentos de tortura", "por aplicar o primeiro grao de tortura", "por axustarlle e esturruxarlle o polgar neste primeiro grao", "por segundo grao de tortura, incluíndo o traballo de encaixarlle os membros ao sitio, despois co ungüento que se empregara". Tamén unha serie de honorarios para as diversas formas de execución, nas que se incluían decapitar e queimar, estrangular e queimar, queimar viv*, dislocal* viv* na roda, ou colgándo* soamente, "por cortarlle unha man ou varios dedos e decapital*, todo xunto"; "O mesmo, máis por queimal* cun ferro ao roxo". Cando interviña a queima, o verdugo tiña unha gratificación "pola soga, por preparar e acender a pira". A partida máis cara da lista era por "desmembrar e descoartizar con catro cabalos", polo que ó verdugo se lle asinaba 5 reichsthaler, 26 albus, máis outros 5 riechsthaler: "por colgar os catro cuartos en catro esquinas, a soga necesaria, cravos, cadeas e transporte incluídos".
O ELOCUENTE SR. BEAUMONT E O XOVEN LAVAYSSE SOMETIDO A TORMENTO POR NON MENTIR.
Por entón, cando apareceu unha nova memoria do elocuente señor de Beaumont, e outra de Lavaysse, tan inxustamente implicado nese procedemento criminal polos xuíces de Tolosa, que, para colmo de contradición, non o declararan absolto. Lavaysse fixo un alegado, que todo o mundo considerou, digno de figurar ó carón da memoria do señor de Beaumont.
Contaba coa dupla vantaxe, de falar por si mesmo e por unha familia cúas cadeas compartira. Só del dependía crebar as súas, e verse libre das cádeas de Tolosa, si declaraba que estaba ausente no momento no que, supostamente, os Calas, pai e nai, aforcaban ó seu fillo. O ameazaran co suplicio, os tormentos e a morte, e que cunha verba mentirosa lle devolverían a liberdade. Lavaysse escolle someterse ó suplicio, antes de mentir.
Espuxo todo este detalle no seu alegado, cun candor tan nobre, tan sinxelo, tan aloxado de toda ostentación, que conmoveu ós presentes, acadando a admiración de todos, sen pretender a fama.
O seu pai, famoso avogado, non interveu para nada nesa obra, sentiuse superado pola exposición do seu fillo, que nunca seguira estudos de dereito.
Mentres, as persoas da maior consideración ían en tropel ó cárcere da señora Calas, onde as súas fillas estaban encerradas con ela. Alí se entenrecían ate as bágoas. A humanidade, a xenerosidade, lles prodigaban socorros. Sen caer vítimas desa caridade mesquiña e decote insultante.
9 DE MARZO DO 1765: O XÚBILO E LEDICIA POLA XUSTIZA, PASEA POR RÚAS, PRAZAS E ALAMEDAS.
Chegou o día (9 de marzo de 1765) no que a inocencia trunfou completamente. Tras ser informado o señor de Bacquencourt de todo o procedemento, e despois de instruír o caso ate as menores circunstancias, todos os xuíces, con voz unánime, declararon inocente a familia, xulgada inicua e abusivamente polo parlamento de Tolosa.
Rehabilitaron a memoria do Pai. Permitiron a familia recorrer ante quen correspondese, para constituírse en parte contra os xuíces, e para obter os gastos, danos e perxuicios que os maxistrados tolosanos deberían ofrecer por sí mesmos.
A nova da sentencia, foi celebrada con ledicia en toda a cidade de París, manifestándoa en tumultuosa alegría por prazas e paseos. A cidadanía parisina se precipitaba por ver a esta familia tan desditada e tan ben defendida, aplaudían vendo pasar os xuíces, e os colmaban de beizóns. Esta desbordante ledicia dese nove de marzo, se facía máis conmovedora por ser o mesmo día no que Jean Calas fora atormentado e executado na roda tres anos antes.
O réximen reculou. Ninguén podería devolverlle a vida a Jean e a Marc-Antoine; e ninguén podería facer esquecer o sufrimento a familia Calas. Pero ninguén foi procesado. A Sentencia limitouse a rehabilitar a figura de Jean e a compensar económicamente a os Calas.
Luis XV de Francia (en francés: Louis XV). Nado no Palacio de Versalles o 15/02/1710- Morre o 10/05/1774), foi rei de Francia e de Navarra, entre os anos 1715 e 1774. Tamén ostentou os títulos de copríncipe de Andorra e duque de Anjou. Hereda o trono do seu bisabó Luis XIV a edade de cinco anos. Retrato de Maurice de la Tour.
No 1744 os exércitos inglés e austríaco, invadiron Lorena e Alsacia. O Rei Luís XV se puxo a fronte das súas tropas, caendo gravemente enfermo ao chegar a Metz. O pobo pregou con fervor nas igrexas pola súa curación. Cando se recuperou, o pobo bautizouno co nome de “O Ben Amado”.
O MONARCA, "O BEN AMADO", FAISE CARGO DA REPARACIÓN ECONÓMICA DOS CIDADÁNS CALAS.
Os señores relatores fixeron xustiza completa a familia Calas, cumprindo con honestidade o seu deber. Ademais do deber da xustiza, temos que considerar o da beneficencia, a cinderela dos tribunais, como si con ser equitativos é suficiente.
Os relatores decidiron que elevarían un escrito corporativo a Sua Maxestade, para que repare o estado ruinoso da familia Calas. A carta foi escrita. O Monarca respostou coa achega de trinta e seis mil (36.000) libras; desas trinta e seis mil libras, tres mil foron para a serventa virtuosa.
Por esta bondade e por outras, o Rei foi merecedor co sobrenome, que o amor da nación lle outorgou.
Declaración dos Dereitos das Persoas e do Cidadán - 1789. Texto atemporal, único -separado do texto da Constitución- e polo tanto de carácter Universal, Breve, Claro e Comprensible.
Após dous anos da redacción da Declaración, a activista Olympe de Gouges, presenta a "Declaración dos Dereitos da Muller e a Cidadán" (1793), o primeiro texto da historia da humanidade que plantea a desigualdade de xénero e a restauración da muller como ente social xurídico e legal.
A INSPIRADORA TOLERANCIA.
Ogallá este exemplo, serva para inspirar ós homes «a tolerancia», sen a que o fanatismo asolaría a Terra, ou cando menos a cubriría cun manto de tristura para sempre!. Sabemos que neste caso so se trata dunha soia familia, e que a rabia das seitas executou a martirio e morte, a millares; hoxe, baixo este pequeno cuberto de paz que nos permite descansar a todas as sociedades cristiáns, despois de séculos de carnicerías, neste tempo de acougo cando a desgracia dos Calas debe causarnos unha impresión máis fonda, comparable co lóstrego que cae na serea dun fermoso día.
Son estes casos raros, que ocorren, e o efecto da asombrada superstición, a que leva as almas flebes, a imputar crímes a todo o que non pense como elas.
EPÍLOGO
A memoria é algo mais que a historia, é a conciencia, é o exercicio activo colectivo de manter viva a significación da historia dos seres humanos. Por elo, quen desprece a abrirse a unha «Memoria Histórica» fundamentada eticamente, e que debamos ignorar o pasado para non reabrir “vellas feridas”, non está senón tentando de ocultarse, para eludir unha responsabilidade que nin sequera é súa. A intolerancia asisa cada día con renovada crueldade infantil, como o sol da nosa necedad.
De xeito negativo, os antigos tiñan unha condena penal, a “damnatio memoriae”, que prohibía nomear o nome mesmo dos que a ela eran condenados. A negación da Memoria Histórica é en realidade, non unha neglixencia ou un esquecemento, senón unha deliberada execución dunha inxusta sentencia pronunciada polos poderosos. A maior proba de que vai a ser respectada a humanidade presente, é mostrar respecto pola dignidade da vida pasada. Que non se de nada por perdido, é a proba de que non se nos perderá a nós mesmos o futuro, e que no presente sempre contaremos.
Dende a perspectiva do tempo, a inxustiza xa non afecta ós que existiron con anterioridade, pois os mortos xa non a sofren. A inxustiza é unha corrupción sen importar quen a inflixe ou a quen se lle inflixa, sexan xentes do pasado ou do presente. Cando nas únicas pretensións de relevancia que serven de pautas de conduta e validez da moralidade, só conta o que resulta eficaz, volverá a repetirse a inxustiza, tomándose vítimas no presente. É como unha corrupción inesgotable, producirase en todos os futuros que recorra a humanidade.
Que os seres humanos compartamos un mundo de fins, no que ninguén pode ser utilizado como medio, esténdese na proposición da Memoria Histórica ás xeracións pasadas, de xeito que nada pode darse por perdido e utilizado. Todos, en esta república dos fins, somos iguais, incluídos os mortos. Facer valer este dereito de respecto que a humanidade pasada ten, é garante de que nós mesmos, seremos respectados entre a humanidade vindeira, e seremos mostrados ós seus coetáneos como seres dignos, non esquecidos, para que a súa vez nos mostren ós do futuro.
A posición de “non remover feridas” é, ademais de unha inmoralidade inhumana, un risco, pois supón que a humanidade de hoxe podemos ser tratados como medios desprezables, igual que se tratou ós de onte.
Fundamentación Ética da Memoria Histórica por Miguel Ángel Domenech Delgado. Publicado no: "El Viejo Topo".
Fonte:
“Tratado Sobre a Tolerancia” de Voltaire. Edición do Diario Público. Edición, traducción e notas de Mauro Armiño. 2010.
-"Historia da Bruxería II, de Frank Donovan, 1971, Alianza Editorial, S.A. Publicado na Biblioteca do periódico "El Sol" no 1992, que advirte: Libro entregado xunto co exemplar do diario "O Sol".
https://viajesjuridicos.com/2020/05/12/el-proceso-calas-voltaire-y-el-tratado-sobre-la-tolerancia/
https://www.elnacional.cat/es/cultura/jan-calas-el-tendero-protestante-a-quien-sus-clientes-enviaron-a-la-hoguera_593288_102.html
Wikipedia

OS MÁIS LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

NÓS, OS IRRELEVANTES

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

GACETA MUNICIPAL - 16 XULLO 1931

GACETA MUNICIPAL - 24 XULLO 1931

ULTREIA: TERCEIRA XEIRA (3/3)

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN