NÓS DECIMOS "NÒN"
Discurso de inauguración das xornadas de “Chile Crea”, en Santiago de Chile, a mediados de 1988.
Viñemos aquí dende diversos países,
xuntándonos ó carón da xenerosa sombra de Pablo Neruda, acompañando ó pobo
de Chile, que di "nòn".
Tamén nós decimos "nòn".
Decimos "nòn", a louvanza do diñeiro e da
morte. Decimos "nòn", a un sistema que pon prezo as cousas e a xente,
onde o que máis ten é o que máis vale, e decimos "nòn", a un mundo
que destina ás armas de guerra, dous millóns de dólares cada minuto,
mentres cada minuto, mata trinta nen*s por fame ou enfermidade
curable. A bomba de neutróns, que safa ás cousas e aniquila á
xente, é un perfecto simbolo do noso tempo. Para o asasino sistema,
que convirte en obxectivos militares as "estrelas da noite", o ser
humano se configura como un factor de produción e de
consumo e un "obxecto de uso"; o tempo, nun "recurso económico"; e o planeta enteiro, nunha "fonte de renta" que debe render ate a derradeira
gota do seu xugo. Multiplícase a pobreza, para multiplicar a riqueza,
riqueza de pouquiños, e que manteñen a raia, a pobreza de todos os
demais, e mentres tanto, tamén se multiplíca a "soidade"; nós decimos
"nòn", a un sistema que non da de comer nin da de amar, que a moitos
condena a "fame de comida", e a moitos máis condena a "fame de apertas".
Decimos "nòn", a mentira. A cultura
dominante, que os grandes medios de comunicación irradian a escala
universal, convídándonos a trabucar o mundo con un supermercado ou unha
pista de carreiras, onde o próximo pode ser unha mercadoría ou un
competidor, pero xamais un "irmán". Esa mentira cultural, que
cursimente especula co amor humano para arrincarlle plusvalía, é en
realidade unha cultura do desvinculo: ten por deuses a os gañadores,
ós exitosos donos do diñeiro e do poder, e por heroes os
«uniformados rambos», que lles gardan as "costas", aplicando a «Doutrina da
Seguridade Nacional».
Polo que di e polo que cala, a cultura dominante
minte propagando de que a pobreza dos pobres, non é o resultado da riqueza dos
ricos, senón que é filla de «ninguén», provén da "orella dunha cabra"
ou da "vontade de Deus", que fixo ós pobres preguiceiros e lerdos. Do
mesmo xeito, a «humillación duns por outros», non ten por qué motivar a
solidaria indignación ou o escándalo, pois pertence ó orde natural
das cousas: as ditadura latinoamericanas, poñamos por acaso, forman
parte da nosa exuberante natureza e non do «sistema imperialista do
poder».
![]() |
Eduardo Hughes Galeano: Montevideo (Uruguai) 1940 - 2015. |
O desprezo, traiciona a historia, e
mutila ao mundo. Os poderosos fabricantes de opinión, nos tratan coma
si non existíramos, ou como si fóramos sombríos estúpidos. A
herencia colonial, obriga ao chamado «Terceiro Mundo», habitado por
xentes de "terceira categoría", a que acepten como propia, a memoria dos
seus vencedores e a que merquen a "mentira allea", para usala como si
fora a "propia verdade". Premian a nosa obediencia, castigan a
intelixencia e desalentan a enerxía creadora. Somos "opinados",
pero non podemos ser "opinadores". Temos «dereito ó eco», non a "voz", e
os que mandan eloxian o noso «talento de papagaios». Nós decimos "nòn":
negámonos a aceptar esta «mediocridade» como destino.
Nós decimos "nòn" ao medo. Non ó medo de
dicir, ó medo de facer, ó medo de ser. O colonialismo visible
prohibe dicir, prohibe facer, prohibe ser. O «colonialismo invisible»,
máis eficaz, nos convénce de que non se pode dicir, non se pode
facer, non se pode ser. O medo disfrázase de realismo: para que a
realidade non séa irreal, nos din os ideólogos da impotencia, a
moral ten que ser inmoral. Ante a indignidade, ante a miseria, ante
a mentira, non temos máis remedio que a resignación. Sinalados pola
fatalidade, nacemos preguiceiros, irresponsables, violentos, lerdos,
pintorescos e condenados a tutela militar. Ao sumo, podemos aspirar
a converternos en «prisioneiros de boa conduta», capaces de pagar
puntualmente os intereses dunha descomunal débeda externa contraída
para financiar o "luxo que nos humilla" e o "garrote que nos golpea".
E neste cadro de cousas, nós decimos
"nòn", a neutralidade da palabra humana. Decimos "nòn", a quenes nos convidan
a lavarnos as mans ante as cotidiáns crucifixións que ocorren ó
noso arredor. Á aborrecida fascinación dun arte frío, indiferente,
contemplador do espello, preferimos un arte quente, que celebra a
aventura humana no mundo e en ela participa, un arte
irremediablemente namorado e peleón. Sería bela a beleza, se non
fora xusta?. Sería xusta a xustiza, se non fora bela?. Nós decimos "nòn"
ó divorcio da beleza e a xustiza, porque decimos "sí" a súa aperta
poderosa e fecunda.
Ocorre que nós decimos "nòn", e dicindo "nòn" estamos dicindo "sí".
Dicindo "nòn" as ditaduras, e "nòn" as
«ditaduras disfrazadas de democracias», nós estamos dicindo "sí" á loita
pola «democracia verdadeira», que a ninguén negará o pan nin o verbo,
e que será fermosa e perigosa, como un poema de Neruda ou unha
canción de Violeta.
Dicindo "nòn" ao devastador imperio da
codiza, que ten o seu centro no norte de América, nós estamos
dicindo "sí" a outra América posible, que nacerá da máis antiga das
tradicións americanas, a tradición comunitaria: a tradición
comunitaria que os indios de Chile defenden, desesperadamente, de
derrota en derrota, dende fai cinco séculos.
Dicindo "nòn" á paz sen dignidad,
estamos dicindo "sí", ó sacro dereito de rebelión contra a inxustiza e
a súa longa historia, longa como a historia da resistencia popular,
no alongado mapa de Chile.
Dicindo "nòn" a liberdade do diñeiro,
nos estamos dicindo "sí" a liberdade das persoas: liberdade maltratada
e magoada, mil veces caída como Chile, e como Chile, mil veces
erguida.
Dicindo "nòn" ao «egoísmo suicida dos
poderosos», que converteron o mundo nun "vasto cuartel", nós estamos
dicindo "sí" a solidariedade humana que nos da sentido universal e
confirma, a forza de fraternidades máis poderosas que todas as
fronteiras con todos os seus gardiáns: esa forza que nos invade,
como a música de Chile, e como o viño de Chile nos aperta.
E dicindo "nòn" o «triste encanto do
desencanto», nós estamos dicindo "sí" a esperanza, "a esperanza famenta
e louca, e amante e amada", como Chile: a teimuda esperanza, como os
fillos de Chile crebando a noite.
(1988)
Fonte:


