Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2020

ÁRBORE UNIVERSAL DE WOESE

Imaxe
Árbore Universal da Vida , desenrrolado por Carl Woese e outros, baseándose na secuencia de nucleótidos do ARNr (secuencia de nucleótidos ribosómicos). A zona sombreada representa os microorganismos termófilos. Ilustración de Tamara Clark. A RIQUEZA XENÉTICA DA MICROSCÓPICA VIDA DA QUE VIMOS OS PLURICELULARES Toda a diversidade visible na vida o noso arredor: plantas, animais multicelulares, está representada por un par de pequenas bifurcacións dunha rama. Os procariotas (Archaea + Bacteria) representan 2/3 da diversidade xenética da Terra. No dominio das «Archaeas» hai máis diversidade e distancia evolutiva, en varios ordes de magnitude, das que atopamos entre as plantas, animais e fungos xuntos. 1990- Aceleración da investigación de Carl Woese, en base a secuencia do ARNr (secuencia de nucleótidos rudimentario ou ribosómico) de máis organismos. 1996- Secuénciase o xenoma completo (non só fragmentos de ARNr) dun metanóxeno (Methanococeus Jamaschii), publicáronse os resultado...

O DECRECENTE FUTURO ESTÁ AQUÍ

Imaxe
O capitalismo comercial dos séculos XVII e XVIII na europa occidental, era o dos mercaderes que acumulaban capital co comercio. Xa na primeira revolución industrial de finais do XVIII, este capital mercantil acumulado se inviste en canais, máquinas e fábricas, posibilitando maior acumulación de capital. Cando o principio comercial de "só mercar para vender obtendo unha ganancia", se convirte en principio xeral da sociedade, se estaba a producir a mutación do comerciante burgués en "capitalista". Un neno chora de fame na sabana de África oriental. Os peitos da súa nai están enxoitos porque ela está famenta tamén. O gando morreu por falta de auga. Non hai alimentos no pobo. As chuvias non caeron porque os mares estanse requecendo e os ventos son frouxos. As bagoas do neno son por causa do cambio climático. A moita distancia, un pai bengalí chora a perda dos seus fillos, esmagados embaixo dun monto de cemento polo derrubamento dunha fábrica en Dhaka, planta explot...

AMOR: UNIVERSO EMOCIONAL

Imaxe
Galaxia do Amor. FUNDAMENTACIÓN CIENTÍFICA DAS EMOCIÓNS NO UNIVERSO A «astronomía» é a ciencia que estuda os corpos do universo (planetas, satélites, cometas, estrelas, materia interestelar, materia escura, galaxias, etc ). Dado o seu amplo campo de estudio, esta dividiuse en catro ramas: Astronomía de Posición, Mecánica Celeste, Astrofísica e Cosmoloxía. A Astronomía de Posición sitúa na esfera celeste a posición dos astros. Describe o seu movemento e fenómenos como os eclipses. Se aplica ó «Universo das Emocións» para determinar a posición das diferentes emocións no espazo. A Mecánica Celeste ten por cometido interpretar os movementos da Astronomía de Posición . Estuda o movemento da lúa, os planetas en torno ó sol, dos seus satélites e o cálculo das órbitas de cometas e asteroides. A súa aplicación ó «Universo das Emocións» consiste no análise da progresión dunha emoción a outra. A Astrofísica estuda os astros cono corpos cunhas calidades físicas propias, analizando a súa co...

MBB: MÁXIMO BRUTO BARREIRO: «O AGRÍCOLA»

Imaxe
Retrato de Máximo Bruto Barreiro «O Agrícola» - Noé Hoxe imos lembrar a esgrevia figura de Máximo Bruto Barreiro, galego-román sobrevivinte da batalla do Monte Medulio, quen foi primeiro cautivo dos románs e logo centurión célebre, pola sua combatividade e astúcia na batalla. Achegámonos a Máximo Bruto da mán de "Cuevillas". Este insigne historiador trás investigar os restos dos romanos achados en Sta. Baia de Coiros (Campolongo de Areatorta), atopou nunha "ola funerária", unhas taboiñas de barro cocido, onde se recollían os mais vibrantes momentos da vida de Máximo Bruto Barreiro, así coma o certificado de cidadanía expedido polo emperador Augusto no ano 33, outorgándolle unha parcela con casa e facenda no lugar da Insuiña (Sta. Baia de Coiros), onde debeu pasar os últimos anos da sua vida. Taboiñas atopadas por Cuevillas Os escritos apenas fan mención a vida anterior a súa captura do noso persoaxe, pero supoñemos que pasaría a vida, como tódo-los galegos da é...

ARAWAK

Imaxe
Honores a Raiña Anacaona, pobo Taino A verba “Arawak (caníbal)” provén dos indios Caribes, que tamén lle deron nome ó mar do Caribe. Cando Cristóbal Colón arribou as illas caribeñas no 1492, descubriu que algunhas tribos tiñan por costume comerse ós inimigos que capturaban. Según as crónicas dos conquistadores, os feroces caribes atacaban os asentamentos dos pacíficos indios Tainos, secuestraban as mulleres, comíanse os homes e castraban os nenos para engordalos con vistas a ágapes posteriores; de feito, a verba “barbacoa” de uso común, era orixinalmente a lumarada onde os Caribes cociñaban ós Tainos capturados. A visión de numerosos cranios e osos humanos nas cabanas caribes, horrorizou ós expedicionarios e serviu para xustificar a conversión forzosa dos nativos ao cristianismo, unha relixión (a cristiana) onde, curiosamente, faise gala dun canibalismo simbólico durante a misa. A pesar dos caníbales, foron os conquistadores quenes querían cristianizar a estos nativos, os que ex...

A PRIMEIRA MULLER: A BEN DOTADA

Imaxe
Despois de que Zeus conquerira o Olimpo derrotando ós Titáns, encargou a Prometeo e Epimeteo que repoboasen a terra, que quedara destrozada. Prometeo creou unha nova e espléndida raza de homes, pero envexaba a forza e astucia que Epimeteo outorgara ós animais, e decidiu darlles un poder exclusivo, para o cal roubou o lume do ceo. Zeus, enfurruñouse polo roubo, e castigou terriblemente a Prometo, e ordenou ós deuses que pensaran un castigo para os homes mortais. Entre todos tramaron unha vinganza sutil pero eterna. Modelaron en barro a figura dunha fermosa muller, a que lle deron todas as calidades dunha deusa, e puxéronlle de nome "Pandora", que significa “A Ben Dotada” , pois todos os deuses outorgáronlle os seus dons. Como regalo de despedida entregáronlle unha furna de ouro selada, de exquisito deseño, advertíndolle que nunca debería abrila para mirar o contido. Pandora foi a primeira muller que apareceu entre os homes, os cales sentiron novas e estrañas emocións ó con...

STRANGE FRUIT: ECHE O QUE HAI!

Imaxe
Billie Holliday é a vivinte encarnación dunha idea pronunciada por Fats Waller, que no jazz, non ten tanta importancia o “que”, senón o “como”. Por dar un so exemplo, en 1935 Billie gravou, en colaboración con Teddy Wilson, un song tan trivial e barato, como o é “What a Little Moonlight Can Do”, e o resultado foi unha obra de arte de pleno valor. Cantou blues ocasionalmente. Pero o seu xeito de frasear e a súa concepción doulle atmosfera de blues a casi todo o que cantou. En 1938 fixo a presentación ca gran orquestra de Artie Shaw, unha orquestra branca. Durante meses tivo que usar a entrada do persoal de servizo nos locales onde actuaba, mentres os seus compañeiros de combo entraban pola porta principal. Tiña que durmir en pensións de mala morte, mentres o resto do equipo aloxábanse en hoteis palacianos coa entrada vetada para as negras. Moitas veces non podía comer cos compañeiros de orquestra. Logo formou parte da orquestra de Count Basie, esta vez os integrantes eran todos ...

CARTAS D'ALÁ

Imaxe
Pepe Miñóns, o primeiro pola direita, con maletín e gafas, na factoría baleeira de Caneliñas (Cee). DE FISTERRA A BARCELONA, POLA VOLTA DE RIO XANEIRO Copia fidel dunha carta recibida en Rìo de Xaneiro e datada en Fisterra o 19 de Xaneiro do 1937, que pudo sair de Galiza agachada no seo dunha muller. Trátase de persoas honradas e dinas de fé, cuios nomes non se din por ter alá familia que pudera ser ouxeto de represalia. Querido irmán: Como fai tanto tempo que non sei nada de ti, teño medo que che pasara algún mal, n’estes tempos en que todo esta revolto. Saberás que, desde o mes de xullo do ano anterior, que houbo un levantamento de tropas na Coruña contra o Goberno, en toda Galiza reina o mais espantoso medo, porque se fusila e persigue a todos cantos tiñan ideas ou compromisos esquerdistas. E polo que toca a este Partido de Corcubión, asusta o que pasa meu irmán, pois a todos os amigos de don Pepe Miñóns, persoa tan boa e amante dos probes, que non fixeron nada malo, zoupan n...