SANTA MARÍA A NOVA: INSCRIPCIÓNS PÓRTICO ENTRADA
Entre os xarróns do pórtico de entrada, con forma de óbalo (piñón) ten o gravado dunha espadaña. A fachada sufriu modificacións e reaxustes, como o asentamento dunha espadaña no piñón. Os máis decisivos cambios que se producen, datan do século XIX, cando se lle engadiu o pórtico, de gusto neoclásico, con xarróns por remate. Sobre o arco do pórtico esquerdo leese: “1817. OID ESTOS SEPULCROS: UN DIOS JUZGA Y EN ETERNAS MORADAS PREMIA O PENA. AY DEL QUE IMPÍO LA MEDIDA LLENA" No piar dereito: “SE EDIFICO POR EL AYUNTAMIENTO DEL AÑO COLÉRICO DE 1865" Este pórtico substituíu, según Oviedo Arce, ó “fermoso nártex, que estivo a vista, ate mediados do XIX”. Este "nártex" e o rosetón que conserva, son de unha reforma feita no século XV. Quedámonos coas ganas, de coñecer a descrición de este “fermoso nártex” por parte de Oviedo Arce, algún día e sen buscalo, daremos con ela. Recreación do tímpano de Sta. María a Nova nunha porta con nártex, e como podería ser orixin...