INFORME E DATOS DO «XENOCIDIO» NA COMARCA DE PLANAS, «LILA» A PRINCESA "CUIBA" DO CAPANAPARO E A «GUAHIBIÁ» DA "COMUNIDADE NUKAK"
INFORME E DATOS DO XENOCIDIO NA COMARCA DE PLANAS, NO ANO DE MIL NOVECENTOS E SESENTA E NOVE, CONFIRMADOS POLO VEEDOR DON PIOQUINTO GACHALÁ ENCARGADO DOS ASUNTOS INDÍXENAS DO DEPARTAMENTO DO META E NA XURISDICCIÓN DE VILLAVICENCIO.-
Ao Alto Senado da República e ás Vosas Señorías, honorabeis gardas da Lei, na humildade dos meus coñecementos e na honra e mercedes que me fan, como comisario e veedor nestas terras do Meta e Casenare, e por razón do grande infortunio acaecido ás xentes que tutelaba o vello cacique Capanaparo dos "cuibas", meu amigo, e por que haxa a suficiente luz nestes sucesos e se cumpran a lei e a xustiza que en todo caso Vosas Señorías sempre outorgan, paso a esmiuzar os pormenores de todo aquilo que me foi dito e que os meus ollos viron, e as consecuencias que se poden tirar do acontecido...
O LENE BRUIDO DO VULTO.
De lonxe viamos o vulto enriba do samán senlleiro da planicie e non distinguiamos se era un grande abutre, dos que revoaban na outra banda do río nun voo circular e incesante, ou se sería, por acaso, un niño de garza real, ou a casoupa das avespas negras feita de lama pendurada á que non é doado achegarse por mor da picadura endiañada. O certo é que, de preto, o vulto permanecía inmóbil e a un tris estivemos de írmonos de largo se non fora un lene bruído, como de suspirar, que nos fixo apousentar a ollada na criatura, baixar das bestas e acudir para ver que lle ocorrera naquela chaira solitaria.
A árbore era un punto rodeado de infinito. Iamos de Pachaquiaro a Villavo en longa camiñada baixo un sol calíxeno, aínda que era de mañá cedo, pero xa as esporas de Nereo nos cegaban de cando en vez cos reflexos faiscantes da luz.
O rapaz tremía acochado nas pólas e tentaba aínda irse para o alto ao decatarse da nosa presencia. Víanse desde embaixo os ollos grandes, abertos de temor, e o chorimiqueo chegaba xa canso como de pequeno animal acurralado que non se pode defender. Nereo, coñecedor de indios, quixo aplacalo tirando do carriel un bocado de pan de mandioca, que ofreceu teimoso; mentres o rapaz, arrepiado, trataba de fuxir máis para o alto e choraba agora abertamente e carpía palabras entrecortadas polo pranto.
Ver que estaba asustado non é de relatar; o que se vía era o pánico no seu rostro, un temor que se arrepoñía a si mesmo e que nun sotaque fixoo caer estrepitosamente por entre as pólas do samán namentres acudiamos polo amparar co resultado de que caeu no chan amortecido pola herba de kikuio mesta e reseca.
Os brazos de Nereo acariñárono contra si e aos poucos foi vindo á vida, non sei se do temor ou do desmaio. Era pequecho, esgumiado, cor de cobre na pel luxada polo barro e polas bágoas. No desamparo en que se achaba entendiamos que algo sinistro o atemorizaba, xa que agachaba o rostro nas mans miúdas, procurando tapar a boca nun xesto enlouquecido que nos fixo desistir de lle dar auga e alimento.
NUNHA OLLADA Á LONXANÍA PARA FACERSE DONO DO INFINITO.
Contra o peito de Nereo, xa na cabalgadura, andamos o resto da viaxe, horas longas de mato baixo, ata chegar a Casagrande con posto de cuartel e enfermaría.
Dous días tardou o rapaz en reporse do medo e da agonía que o seu espírito aturdido e o seu corpo esfameado sufriran na fuxida. Logo, xa nunha confianza aínda contida, foi sacando do seu temor as palabras, a historia que agora tamén a nós nos arrepía:
Pouco a pouco, foi chegando o facendeiro branco. A planicie, vista xa desde os cómaros de Cáqueza -altos e firmes, penetrando as nubes e lisos de verdor- era unha longa terra tentadora. Sen dono, sen camiños, o home, amigo de pór estremas e marcos divisorios, de demarcar territorios e ambicionar fortuna, albiscou esa terra enfebrecida e mediu nunha ollada a lonxanía para facerse dono do infinito. Baixou desde as alturas da serra e da sabana, dono xa de encomendas, o carromato renqueante do seu degaro e foi pondo aramado de espiño no país dos cuibas, iníridas e panches. Na terra aberta que o indio recobrara como patria nutricia alonxada da morte e do desprezo.
O indio vive do río, da trampa de cazar, da calor e da chuvia que a natureza pródiga fornece nesta inmensa gándara onde habitan o tapir e o armadillo, o borugo e a danta, o urso palmeiro e a infinidade das aves, as iguanas de ovos ao paladar, o caimán e a guagua de carne branca que é un manxar no rescaldo do lume ou na borralla. Terras inhóspitas, mais terras de fartura. para quen coma o indio, vive no natural, espido e duro, co ollo á espreita e o corazón sen límites.

"Lila" a princesa "cuiba" de Capanaparo.
Nos lindeiros do Hato "A Rubiera", asentábase unha comunidade da casta nómada "cuiva". nela vivía unha fermosa princesa india de nome Lila. A súa beleza natural era coma un regalo dos seus deuses tribais. De ollos claros e cabelo azabache, era a xoven máis fermosa do Capanaparo. Filla do capitán Antonio, índio "guahibo" defensor dos dereitos do seu pobo. A súa valentía o leva a enfrentarse co encargado do hato chamado Marcelino Ximénez. Este, xunto a un grupo de seis peóns fixeron unha visita ó campamento. Todos observaron con ollar luxurioso á fermosa xoven índia. Ao momento, o encargado queda prendado da fermosura de aquela doncela, tentando por todos os medios de obtela, chegando ó punto de ofrecerlle ó capitán Antonio (pai de Lila), unha gran cantidade de diñeiro, que o vello xefe índio rexeitou con dignidade e valentía.
Marcelino Ximénez ante a negativa entrou en furia desmedida. Non podía aceptar, que a xoven prefira a un humilde "Xiwi" de bon corazón, que a ele. O odio foi alimentando a súa alma cada día, decidindo que si a "fermosa cuiva" non iba a ser súa, tampouco o sería de ninguén. A decisión estaba tomada. O sinistro encargado, home corpulento e rudo, comisiona a tres dos seus vaqueiros para que se dirixan ó campamento indíxena, coa oscura misión de convidar ó pai, ao prometido e a outros indios ao "hato", para obsequialos de alimentos e suministros. Pero todo era un engano. O 27 de decembro de 1967, antes do crepúsculo chega o grupo de indíxenas ao "hato" . O encargado ordena ás cociñeiras: "María Elena, Gregoria, sirvanlle comida ós índios que deben vir esfameados estos cans infelices". As mulleres, ignorantes e temerosas, serven a comida na mesa de madeira de cedro, longa e grande. O encargado e outro caporal, fan pasar ós índios e pechan a porta. Marcelino vociferou con voz áspera: Matádeos a todos!, e oito verdugos saíron de tras dele, dende a despensa, cos revólveres e os machetes de fío aceirado en alto, transformando o ar cos laios da morte, que apuraban cos seus aguillóns e látigos. A mirada do capitán Antonio, esbaíase nunha nube de pólvora raibosa, e a súa dereita Santos Luzando caía coa fronte tronchada por un machetazo, e os demáis índios entre torbelinos de sangue: "Por qué fan esto?", "Alguén pode decirme por qué?", "Por qué?", preguntaba o moribundo capitán.
Non houbo respostas, só sangue e morte cun saldo de 17 índios "cuivas" asasinados vilmente con chumbo e aceirosos machetes. As cociñeiras serviron a cea ós míseros homicidas entre os cadáveres dos índios, como si nada houbera pasado, os infames asesinos brindaban con brandy e ron polo dantesco suceso. A mañán seguinte, esconderon os cadáveres atando os corpos por parexas ás colas de cinco monturas e se foron a un claro da sabana (Calseta) onde fixeron unha lumieira. Os corpos inertes arderon máis de un día. Os restos dos cadáveres foron revoltos con osos de vacas e bestas mortas, para evitar a identificación dos esqueletos humanos. Dezaoito días após, os xenocidas foron detidos polas autoridades colombianas, cando tentaban cruzar a fronteira para evadir a xusticia.
Marcelino Ximénez ante a negativa entrou en furia desmedida. Non podía aceptar, que a xoven prefira a un humilde "Xiwi" de bon corazón, que a ele. O odio foi alimentando a súa alma cada día, decidindo que si a "fermosa cuiva" non iba a ser súa, tampouco o sería de ninguén. A decisión estaba tomada. O sinistro encargado, home corpulento e rudo, comisiona a tres dos seus vaqueiros para que se dirixan ó campamento indíxena, coa oscura misión de convidar ó pai, ao prometido e a outros indios ao "hato", para obsequialos de alimentos e suministros. Pero todo era un engano. O 27 de decembro de 1967, antes do crepúsculo chega o grupo de indíxenas ao "hato" . O encargado ordena ás cociñeiras: "María Elena, Gregoria, sirvanlle comida ós índios que deben vir esfameados estos cans infelices". As mulleres, ignorantes e temerosas, serven a comida na mesa de madeira de cedro, longa e grande. O encargado e outro caporal, fan pasar ós índios e pechan a porta. Marcelino vociferou con voz áspera: Matádeos a todos!, e oito verdugos saíron de tras dele, dende a despensa, cos revólveres e os machetes de fío aceirado en alto, transformando o ar cos laios da morte, que apuraban cos seus aguillóns e látigos. A mirada do capitán Antonio, esbaíase nunha nube de pólvora raibosa, e a súa dereita Santos Luzando caía coa fronte tronchada por un machetazo, e os demáis índios entre torbelinos de sangue: "Por qué fan esto?", "Alguén pode decirme por qué?", "Por qué?", preguntaba o moribundo capitán.
Non houbo respostas, só sangue e morte cun saldo de 17 índios "cuivas" asasinados vilmente con chumbo e aceirosos machetes. As cociñeiras serviron a cea ós míseros homicidas entre os cadáveres dos índios, como si nada houbera pasado, os infames asesinos brindaban con brandy e ron polo dantesco suceso. A mañán seguinte, esconderon os cadáveres atando os corpos por parexas ás colas de cinco monturas e se foron a un claro da sabana (Calseta) onde fixeron unha lumieira. Os corpos inertes arderon máis de un día. Os restos dos cadáveres foron revoltos con osos de vacas e bestas mortas, para evitar a identificación dos esqueletos humanos. Dezaoito días após, os xenocidas foron detidos polas autoridades colombianas, cando tentaban cruzar a fronteira para evadir a xusticia.
O RÍO É REPRESADO, A DANTA EN EXTINCIÓN, NA TERRA ONDE NACÍA A MANDIOCA É CADA VEZ MÁIS EXIGUA E MÁIS CERCADA.
Chega o depredador. Fire a mansalva no caimán. na babilla, en canto ten pelexo para vender, en canto se move na espesura. soamente pola gloria de probar valentia, pola paixón da caza e contar a fazaña das pezas que abandona a apodrecer na trocha ou no pantano. Vai limpando de feras e alimento o extenso anovado que agora delimita o seu poder de dono.
O lume e o machado van limpando o cerquido, escorrentando a vida montaraz e abrollando o pasto novo, a sebe de chiminango, a vaca cruzada de cebú por resistir fogaxe. O indio vaise pondo nos limites da ausencia. Cambia de río e de cabana. Ergue agora o seu bohío, a súa maloca comunal, máis alá do confin onde non chega o crepitar do rifle ou a ira encorada que el recoñece nun sentir atávico.
Acrecéntase o gando. A facenda medra á beira do rio podre de limo e augas quedas e vaise expandindo en arrozal florido. Ven máis patrón e veñen xornaleiros. Grandes queimas de roza para plantar algodoal. palmeiras africanas e os seus acios de aceite. Longas extensións que o indio ve medrar con espanto, mentres decae a caza. O rio é represado, a danta en extinción e a terra onde nacia a mandioca é cada vez máis exigua e máis cercada.
CANDO "A FERA NON SELVÁTICA" IRROMPE NESE MUNDO IDEAL QUE SE SUSTENTA NA LEI SINXELA DO UNIVERSO.
O curaca dos cuibas. Capanaparo, coñecido como o Cacique Vello, era home pausado, de autoridade e boas formas, respetado da súa xente e ainda doutros xefes e pobos e que viñan en ocasións a pedir consello, dirimir enfrentamentos e concertar tratados. Viñera da banda do Guaviare, nos primeiros do século, fuxindo el e súa xente dos siringueiros venezolanos que escravizaban e marcaban a ferro a canto inidio preguiceiro —segundo o seu entender— se movía nas terras anchas que van do Ari-Ari ata o Arauca, e abaixo, na cunca dos mil ríos, que son a nervadura vital do mundo descoñecido onde non chegan os curtos pasos da xustiza —se a houber— e soamente falan os machetes dos capataces a romper a harmonía que o home primitivo ten de seu, que lle serve de desamparo na hora terríbel da agresión, cando a fera non selvática irrompe nese mundo ideal que se sustenta na lei sinxela do universo.
A FAME É MÁIS FERINTE QUE O ARAME DE ESPIÑO.
Viñera Capanaparo coa súa xente e asentara nas ribeiras do Meta, terra e auga de abondosa fartura, de peixe bacurí, inzada de borugo e formiga cuona que alimento de regalar boca e de nunca acabar.
Agora, na derradeira riada de colonos. ou máis ben facendeiros de rica envergadura, ex ministros, letrados, gobernantes perpetuos, brigadieres, que baixan á planicie por descansar das duras regalías de curul e prebenda, que baixan con arame de espiño e armas de dous canos para limpar a selva, poñen a xente de Capanaparo cada vez máis afastada, máis sen bocado que mastigar; e as criaturas a chorar de fame, a caza sen surxir e o rio estancado onde se dora o arrozal florido. que coidan dia e noite gañáns a soldo fixo. Tempos de recuar sen ter onde.
Un dia, os mozos arriscados atrapan a becerra, acurrálana no clarón do mato, fírena de macana de bambú na gorxa, reparten os cadrís e as asaduras e foxen coma o vento no silencio da tarde. Unha becerra na incontabel vacada é peza que non se bota de menos, non fai grande baleiro no rabaño marcado. Tamén puido ser animal montesío que a devorou na noite. A xente de Capanaparo come sen que o curaca o saiba, por temor e respeto. Un día e outro día foron caendo pezas dunha facenda ou doutra.
A fame é máis ferinte que o arame de espiño.
PONDO OS LÍNDES E FRONTEIRAS COMO QUEN TRAZA UN MARQUESADO NA LIÑA DE COMBATE, QUE SE FACÍA ANTIGAMENTE.
Don Baltasar Gaviria. maxistrado. sindico e controlador das rendas, patricio da república, presidente do consello do grande enxeño azucarero. prócer de limpa liñaxe que dera héroes na contenda libertadora "en las Queseras de Enmedio" e derradeiramente na Guerra dos Mil dias era fillo de quen erguera a bandeira no porto de Leticia. Don Baltasar Gaviria "baixara a Ios Llanos" no seu afán de ser pionero en algo, na vaidade de falar no corredor do Senado ou na tertulia do Hotel Rexina das novas terras arar que darian á Patria unha dimensión que ata o de agora andaba desaproveitada, perdida na desidia do indio e do mestizo, esa xente cativa que o conquistador —o seu devanceiro— non debeu deixar nunca medrar, como non se deixa medrar a cizaña nos camallóns do trigo.
El abrira a súa facenda co rigor dos encomendeiros no albor da Descuberta, pondo os lindes e as fronteiras como quen traza un marquesado na liña de combate, que se facia antigamente. Ao seu par outros viñeron e trazaron tamén fronteiras, trocaron os regueiros por facer regadío, trouxeran fermosas eguas e cabalos, tractores e bulldózeres para
arregañar a terra e semear o xerxolin, a soxa e, sobre todo, os pastizais de alforfa e trevo onde a vacada engorda e a cria se amamanta folgada e rebuldeira. Mais, sempre a reverencia a Don Baltasar, sempre o regalo e a sumisión hipócrita. Un mundo a renacer.

Comunidade «Nukak» nunha reserva indíxena preto de San Xosé da Guaviare (2009). Foto de Jan Sochor.
Cando interrogaron ós asasinos detidos polo motivo do seu horrendo crimen, estos afirmaron: “Non sabiamos que era malo «guahibiá»". Termo xerado no principio da colonización, e xeneralizado na miscelanea das comunidades indíxenas amazónicas de Colombia e Venezuela, co que se describe non só o "despoxo" da súa terra ancestral ós indíxenas, tamén a educación ós fillos dos colonos de: «"odiar" ós aboríxenes e ollalos como "malvados"», polo que a «guahibiá» foi establecida polo "colono", como práctica común e hipócritamente consentida polos estados, tamén beneficiarios das migallas da «guahibiá» dos "colonos".
No 1988 eran uns mil Nukak. Hoxe se reparten entre a "reserva indíxena" (346), o seu territorio ancestral (500), e os menos en asentamentos precarios ó "albor" de grupos armados exterminadores financiados por Estados Unidos, para amedrentar a resistentes indíxenas ou non, ocupando terras para o seu «cultivo corporativo», ó máis puro estilo colonial do último tercio do s. XIX, cando o capitalismo se "enrroca" nunha «guerra permanente» e na búsqueda de «terras prometidas», con total desprecio polos "Dereitos Humanos" e a "Vida": «Todo pola Pasta!».
Cando interrogaron ós asasinos detidos polo motivo do seu horrendo crimen, estos afirmaron: “Non sabiamos que era malo «guahibiá»". Termo xerado no principio da colonización, e xeneralizado na miscelanea das comunidades indíxenas amazónicas de Colombia e Venezuela, co que se describe non só o "despoxo" da súa terra ancestral ós indíxenas, tamén a educación ós fillos dos colonos de: «"odiar" ós aboríxenes e ollalos como "malvados"», polo que a «guahibiá» foi establecida polo "colono", como práctica común e hipócritamente consentida polos estados, tamén beneficiarios das migallas da «guahibiá» dos "colonos".
No 1988 eran uns mil Nukak. Hoxe se reparten entre a "reserva indíxena" (346), o seu territorio ancestral (500), e os menos en asentamentos precarios ó "albor" de grupos armados exterminadores financiados por Estados Unidos, para amedrentar a resistentes indíxenas ou non, ocupando terras para o seu «cultivo corporativo», ó máis puro estilo colonial do último tercio do s. XIX, cando o capitalismo se "enrroca" nunha «guerra permanente» e na búsqueda de «terras prometidas», con total desprecio polos "Dereitos Humanos" e a "Vida": «Todo pola Pasta!».
ALGUÉN PENSOU QUE NO CORAZÓN DO FACENDEIRO ANIÑABA AÍNDA UN ALGO DE TENRURA, DE COMPAIXÓN, COMO DEBE DECIRSE DADA A SÚA ALCURNIA.
Andaba o patrón alporizado de tanta roubacha de cuxo e tanta morte ou desaparición de becerra do Ieite. Puxo péons de brega nos catro puntos cardinais do seu reino, atentos a calquera movemento sospeito e calquera sombra que se movera dentro lindes da súa propiedade e, de contado, estivo certo do que acontecía. O peón viu ao indio ferir a terneira e levou o recado prontamente. Don Baltasar mandou gardar silencio e non houbo o grande lostregazo de ira que todos esperaban. Algúén pensou que no corazón do facendeiro aniñaba aínda un algo de tenrura, de compaixón, como debe decirse dada a súa alcúrnia, por aquela xente desvalida e miserenta que andaba a roubar polas facendas como aves carroñeiras e noxentas.
COMO MESTRE DE CERIMONIA A DESEÑAR OS PASOS DUNHA DANZA MALDITA, ONDE OS DANZANTES ÍAN MORRER NUN SACRIFICIO OFRECIDO ÓS DEUSES DO PROGRESO.
Case podia ser certo. A faciana do vello foi modelándose nun sorriso, que a través dos dias dáballe unha certa beatitude, a pesar das chispas dos ollos que queimaban no ollar coma raios do inferno. A calma de don Baltasar non era máis que borboriño onde xera a tormenta.
Paseniño, con esa paciencia impulsadora das grandes cousas. o home foi facendo a súa vinganza. O indio era unha maldición. Os mesmos doutores da Santa Igrexa tiveran dúbidas de se tiña ou non tiña alma. Os avances da Historia, acaso algún prelado renacentista, como tamén agora hai cregos con perdón, puxéralle alma a esa criatura desvergoñada, con que os seus antepasados deran rematado; máis, xa era hora de que o home civilizado impuxera
a súa orde, e toda esa recua de animais silvestres e arrecastados desapareceran do ámbito do mundo.
Había que porse, a armar a danza, e dixoo con palabra interior, pero moi firme, se certamente fora o mestre de cerimonia que tiña que deseñar os pasos dunha danza maldita, onde os danzantes ían morrer nun sacrificio ofrecido a os deuses do progreso.
AGRADECÍA AQUEL CONVITE, POIS ERA HORA DE CONVIVIR, PORQUE XA TODOS ERAN CHAIREGOS, E O MUNDO ERA PARA COMPARTIR.
Teria que botar man da astucia, ser cauto e bondadoso para que o seu esquema de batalla dera os froitos apetecidos. O vello cabrón sorria de esgello sentindo xa no seu maxín a gargallada que lle faría tremer as coxas e que subiría como un rio de xúbilo desde a illarga ata os dentes carcomidos do vellumio e da vida de crápula que levara.
Mandou fermentar grandes tinallas de millo para facer a chicha e o guarapo. Degolou cochos de dez arrobas cunha ansiedade criminal; que era o único intre que o sorriso se lle volvía mueca; salgou touciños e lombos e pernis, estrangulou perus e ainda, nun rapto de bondade infinita. mandou matar a un boi e despezalo. O mullerio remexía sangue, limpaba tripas e calleiros, e nas grandes táboas postas a tal fin íanse amoreando as viandas, que a calor amolecía e as grandes moscas azuis zugaban mansamente. O cheiro a fresquío na noite cálida daba algo de náusea, de arcada contida, que o tráfego da festa facia soportar. E máis a augardente.
— Para vós non hai festa. Coller agora cada un o que quixer. e que ninguén por causa ningunha volva a tocar ningún manxar. Cocede as pezas e distribuideas outra vez tal como están. Ide avisar ao curaca dos cuibas que veña acá a unha razón.
A súa voz caeu como xeada no alegre corazón dos xornaleiros, dos peóns, das criadas e dos capataces que, ergueitos no cabalo, gardaban a compostura do seu rango.
Chegou Capanaparo de noitiña e recibiu a súa totuma de chicha de amistade e bo levar, que el agradeceu cos ollos baixos e humildes de natural, mais sempre ergueito diante do home branco a inocente maxestade dun rei primitivo vido a menos. Aceptou o convite e prometeu vir coa súa xente mañá de mediodía para o xantar que o patrón ofrecia, e descoidara don Baltasar que xa non ían desaparecer máis becerros —como lle reclamara— senón que a súa xente ainda axudaria a vixiar, e agradecia aquel convite, pois era hora de convivir, porque xa todos eran chairegos, e o mundo era para compartir, e a súa xente cun codelo de pan tiña dabondo.
Ordenados e en silencio. comeron os cuibas aquel día.
ESE SONO TÉPEDO, COMO DE PEDRA, UN EXTERTOR IMPERCEPTIBEL, E O SONO CAENDO, CAENDO, ESCURO, UN ABISMO FONDO DE NON MERGULLAR. CAERON OS ANTIGOS GUERREIROS E NON ESPERTARON MAIS.
A figura de Capanaparo, o seu cacique, ao frente da mesa, os consellos que el dera denantes de chegar de ser respetuosos e calados, fixo que os indios contiveran a súa ledicia, e ata que chegou a rolda da chicha en grandes púcaros de barro que levaban de boca a boca, non houbo máis que un rumor como de enxamio que viña en bagas como se fora o mar. Grandes anacos de carne deglutida, chicha a fartar, guarapo refrescante, e logo o sono nesa calor do principio da tarde que fai durmir, ou monear. Alguén quere tocar a cana, o tambor, e o sono a fechar as pálpebras, esa ansia de durmir, e van caendo un, as mulleres de costas, cos seus meniños atados ao lombo, esmagados; ese sono tépedo, como de pedra, un estertor imperceptibel, e o sono caendo, caendo, escuro, un abismo fondo de non mergullar. Caeron os antigos guerreiros e non espertaron máis.
O veleno desmedido de dose nas grandes cubas de chicha, na carne salgada e triparía acabou dunha vez coa miasma, co latrocinio, con esa xente espúrea que deus non debera criar; e don Baltasar arrincou o falso surriso do seu rostro e botouse a descansar non chinchorro de rede tendido no zaguán. Estaba verdadeiramente rendido do cansancio.
Aquel rapaz, doente polo dengue ou a malaria, sen solaz e coa febre coméndolle os sentidos, non quixera participar da esmorga. Única testimuña do seu pobo, vai agora sen rumbo na longura da chaira, cruzando os ríos cara o sur, coa súa pequena lanza de cana, disposto a perdurar.

Os indios sobrevivintes: Antukos e Ceballos, narraron o sucedido. En canto a Lila, a princesa "cuiva", presa de tanta tristura e dor, desapareceo na inmensidade do Capanaparo. Ata o día de hoxe, os "cuivas" lembran este feito infame. Cos anos creouse unha lenda, moitos son os que afirman que nos días de novembro e decembro aparece unha xoven moi fermosa por esas sabanas, envolta nunha manta branca, vagando como ida, como na búsqueda da súa xente. Para os "cuivas" é a Princesa do Capanaparo, para outros só imaxinación indíxena.
Fonte:
"Nova Crónica das Indias" de Antón Avilés de Taramancos. Editorial IR INDO.
- "Crónica Aljer: A Princesa Lila"-https://www.senderosdeapure.net/2016/11/cronica-la-princesa-del-capanaparo-por.html
-"Pobo Nukak: O Xenocidio que Colombia leva 37 anos sen querer ver", de Radio Caracol—https://caracol.com.co/2026/05/04/pueblo-nukak-el-genocidio-que-colombia-lleva-37-anos-sin-querer-ver/







