Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2020

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)

Imaxe
Xermán Vidal Barreiro con Xosé María Vázquez Ulloa , na porta do Concello. Xosé María Vázquez Ulloa promotor da constitución da "Irmandade Galeguista de Noia" en novembro de 1930, xunto ós mestres Mariano Pérez Gómez, Castor Outeiro, Ramón Creo Vilas, Xoán Pérez P., Xoán Leiceaga S., Cesareo Eire S., Xoán López P., Blas Agra Cadarso, Álvaro Das Casas, Luís Vilanova G. e Pedro Sáez Pichel. 1931 12 de Abril: Celebración eleccións municipais nos catro distritos de Noia : Noia, Barro, Roo e Obre. Correspondendo 7 concellais ó distrito de Noia, e 4 por cada un dos restantes. Un total de 19 concellais, nunha masa electoral de 12.387 habitantes, aínda que as mulleres non tiñan dereito ó voto. Esta discriminación solucionariase nas seguintes eleccións, celebradas no ano 33. Santiago Peiteado Valls , tiña unha sastrería en Cantón 33, Presidente da Xunta Republicana Provisional. Na celebración das actividades do Primeiro Aniversario da República o 14 de Abril de 1932, Santiago Pei...

O NEJRO ANTONIO

Imaxe
Grabado da época, cedido pola família do «Nejro Antonio» (dase a casualidade de que tanto en Cuba como en Galicia o 95% da cidadanía son "todos primos" no senso xeneralóxico do termo) , onde podemos apreciar ó noso singular paisano, cun exemplar do seu "periódico libertario", intres antes de botarse as quenllas. Antonio Silva Baiakú, mais coñecido polo "Nejro Antonio", era fillo de Ramiro Silva natural de Portodosal (Estremende), e Ubanda Baiakú princesa *Ioruba que fora adquirida como esclava, polo que logo seria o seu marido en Camagüei (Cuba), no ano 1.812. Ramiro Silva, home de letras -quedáralle a deber a "tododiós" na aldea-, era dono dunha plantación de cana de azucre en Camagüei (Cuba). Alí namorouse da escrava Isaura (nome cristianizado de Ubanda) e concedeulle a liberdade. Tiveron un fillo, e Ramiro adicouse a ele en corpo e alma, mandandoo a estudar ós mellores colexios europeos da época. Antonio herdara da súa Nai o porte altivo e ...

O PESADELO DE RASKÓLNICOV

Imaxe
Raskólnikov permaneceu no hospital o resto da Coresma e ata despois da Pascua de Resurrección. Convalecente xa, lembrou os soños que tivera cando estaba con febre e deliraba. Na súa enfermidade, soñara que o mundo enteiro, estaba condenado a unha "praga mortífera e descoñecida", que dende Asia avanzaba cara a Europa. Todos tiñan que morrer, agás un pequeño número de elixidos. Apareceran unhas triquinas dun tipo novo, "seres microscópicos" que se introducían no corpo dos seres humanos. Mais tales seres, eran espíritos dotados de intelixencia e vontade. A xente que os recibía dentro de si volvíase enseguida endemoñada e tola. Pero, nunca antes os homes, se consideraran tan lúcidos e tan seguros, de estaren en posesión da verdade como os apestados. Ata entón, nunca tiveran tanta confianza na infalibilidade das súas sentenzas, na firmeza das súas conclusións científicas, das súas conviccións morais e relixiosas. Aldeas enteiras, cidades e vilas contaxiadas daquela l...

JAZZ NO FORO - 1992

Imaxe
A máxima aspiración do Foro nesta época, era ofrecer algunha actuación, si era de música Jazz, sublime. NANI GARCÍA TRIO & ROBERTO SOMOZA O Foro ofertaba todo xogo de mesa que había no mercado, ca aviesa intención de convocar a máis cafés a vender. Entre os xogos un, edición limitada que sacara o comic "O Víbora", ambientado nun barrio de putas, con figuriñas de chulos, polis, putas, testaferros, ..., que retirei antes de que desapareceran tódalas figuras. Si fora público, tamén jodería algunha, eran moi chulis. Tamén dispuña dun "revisteiro" con cuotas para actualizar as revistas. Algún, só estaba interesado no "Playboy", pero había variedade, o que non había era vagar nelas. Naquel tempo, resucitaran en Madrid a cabeceira do periódico "El Sol" de antes da "longa noite de pedra", e acompañaba diariamente cun libriño de autores clásicos e do momento, incluso chinos ou xaponeses. Estaban todos a disposición, e de cando en vez alg...

LULÚ LACRUÁ: TODA PARA VOSTEDE

Imaxe
Aurelita vendéndolle o leite da veciña, no tempo libre. Vimos tratar hoxe dun personaxe histórico que, por descoñecido ainda non recibeo as honras que se merece. Trátase de "Aurelia da Pena Cotovade", natural do lugar de Mederretes, pertenecente a parroquia costeira de Porto Piollo. Naceo Aurelia, alá no ano 1.910, nunha humilde familia de ferreiros, era a maior de 31 irmáns, dos cales finaran 17 ó nacer. Desde mói nova, tuvo que apandar coas tarefas máis duras, facía as labores da casa -a sua nai estaba enferma do peito- e axudaba logo ó Pai xá maior, no pequeno taller. A pesares deso, sobrábanlle folgos a moza pra ir bailar as romarias, onde acadou sona de bulideira, quente de cascos, flexible de costas, e digamos, ... mói liberal de conducta. Según o seu própio diário, do que só se conservan fragmentos: Nunha soia noite de San Xoán, fixo homes a vinteseis rapaces da veciña aldea de Tiribás. Este xeito ledo de vela vida, causoulle enfrentamentos non só ca pacata e co...

IR POR LAN

Imaxe
Fonda de "Manolo o Ferrolán", situada a esquerda na imaxen. Lugar onde se dou o encontro, entre o mofletudo crego e o fornido labrego. Corría o ano 1904. Era o día 25 de Abril e no histórico pobo de Felipe de Castro, celebrábase a tradicional "Feira de San Marcos", de renome en todas as comarcas limítrofes, e primeira do ciclo anual. Nela verifícanse as máis importantes transaccións de gando mular e cabalar. Aflúe por conseguinte, gran cantidad de xente, o que fai imposible o trànsito de paseo polas antigas ruas. A súa ampla Alameda e adxacencias, encóntranse materialmente invadidas polo formigueo humano. Da torre da Casa Consistorial baixaron sonoras e maxestuosas as doce campanadas sinalando a hora de render tributo ós tradiccionais "callos" e as famosas "empanadas" que fixeron célebre a Vila de Noia, pois, según as crónicas, "... cando o comandante do buque de guerra portuguès «Terror dos Mares», destacou o bote a terra, para inquerir d...

O SOCHÁN (O SUBSOLO)

Imaxe
Menhir de Andabao (Boimorto). Un día calquera que esteas polo monte ou no xardín da casa, afundes o índice e o polgar onda as raíces dunha mata de herbas e quitas unha polgada de terra. O máis seguro e que teñas na man alrededor de mil millóns de organismos individuais vivos, cunhas dez mil especies diferentes de microorganismos, a maioría aínda sen nomear, catalogar, nin entender. Entretecidas cos miles de raiciñas da herba, que podemos observar a simple vista, existen madeixas duns filamentos microscópicos e parecidos a tela de araña chamados "hifas micóticas", cunha lonxitude total que non se mide en centímetros senón en quilómetros. E todo isto nunha simple polgada de terra. Nun puñado de chan normal e corrente hai máis criaturas que humanos no planeta enteiro, e quizá centos de quilómetros de microscópicas hifas de fungos asociados. Como seres humanos temos que aprender a reconciliar a natureza dual dos chans. Dun lado, dentro das decenas de millares de especies q...