Publicacións

NÓS DECIMOS "NÒN"

Imaxe
Discurso de inauguración das xornadas de “Chile Crea”, en Santiago de Chile, a mediados de 1988. Viñemos aquí dende diversos países, xuntándonos ó carón da xenerosa sombra de Pablo Neruda, acompañando ó pobo de Chile, que di "nòn". Tamén nós decimos "nòn". Decimos "nòn", a louvanza do diñeiro e da morte. Decimos "nòn", a un sistema que pon prezo as cousas e a xente, onde o que máis ten é o que máis vale, e decimos "nòn", a un mundo que destina ás armas de guerra, dous millóns de dólares cada minuto, mentres cada minuto, mata trinta nen*s por fame ou enfermidade curable. A bomba de neutróns, que safa ás cousas e aniquila á xente, é un perfecto simbolo do noso tempo. Para o asasino sistema, que convirte en obxectivos militares as "estrelas da noite", o ser humano se configura como un factor de produción e de consumo e un "obxecto de uso"; o tempo , nun "recurso económico"; e o planeta enteiro , nunha ...

FESTAS PATRONAIS 1946 CON SONETO Ó BERBERECHO

Imaxe
Vizcondes de San Alberte, Segunda Pais Gutiérrez e Xosé Varela de Limia e Menéndez, casados o 2 de maio do 1900. Segunda era filla de Segunda Gutiérrez de Hombre (da que herdaría o Pazo da Pena do Ouro) e Pedro Pais Lapido (nado en Santiago no 1841, militante do partido Federal e redactor do manifesto que dera paso á Primeira República 1873-1874). Os Vizcondes tiveron seis fillos: Xosé María, María, Pedro, Carmen, Pilar e María Tareixa. CRONOLOXÍA 1946 A primeiros de ano incorpórase o novo Axudante de Mariña, Emiliano González Labairu, que xunto a "catro señores da vila", intentan a privatización dos bancos marisqueiros de Testal. 24 de febreiro: na Arxentina, Xoán Domingo Perón gana as Eleccións presidenciais co 56% dos votos. 1 de Marzo: Peche das fronteiras entre Francia e España 5 de Marzo: Declárase o porto de Noia de interese xeral, único na ría, debendo ser as súas obras costeadas polo Estado. (Efemérides Noiesas). 6 de marzo: Nace David Gilmour, músico br...

SIMBIOXÉNESIS DE LYNN MARGULIS

Imaxe
Lynn Margulis (1938-2011) foi profesora da Universidade de Massachusetts en Amherst (EEUU), dende 1998. Antes pasou por outras universidades e outros moitos países. Nesa época xa era unha microbióloga famosa e controvertida. Na Wikipedia di dela: “Trae unha influencia espectacular, pois aporta a mistura de bioloxía con humanidades. É da liñaxe dos científicos como Galileo Galilei, Copérnico e Newton. Cunhas ideas radicais, que o tempo e a historia demostran ser correctas”. Recibiu a Medalla Nacional de Cencias dos EEUU no 1999, e varios doutorados honoris causa, un deles en Valencia e outro en Barcelona. A pesares delo, nunca obtivo financiación da National Science Foundation, nin o premio Nobel que merecía. Cando lle preguntaron, por que cree ela que a xente non lle gusta a "simbioses"?, ela contestou que “é feminina, cooperativa e non competitiva”. O periódico británico The Telegraph revela que se lle denegaron moitas becas, algunhas coa resposta: “A súa investigación é un...

OUTES 1931

Imaxe
  A lei do 28 de xaneiro de 1906, dou orixe aos Sindicatos Agrícolas (de tradición católica). No período da ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), xurdiron multitude de sindicatos e organizacións obreiras. Se crea a Sociedade de Estibadores do Freixo, sindicato fundado no Freixo o 1 de xullo de 1927. No lugar do Rego, créase o 13 de decembro de 1927, “A Fraternidade Liga de Amigos”, que aparece nos rexistros como asociación político-social, e foi dirixida por Manuel Torrados Alborés ,  Antonio Domínguez Fernández e Ramón Molinos Villar. Na Constitución de decembro de 1931, contémplase unha cobertura xurídica, legal e real dos sindicatos. As leis sobre asociacións profesionais de maio de 1931 e 8 de abril de 1932, apoiadas por Largo Caballero (Secretario da UXT), marxinaron o sindicato CNT, con máis de 800.000 afiliad@s no Estado, e con forte presencia nos colectivos profesionais na Comarca (Muros, Carnota, Serra de Outes, Lousame, Noia, Porto do Son). 1930 30 de Xaneiro...