Publicacións

SERVIDUME VOLUNTARIA (I/IX)

Imaxe
Étienne de La Boétie estudou desde moi novo os clásicos gregos e latinos, e aos 18 anos publicou o seu “Discurso contra a Servidume Voluntaria”. Pregúntase Étienne, xa no s. XVI, sobre o inexplicable desexo das persoas, de se deixaren tiranizar: "Non entende, o abandono do natural amor pola liberdade. Á liberdade se chega, só con querelo." - “Moita xente a mandar, non me parece ben; Un só xefe, un só rei, é o que máis nos convén”. Así proclamaba publicamente Ulises en Homero (Iliada, cap. II). Tería toda a razón se dixese algo así: - “Moita xente a mandar, non me parece ben”. Debería, para ser máis claro, explicar que o dominio de moitos, nunca pode ser boa cousa, xa que o dominio de un só, que usurpa o título de soberano, xa é bastante duro e pouco razoable; en vez diso, porén, engadiu: - “Un só xefe, un só rei, é o que máis nos convén”. Unha única desculpa que ten Ulises, é a necesidade que tivo de recorrer a semellantes palabras, para acalmar as tropas amotinadas,...

A DERRADEIRA SINGRADURA DO ANDRUCHO

Imaxe
De día, o Bulevar do Ron en Buenaventura é lugar desolado. Hai casas de madeira, de ladrillo, de lata. Casas de cana-guadua cubertas de zinc. Casas amarelas, brancas, con solaina de entrada. Rúas circunscritas que acaban sempre no mesmo punto. Lama. Miseria. Rapazada negra a revoar. De noite é o mundo do esplendor. A música transfigura aquel curral fedento, nun escenario de fantasía. A luz invade tódolos recintos, e a danza, o barullo, a morte mesma, cobran unha vida que parece eterna ata as seis da mañá. Xente variada no Bulevar do Ron. Mariñeiros de tódolos navíos ancorados no porto. Negociantes de trebellos xaponeses. Contrabando. Droga. Mafia negra. Mafia branca. Mullerío. Mulleres negras, brancas, loiras. Mulatas de quince anos como estrelas escuras. Paixón. Crime. Música. Morte. Luz. Buenaventura. E o arrecendo do mar. Na última mesa do último recanto, diante da súa garrafa de ron de Manizales, atopei aquela noite inverosímil o trasfondo da infancia. O Andrucho estaba alí. ...

FROITA EXÓTICA

Imaxe
Foille tan ben a miña nai coa froitería que comezou a importar produtos exóticos de Bolivia, Perú e a selva Amazónica. Había unha especie de piña que, si non fora por unha campán de vidro que a illaba, invadiría o local cun insoportable cheiro a podre. Non me explicaba como podían mercala. A propósito dese cheiro fedento, lembro a un cabaleiro de fondos ollos verdes, pel escura, moi ben vestido, que comezou a visitar a Dona Sara. Sentábase na trastenda, durante a hora de descanso e falaban, quen sabe de que, porque nunca puiden achegarme a él: tiña este señor, unha enfermidade que o facía "exsudar un cheiro fedento". Todo o que tocaba quedaba impregnado. Un día esqueceu o seu lapis. Non me din conta e collino para rematar a miña tarefa. Case debroco!. O repelente arume, quedoume pegado entre o polgar e o índice un par de horas!. Sen embargo a miña nai adicáballe moito tempo recibíndoo agarimosa e sorrinte. Un día, aborrecido, griteille: “Tes que expulsalo de aquí!”. Nunca...

BARRO

Imaxe
O barro é o material básico empregado por algun-has Creador-as para dar forma a Humanidade e a outras criaturas da Terra. O método habitual é que o-a Creador-a, modele unha muller e un home, a partir de calquera xacemento de arxila, para despois engadir ornamentos, tais como pedriñas para os ollos, herba seca ou febra de coco para o pelo e sementes para os pezóns. Logo o-a Creador-a, pon as figuras a secar ao sol, e cando están listas, asopraba sobre elas para infundirlles o "alento da vida". Naturalmente, o-a Creador-a pode escoller calquera cor de arxila, para modelar as súas criaturas, pero os preferidos para os Seres Humanos, parecen ser o negro, o marelo, o marrón, o branco, o roxo e diversas tonalidades de ocre. Os humanos son de creación moi simple, en comparación con todos os demais animais. Os/As Creadores-as adicaron moito máis tempo na elaboración dos humanos, e demostraron un considerable enxeño nas súas formas e coloracións. Non contentas con infundirlles o sim...

A ORIXE DA VIDA

Imaxe
Os "termófilos" son un tipo de "extremófilos" como estes microorganismos que crecen formando colonias de cores rechamantes nunha poza do Parque Nacional de Yellowstone, EUA. Moitos científicos se debaten entre si foron primeiro os xenes que transportan o código necesario para crear proteínas, ou si foron as proteínas enzimáticas (facilitan as reaccións nas células convertendo o substrato en produto sen alterarse nin transformar o medio onde se producen estas reaccións) capaces de catalizar (provocar os procesos reactivos cunha orientación exitosa) a sínteses dos xenes. Aínda que a pregunta fundamental está en como se crearon, tanto xenes como proteínas. Entre moitas teorías está, a de atribuír ó "solo" o papel protagonista da xeración destas unidades básicas, mais concretamente os "minerais arxilosos". CHANT OF THE SOIL Album: "Nude Ants"> Piano: Keith Jarret; Batería: Jon Christensen; Contrabaixo: Palle Danielssen; Saxo Soprano...

A MARÍA: NÉCTAR DA DELICIA

Imaxe
1) Parte superior da planta macho, con frores; 2) Parte superior da pranta femia con froitos; 3) Xerminación da pranta; 4) Foliolo dunha folla dividida en once partes; 5) Porción dunha inflorescencia estaminífera con capullos e fror madura; 6) Frores femias; 7) Froito pechado nunha bráctea resistente; 8) Froito, vista lateral; 9) Froito, vista posterior; 10) Velosidade glandular con tallo corto, visible, dunha soa célula; 11) Velosidade glandular con tallo corto, visible, dunha soa célula; 12) Velosidade non glandular contendo un cistolito. O NÉCTAR DA DELICIA A relación do ser humano e a Cannabis, existe probablemente, dende moito antes do descubrimento da agricultura no Vello Mundo, fai máis de dez mil anos. Pola súa múltiple utilidade, a Cannabis convértese nun dos cultivos máis antigos e máis estendidos do mundo, cumprindo eficazmente cinco propósitos: Fonte de Fibra (cáñamo), Aceite, Sementes (fonte nutricional), Narcótica e Terapéutica para tratar un amplo espectro...