SERVIDUME VOLUNTARIA (I/IX)
Étienne de La Boétie estudou desde moi novo os clásicos gregos e latinos, e aos 18 anos publicou o seu “Discurso contra a Servidume Voluntaria”. Pregúntase Étienne, xa no s. XVI, sobre o inexplicable desexo das persoas, de se deixaren tiranizar: "Non entende, o abandono do natural amor pola liberdade. Á liberdade se chega, só con querelo." - “Moita xente a mandar, non me parece ben; Un só xefe, un só rei, é o que máis nos convén”. Así proclamaba publicamente Ulises en Homero (Iliada, cap. II). Tería toda a razón se dixese algo así: - “Moita xente a mandar, non me parece ben”. Debería, para ser máis claro, explicar que o dominio de moitos, nunca pode ser boa cousa, xa que o dominio de un só, que usurpa o título de soberano, xa é bastante duro e pouco razoable; en vez diso, porén, engadiu: - “Un só xefe, un só rei, é o que máis nos convén”. Unha única desculpa que ten Ulises, é a necesidade que tivo de recorrer a semellantes palabras, para acalmar as tropas amotinadas,...