Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2020

O NÉCORAS

Imaxe
Eduardo Ponte Carracedo, O NÉCORAS (Campo das Hortas - Santiago de Compostela, 17/03/1886 - Capturado nalgún lugar preto de Santiago e paseado arrastrando o seu corpo polas rúas de Compostela, como un trofeo do "circo romano", na traseira do vehículo conducido polo criminal falanxismo no 1936). Hai vidas que de ser recollidas nun libro, parecerían unha esaxerada fixación no apoderamento do cidadán ante un estado político-relixioso que o deprecia e acosa. Así é a desbordante e fascinante vida de, Eduardo Ponte Carracedo “O Nécoras”. Nace en Compostela o 17 de Marzo de 1.886, na panadería do Pai, Antonio Ponte Arrochena no Campo das Hortas. Foi un dos fundadores do colectivo “Xuventude Liberal” e participa nun mitin en memoria de Francisco Ferrer i Guardia no 1910 (un ano despois da súa execución, decretada pola xustiza Alfonsina). En Xaneiro de 1912 secuestra a namorada Adela Garcia, para casar sen contar coa aprobación da familia dela. A meniña da Coruña, de alta posici...

O EXCREMENTO DAS IDADES

Imaxe
A comezos do século XX, os medios de información operan unha transformación a medios de comunicación, convertendo a bidericcionalidade informativa entre emisor ou creador-elaborador de contidos informativos e o público a quen se dirixe, nunha comunicación unidireccional, onde o emisor informativo se postula interesadamente, determinando o tipo de información que recibe o público, discriminando calquera "disidencia" en prol da verdade, converténdose nun cuarto poder ó servizo instrumental dos poderes económicos. O poder económico e o mediatíceo, operan impoñéndose como poder inquisitorial, sobre o poder político organizado en Estado, invalidando o funcionamento democrático do Estado, converténdose en capadores do dereito a información da cidadanía. O fascismo non precisa abrirse camiño ao poder. Moitos movementos de extrema dereita, están xa no goberno, tanto polo seu propio dereito, como ao traveso da colonización de outros partidos, ou uníndose en coalicións coa extrema d...

FARXÁCOLAS: A PESTE DE 1569 EN COMPOSTELA

Imaxe
Gravado de Santiago de Compostela, 1669. A PESTE DE 1569 EN SANTIAGO DE COMPOSTELA Ano calamitoso foi para a cidade de Santiago o de 1569, no que recrudecía una peste desenrolada tres anos atrás en varios pobos de Galicia, provocando incontable número de vítimas, a pesar das medidas sanitarias que se puxeron en práctica. O Concello de Santiago, o 2 de Maio, mandou ó Bachiller Paz, médico titular da cidade, que visitara ós enfermos do municipio, “e ver que enfermidade teñen”, dando conta ó Concello. Coa prevención, de que curase de gracia ós pobres, “e atento ó traballo que nelo ten que poñer, ate que outra cousa se provea, aumentándoselle ós "seis mil marabedís" o seu salario, cando tiña asinado un salario de catro mil”. A Danza Macabra. Non consta o resultado do estudio do médico Paz, nin hai informes doutros facultativos sobre a enfermidade que, con varias alternativas, cebouse cruelmente no noso país, por espazo de algúns anos e a que, vulgarmente déuselle o nome de “...

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E O «SANCTI SPIRITU»

Imaxe
Detalle do balcón do Pazo dos Arzebispos no Tapal. Foto de Ruth Matilde Anderson, en outubro de 1924. A Fortaleza Arzebispal do Tapal foi construída no século XII (se decreta o traslado da antiga poboación diseminada pola Barquiña e Santa Cristina, para a nova ubicación actual no 1169), punto de control do paso de xente e mercancías. Contaba con varias liñas defensivas, destacando a chamada "Torre da Homenaxe" a máis elevada, para un óptimo control do entorno terrestre, río e mariño. Outras oito torres de altura menor, creaban o perímetro da Noia de intramuros. Según Santiago Abella (Noia, 1815 - Bos Ares, 5 de agosto de 1913), o nome de "Tapal" venlle porque ó toque de "oración" se "tapeaban" ou pechaban as portas que daban acceso ó espacio "atabicado" pola Fortaleza, volvéndose a abrir co novo día. Contaba a Praza con espazo suficiente, para amparar unha gornición de 200 soldados. Na Revolta Irmandiña (1467-1470) foi derrubada, e re...