Publicacións

A ORIXE DA VIDA

Imaxe
Os "termófilos" son un tipo de "extremófilos" como estes microorganismos que crecen formando colonias de cores rechamantes nunha poza do Parque Nacional de Yellowstone, EUA. Moitos científicos se debaten entre si foron primeiro os xenes que transportan o código necesario para crear proteínas, ou si foron as proteínas enzimáticas (facilitan as reaccións nas células convertendo o substrato en produto sen alterarse nin transformar o medio onde se producen estas reaccións) capaces de catalizar (provocar os procesos reactivos cunha orientación exitosa) a sínteses dos xenes. Aínda que a pregunta fundamental está en como se crearon, tanto xenes como proteínas. Entre moitas teorías está, a de atribuír ó "solo" o papel protagonista da xeración destas unidades básicas, mais concretamente os "minerais arxilosos". CHANT OF THE SOIL Album: "Nude Ants"> Piano: Keith Jarret; Batería: Jon Christensen; Contrabaixo: Palle Danielssen; Saxo Soprano...

A MARÍA: NÉCTAR DA DELICIA

Imaxe
1) Parte superior da planta macho, con frores; 2) Parte superior da pranta femia con froitos; 3) Xerminación da pranta; 4) Foliolo dunha folla dividida en once partes; 5) Porción dunha inflorescencia estaminífera con capullos e fror madura; 6) Frores femias; 7) Froito pechado nunha bráctea resistente; 8) Froito, vista lateral; 9) Froito, vista posterior; 10) Velosidade glandular con tallo corto, visible, dunha soa célula; 11) Velosidade glandular con tallo corto, visible, dunha soa célula; 12) Velosidade non glandular contendo un cistolito. O NÉCTAR DA DELICIA A relación do ser humano e a Cannabis, existe probablemente, dende moito antes do descubrimento da agricultura no Vello Mundo, fai máis de dez mil anos. Pola súa múltiple utilidade, a Cannabis convértese nun dos cultivos máis antigos e máis estendidos do mundo, cumprindo eficazmente cinco propósitos: Fonte de Fibra (cáñamo), Aceite, Sementes (fonte nutricional), Narcótica e Terapéutica para tratar un amplo espectro...

O CACIQUE "PAKARAIÑA"

Imaxe
Ponte Vella (Betanzos) No local da dereita, onde o sinal de "prohibido o paso", posiblemente foi a taberna dos pais do Cacique Pakaraiña e onde nacería «o grande cazador que mata de lonxe», «o vaqueano, que sempre ten a palabra xusta». O CACIQUE PAKARAIÑA Longo é o camiño do río para chegar ao Iavari-Mirim. Desde Iquitos hai que ir por terra Taushiiaco. Terra de planura, de mato baixo. Cana brava, guadua. Xacarandá de flor azul e vermella. Milleiros de vagalumes na noite. Na noite aberta, infinda, Anzola pon na pequena radiola de pilas a 5º de Beeethoven. Todo o volume. E a noite colle unha dimensión sideral, inmensa. Noite no medio da vida, aquela. Para recordar. Comerciar con "indio Aguaruna" é cousa arriscada. Indio reducidor, o primeiro que ve é a túa cabeza. Días antes de chegar, xa a tribu anda avisada. Os paxaros revoan. O fume. O indio vai vixiando de lonxe. Vai vendo as acampadas. Curiosea se o campo fica só. O indio Aguaruna non rouba; manda á muller r...

ATLÁNTIDA

Imaxe
Cando os deuses olímpicos se repartiron o Cosmos, Posidón, Señor do Océano, tomou posesión dunha cadea de illas que se estendían dende España ata Centroamérica. A maior destas illas era tan grande como toda Asia Menor. Inspeccionando os novos dominios, a Posidón pareceulle que estas illas eran máis fermosas que ningún outro lugar do mundo. Cada folla de cada árbore era tan brillante coma unha esmeralda, e os prados eran tan louzáns e verdes coma as ondas do mar no verán. As flores tiñan aromas tan ricaces, que o ar embriagaba como o viño. Grandes manadas de gando manso pacían nos prados, a auga dos regatos era crara e cristalina, e nos sebes relucían vetas de mármore branco, preto e vermello, e xacementos de metais preciosos de toda cras. Poseidón ou Posidón (grego antiguo: Ποσειδῶν​, romanización: Posidỗn, é o deus dos mares e, como «Axitador da Terra», dos terremotos na mitoloxía grega. O nome do deus mariño etrusco Nethuns foi adoptado no latín para Neptuno (Neptunus) na mitolox...