Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2020

NÓS, OS IRRELEVANTES

Imaxe
«Entre trancas e barrancas, / entre o pozo de Ferpilleira e Taramancos, / está enterrado o pozo de sete reinados». Lenda recollida entre veciñas de Taramancos, que fala dunha cidade asulagada, na que se agocharía ouro para quen a conseguise desencantar; o desencantador, precisaría dunha verba máxica e acadaría o posto de Rei. A construción da variante de Noia, que une a estrada VAP9 Brión-Noia coa SC-550 entre Noia e Taramancos , deu pé á descuberta, preto deste lugar, dun importante xacemento arqueolóxico. Os restos dun poboado que presumiblemente estivo ocupado dende a Idade do Ferro ata época romana, vencellado á explotación marisqueira (a xulgar polos depósitos dos seus cuncheiros), e o que é máis curioso, sen ningunha evidencia de murallas ou defensas de ningún tipo, como cabería agardar dun hábitat castrexo. O "sorprendente xacemento", foi escavado no verán do 2011, pero a Xunta de Galicia destruíuno e sepultou os seus restos debaixo do piche. A escusa é que, segun...

SERVIDUME VOLUNTARIA (I/IX)

Imaxe
Étienne de La Boétie estudou desde moi novo os clásicos gregos e latinos, e aos 18 anos publicou o seu “Discurso contra a Servidume Voluntaria”. Pregúntase Étienne, xa no s. XVI, sobre o inexplicable desexo das persoas, de se deixaren tiranizar. Non entende, o abandono do natural amor pola liberdade. Á liberdade se chega, só con querelo. - “Moita xente a mandar, non me parece ben; Un só xefe, un só rei, é o que máis nos convén”. Así proclamaba publicamente Ulises en Homero (Iliada, cap. II). Tería toda a razón se dixese algo así: - “Moita xente a mandar, non me parece ben”. Debería, para ser máis claro, explicar que o dominio de moitos, nunca pode ser boa cousa, xa que o dominio de un só, que usurpa o título de soberano, xa é bastante duro e pouco razoable; en vez diso, porén, engadiu: - “Un só xefe, un só rei, é o que máis nos convén”. Unha única desculpa que ten Ulises, é a necesidade que tivo de recorrer a semellantes palabras, para acalmar as tropas amotinadas, adaptando o...

A DERRADEIRA SINGRADURA DO ANDRUCHO

Imaxe
“Voy al rumbo fumando un cigarro, apurando una negra botella. Voy al rumbo bebiendo por ella, mis delicias las paso en la mar” . Copla que o Andrucho cantaba a súa filla. De día, o Bulevar do Ron en Buenaventura é lugar desolado. Hai casas de madeira, de ladrillo, de lata. Casas de cana-guadua cubertas de zinc. Casas amarelas, brancas, con solaina de entrada. Rúas circunscritas que acaban sempre no mesmo punto. Lama. Miseria. Rapazada negra a revoar. De noite é o mundo do esplendor. A música transfigura aquel curral fedento, nun escenario de fantasía. A luz invade tódolos recintos, e a danza, o barullo, a morte mesma, cobran unha vida que parece eterna ata as seis da mañá. Xente variada no Bulevar do Ron. Mariñeiros de tódolos navíos ancorados no porto. Negociantes de trebellos xaponeses. Contrabando. Droga. Mafia negra. Mafia branca. Mullerío. Mulleres negras, brancas, loiras. Mulatas de quince anos como estrelas escuras. Paixón. Crime. Música. Morte. Luz. Buenaventura. E o arrecen...

GACETA MUNICIPAL - 21 AGOSTO 1931

Imaxe
Becerrada no Curro (Noia). 1921 -Diferentes sociedades eléctricas se xuntan co concesionario do salto do Tambre (Wenceslao González Garza), para solicitar un préstamo de 600 mil pesetas para a construcción da Central Hidroeléctrica do Tambre. —¡Las fiestas! Santa palabra, que suena a "roscas", a empanadas, a diversiones y alegría; alegría de la panza y del espíritu. Aparecieron los programas y, aunque tardiamente, su contenido conforta el ánimo. «Fiesta española» y «Espectáculo cómico-taurino». Números sorprendentes, originales y nuevos en esta Villa. Gran expectación despiertan; pero el cronista teme (siempre se debe dudar de la felicidad) que tras nombres tan rimbombantes se oculte una ridícula vulgaridad; lo que los argentinos llaman una "macana". Y es que este año sucedió una cosa singular. Obsesionados los concejales con las múltiples verbenas en honor del triunfo electoral, hasta el Sr. Agra, cofrade principal de la Virgen del Carmen, se olvidó de sacarla ...