Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2020

ATLÁNTIDA

Imaxe
Cando os deuses olímpicos se repartiron o Cosmos, Posidón, Señor do Océano, tomou posesión dunha cadea de illas que se estendían dende España ata Centroamérica. A maior destas illas era tan grande como toda Asia Menor. Inspeccionando os novos dominios, a Posidón pareceulle que estas illas eran máis fermosas que ningún outro lugar do mundo. Cada folla de cada árbore era tan brillante coma unha esmeralda, e os prados eran tan louzáns e verdes coma as ondas do mar no verán. As flores tiñan aromas tan ricaces, que o ar embriagaba como o viño. Grandes manadas de gando manso pacían nos prados, a auga dos regatos era crara e cristalina, e nos sebes relucían vetas de mármore branco, preto e vermello, e xacementos de metais preciosos de toda cras. Poseidón ou Posidón (grego antiguo: Ποσειδῶν​, romanización: Posidỗn, é o deus dos mares e, como «Axitador da Terra», dos terremotos na mitoloxía grega. O nome do deus mariño etrusco Nethuns foi adoptado no latín para Neptuno (Neptunus) na mitolox...

ALAN LOMAX

Imaxe
Alan Lomax (Austin-EUA, 31/01/1915 - Safety Harbor-EUA, 19/07/2002), fillo do tamén cazador de melodías John A. Lomax, a finais da década dos corenta grava no Mississipi e Lousiana o son dos negros acosados e desprezados polo supremacismo branco. Un dos primeiros en gravar foi a Muddy Waters e a Woody Guthrie, co seu emblemático adhesivo na guitarra "This Machine Kills Fascists". En Lousiana descubriu a Lead Belly detrás das reixas dun presidio. Cambioulle a vida ao músico rexistrando a súa creatividade, e mudou a historia do blues. Tamén do folk. Alan Lomax co seu equipo de gravación, foi o maior compilador de música popular dos EUA, do Caribe, Europa e do norte de África. No 1952 percorre Galicia, coa mesma gravadora e afán de recolleita. Woodrow Wilson Guthrie (Okemah, Oklahoma, 14 de xullo de 1912-Cidade de Nova Iorke, 3 de outubro de 1967), coñecido como Woody Guthrie , foi un músico e cantautor folk estadounidense. Precursor da música "country" ou "blue...

O BARCO DA MEMORIA

Imaxe
Evasión Os barcos que partiron da costa galega, nos tempos posteriores ao golpe fascista do 18 de xullo, levaban xente cun destino gravado na íntima bitácora: volver. Non habería que falar en realidade de fugas, senón dunha epopeia de salvación. Eran barcos que "zafaban" dunha morte segura, da cacería humana desatada en terra. Xunto coas vidas a salvar, aqueles barcos levaban un transporte valiosísimo, un tesouro laboriosamente labrado durante moitos anos, unha obra transmitida e continuada de xeración en xeración de loitadores: a consecución das liberdades e os dereitos humanos, a procura dun "habitat democrático" que dera un xiro copernicano á historia, que cambiara o signo fatal de séculos de dominación reaccionaria e escurantista. E tamén, dende diferentes ópticas, tomaba corpo a reivindicación dun autogoberno, o que os librepensadores republicanos e galeguistas denominaban “a redención da Nosa Terra”. Todo iso ía neses barcos. Moitos deses refuxiados, a quen o...

"O SEGREDO" de CASTELAO

Imaxe
Portada do libriño "Retrincos". LIMIAR Cada vez que dou un mergullo na miña vida de debuxante apaño retrincos deleitados, que non tiveron realización plástica, e que agora vou aproveitando, cando cadra, nos meus soaces literarios. Tamén atopo no balume de papeles vellos, moitos retrincos esquecidos do meu pensamento, que recollo amoroso, coma se fosen recordos dun irmanciño morto. Outras veces un retrinco de papel faime cavilar no intre de vida en que foi escrito, e sorríome compasivo. Cando estaba de practicante no Gran Hospital de Compostela, encontreime unha noite de servizo no coarto de Socorro e leváronme un suicida moribundo. O coitado espichou alí, e quedei soíño na súa compaña cheo de medo e de respeto. Pero aquela impresión inspiroume o treito seguinte: "Os mortos son uns preguiceiros. Cando non rexen coa vida derrúbanse, redondos, e fican estarricados nunha postura ridícula, e as veces indecente. Caen de calisquera xeito e non volven a erguerse. Estou por d...

PSICOLOXÍA TRANSPERSOAL

Imaxe
Transformar as distraccións sensoriais en portas ó inefable, é tarefa da mente evolucionada (Xosé Maroto Mingo) A METÁFORA SUFÍ Existe unha coñecida metáfora dos mestres sufís, describindo cunha fermosa imaxe do ser humano, como unha unidade formada por: mente, corpo, emocións e espírito. Ó nacer, somos provistos dunha carruaxe (o corpo), conducido por un cocheiro (a mente), impulsado por dous cabalos (emocións e instintos). Dentro da carruaxe, viaxa o propietario (o Ser) que da as ordes, mentres viaxa ó traveso dos camiños (a vida). É a nosa responsabilidade, durante a viaxe da vida, coidar a carruaxe; revisala, afinala e atender o que sea necesario para o seu mantemento. Deste xeito, a carruaxe nos permitirá visitar e coñecer moitos lugares. Durante a viaxe, imos dándonos conta do importante que é ensinar ó cocheiro, para que deixe de castigar ós cabalos. Mostrarlle medios para non reprimilos, que aprenda a coidalos e animalos. E tamén indicarlle como dominalos, para que non se ...