Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2020

RAPID DE RIVEIRATORTA - 6 / ROYAL NAVY – 5

Imaxe
Curiosa instantánea da Equipa do Rapid, pódese apreciar como pasaron do melón o balón. Recuperamos hoxe, non un personaxe, senón un feito histórico inacreditablemente esquecido: "O Primeiro Partido de Fútbol acontecido na Europa Continental". No ano 1.869, atopándose de manobras a Escuadra Inglesa en Villajarsia, o que empezou sendo unha pelexa de mozos novos e bébedos, que falaban distintas linguas na Romaría de "Santa Isaura do Monte" -abojosa dos virollos-, rematou cunha oferta por parte do Lord Almirante Míster Johnson, dirixida ó Señor Alcalde da nosa Vila, de lavalas ofensas e golpes, nun neutral campo de fútbol -oferta moi en boga naqueles tempos e entre aquelas xentes-. O rebumbio que se montou nas aldeas do concello, foiche de “moito carallo”. Todos querían xogar!. Foi necesario facer unha primeira selección, descartando a tocos, coxos, cegos, chepas e encrequenados. Non foi adiante porque Paco "O Toco", que lle faltaban "oito dedos"...

OUTRO MUNDO É POSIBLE

Imaxe
A BARBARIE SEN SAIAS E AO TOLO Un mito bíblico, presenta o fin do mundo anunciado pola aparición dos Catro Xinetes da Apocalipse, que representan a Conquista, a Matanza, a Fame e a Morte. A perspectiva que se abre fronte a humanidade hoxe, pode verse como verdadeiramente apocalíptica. O capitalismo neoliberal, desenrolou as forzas produtivas da economía global, a un extremo sen precedentes. Pero estas forzas non están baixo un control democrático ou un plan racional, están propulsadas por imperativos económicos e militares de acumulación competitiva capitalista. En consecuencia, a pesar do seu potencial para emancipar a toda a humanidade das necesidades materiais, o capitalismo, fai o contrario, destruíndo a mesmísima civilización industrial. A ignorancia, a avaricia, a irresponsabilidade dos nosos gobernantes ante a crise, está enraizada na irracionalidade do sistema. A catástrofe climática, a depresión económica e a guerra imperialista, afunden as súas raíces na loucura dos merc...

A TUMBA DO FUXIDO DESCOÑECIDO

Imaxe
Ruíns de correaxe, avanzaron en posición de asalto contra a árbore, para descargar sobrada fusilaría contra aquel castiñeiro do que saíra a "fumata delatora". Eran falanxistas e gardas, actuando na maior das impunidades, contra un fuxido sen rostro nin defensa. Os veciños escoitaron o estrondo dos fusís, que balearon durante horas naquel castiñeiro de aldea. Disparaban unhas xentes contra del, des-que descubriran fume entre os seus ramallos, unha mañanciña xeada. Alí estaba, fumando o seu caldo, un home agochado. Daqueles que se botaron ao monte. O gando andaba ceibo polos montes, e os veciños, ollaban ao lonxe tristes e impotentes. Desde os labradíos e toxais pescudaban, logo de deixar eixadas e traballos. Ao pouco, gardáronse nas casa e, dentro delas, seguiron a palpexar os seus corazóns trementes. Os cans, tamén andaban agachados, para que non lles dese por ladrar. Despois do estrondo da balaceira, veu un longo silencio, do que tamén quedaron ausentes os cantos dos pax...

TODO POLA PASTA!

Imaxe
A rexión das chairas costeiras, perderon casi un tercio da primeira capa superior do chan, desde o inicio da masacre do búfalo. As investigacións, tamén suxiren, que a ausencia de pastos nativos, conduce a que a capa superficial do solo se erosione, o que provoca quebranto da estructura capilar de auga e nutrientes, quedando a terra en forma de pó solto na superficie, favorecendo a erosión e a creación de ventiscas negras na década de 1930. A finais do XIX o continente americano estaba nun estado de ruina total en canto a renovación das suas riquezas naturais, comprometendo o seu equilibrio ecolóxico. Encamiñándose a extinción integral da maior parte dos representantes da gran fauna e a degradación irreversible de diversos hábitats, e por conseguinte a desaparición de numerosas especies constitutivas da flora e da microfauna. O bisonte americano (Bison bison) das inmensas chairas entre Canada e México, podemos distinguir duas fases na destrucción desta especie. A primeira abarca ...

MUNICIPAIS DO 31 (1)

Imaxe
Concello de Noia na Segunda República. 1930 30 de Xaneiro: Renuncia de Miguel Primo de Rivera como Presidente do Goberno. 10 de Febreiro: O Ditador abandona o territorio español rumbo a París (Francia). 25 de Febreiro: Restablécense as liberdades co goberno do Xeral Berenguer (Xefe da Casa Militar de Alfonso XIII). Xermán Vidal Barreiro (Noia 1892/Concepción-Chile 1960), Alcalde de Noia 1931-36. En Noia, sustitúese a Corporación Municipal dirixida por Ramón Mariño Neu, por outro afín ó réxime caído. 16 de Abril: O concello provisional presidido polo alcalde interino Felipe Túñez Fabeiro, elixen como novo alcalde provisional de Noia a Xermán Vidal Barreiro. 2 de Maio: O concello aproba a realización dun proxecto para a construción da Ponte de San Lázaro. 30 de Maio: Instálase o alumeado eléctrico no Malecón de Gasset. 27 de Agosto: A miscelanea de partidos políticos definidamente republicanos, se coordinan en San Sebastián para proclamar a nova República. 30 de Setem...

ZEUS, DEUS DE DEUSES

Imaxe
Zeus, fillo de Cronos e Rea. Cronos consultando o oráculo, reveloulle que tería un fillo máis famoso que él. Por ciumes, díxolle a Rea que cada vez que tivera un fillo que llo levara para devoralo. A Zeus ocultoullo, no seu lugar doulle unha pedra envolta nun pano ... e colou!. Soberano do Olimpo. Un deus con moitas calidades ademirables, contrarrestadas polo seu carácter rancoroso e o seo insaciable desexo carnal. Na súa manifestación coa forma de home maduro irradia sabedoría e compaixón, pero a mera visión dunha muller atractiva é suficiente para facerlle crebar as súas propias leis. Deméter, irmán maior de Zeus. Deusa da agricultura e protectora do matrimonio e a lei sagrada. Despois dunha xuventude difícil, alcanzou a supremacía no Olimpo a base de valor e astucia, estabelecéndose como árbitro supremo dos deuses e os homes. Protexe todas as leis e sistemas morais, mortais ou divinos, é a orixe de todo o ben e o mal. Interésase polos pobres e cativos, polos prisioneiros e ...