Publicacións

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (1/4)

Imaxe
Louis Michel (1830-1905), educadora, poeta e escritora anarquista francesa. Figura destacada na dinamización e xestión da "Comuna de París". Enarbolou a bandeira negra, convertindoa na cor representativa do movemento anarquista. Este carácter coraxudo, doulle o álias de "A Virxe Roxa": "O Poder está maldito, por eso son Anarquista". Acompañamento musical para a lectura a cargo do «Rei do Swing»: "Benny Goodman". CANDO OSWALD SPENGLER NACEU ... Cando Oswald Spengler nace o 29 de maio de 1880 en Blankenburg (Alemaña) -falece o 8 de maio de 1936, Múnic (Alemaña)-, Otto von Bismarck (1815-1898), nomeado primeiro ministro-presidente e caudillo de Prusia no 1862, viña de conquistar e unificar Alemaña a «Blur and Eisen» (Sangue e Fogo), poñendo fin á ditadura de Luís Napoleón Bonaparte -Napoleón III, 1852-1870- (Guerra Franco-Prusiana, 1870-71). Otto von Bismarck, proclámase emperador de Alemaña nunha gran cerimonia no Palacio de Versalles (Francia)...

FESTAS PATRONAIS 1948 / 50 ANIVERSARIO DE LOIS CADARSO REI / SONETO AO BERBERECHO + ...

Imaxe
Familia do Capitán de navío Lois Cadarso Rei (1896). De esquerda a dereita: Petronila Sevigne (terceira dona) e os fillos: Carmen, Natalia, Demetrio (froito do 1º matrimonio no 1870 coa noiesa Demetria Andrés e Curiel; morto tamén no Cavite), Emilio e Lois Cadarso Rei. A BATALLA DO CAVITE (FILIPINAS) O 1 de Maio de 1898 o capitán de navío Lois Cadarso Rei (Noia, 24/11/1843 – Cavite (Filipinas), 1/05/1898), xunto co seu fillo Demetrio Cadarso, alferez de navío que formaba parte do continxente militar no mesmo cruceiro que o seu Pai, falecen en combate nas augas da baía filipina de Cavite, comandando o cruceiro Reina María Cristina: "casco de madeira deseño antigo, construído facía 13 anos, con 3 pezas por costado de 16 cm., tendo que manobrar para usar todas as súas baterías dispoñible, facendo un total de 6 pezas de artillería"; defendendo as últimas colonias do vasto imperio español, contra a moderna escuadra norteamericana do almirante Dewey. O almirante Dewey dirixía a...

GACETA MUNICIPAL - 13 AGOSTO 1931

Imaxe
Rúa de Galicia, na dereita destaca o edificio da Sociedade Casino co toldo posto, como un "baixo palio" de privilexio. A esquina desa liña de casas, o futuro Café Avenida en construción. 14 de Marzo de 1931: Con motivo do oitenta aniversario da fundación do Casino, celébranse bailes, e unha banda de música toca pola rúa. No Certame Literario celebrado, obtivo o primeiro premio e tamén o segundo, Juán López Medina, con “Honremos a Vellez” e “De Abolengo” respectivamente. Celebrouse unha velada artística dirixida polo socio Xosé Paz Ortiz. En música galega actuaron por este orde: 1º- “Galicia” de Paz Carvajal, cantada polo Coro do Casino; 2º- “Os teus ollos” de Chané, por María Oviedo; e 3º- “Como foi” de Bardomir, cantada por Xosé López. En castelán, 1º- “Dúo da Africana”, por Saladina Leiceaga e Xeneroso Souto; 2º- “A Indiana”, dúo formado por María Oviedo e Xosé López; e 3º- “Bohemios”, cantada polo Coro. Sendo presidente da Sociedade, Ramón Varela Riva. A estas festas,...