Publicacións

CATALINA DE ERAUSO, A MONXA ALFÉREZ (I/III)

Imaxe
Dona Catalina de Alférez, coa golilla, o alzapescozo de ferro e o coletillo de "ante mal atacado", de aspecto viril, militar e aspro, de persoalidade pouco conciliante. "Esta é a historia de un ser de outro mundo, dun animal de galaxia, é unha historia que ten que ver co curso da Vía Láctea, é unha historia enterrada, é sobre un ser da nada", canta Silvio Rodriguez no tema da “Canción do Elexido” referíndose ó Che Guevara, e que encaixan coma unha luva en Catalina de Erauso. Catalina de Erauso convértese en home a edade de quince anos por pura supervivencia. A súa vida como muller lle foi negada, cando a familia decide ingresala no convento para convertila nunha novicia máis. Recibe unha "educación espartana", en condicións de clausura conventual, pasando "de nena a ancián" sen experimentar o tempo de xuventude, onde forxa unha persoalidade irreductible e única, allea ós valores educativos tradicionais da época. O seu corpo convertido nun car...

GACETA MUNICIPAL - 7 AGOSTO 1931

Imaxe
Entre as primeiras envasadoras figuran a de Alexandre Carreño e Cia (1856) e "A Noiesa" de Félix García Somoza Caamaño e Irmán (1880). No Anuario de Pesca do 1908 se contabilizan 4 conserveiras en Noia, cunha produción de 152 toneladas. Nese momento, primeira década do século XX, estase a producir un cambio nas formas de produción, na liña coa explotación capitalista. A nova burguesía salazoneira, agora conserveira, que abastece ó imperio Inglés e Alemán, basea o seu proxecto industrial liberal, cunha forte división sexual do traballo. O dono da conserveira, quítalle un bo rendemento, a precariedade histórica da muller, acentuado cunha escasa regulación do traballo feminino, permitindo a consolidación e crecemento da industria conserveira, até a actualidade. No 1917 se produce un incendio na fábrica de conservas "A Noiesa". Se restaura e prosigue a súa produción. Na década dos trinta, a sobrexplotación do peixe para conserva, agota este recurso. Comenza a divers...

GACETA MUNICIPAL - 31 XULLO 1931

Imaxe
O Baile da Regueifa nalgún lugar preto de Noia a principios do 1904. O cerimonial de vodas en Galicia foi riquísimo. Hoxe está practicamente perdido. O normal era que, aínda aceptando certas constantes, variase duns lugares a outros. Principia polos regalos que se facían os noivos; o home recibía da muller o traxe completo de pana, chaleque e leontina, medias e a inmaculada camisa, sobre todo ... Ele entregáballe a muller unha saia de estemeña ou armur, un pano de merino, unha blusa con adobios de veludo e azibache ... Disparos de foguetes e ate armas de fogo recibían ao cortexo da aldea. Había un gran rebumbio no lugar pois ninguén quería perder o espectáculo da cabalgada que facían os noivos e os pais, padriños e convidados O mozo que ia buscar a "verdasca" -vara verde que acostuman a levar os pastores do monte- cruzaba a comitiva coa súa cabalería adobiada de lazos e fitas de cores na cabeza e nas crins, e por alí andaba o Sr. Xuiz Municipal e o gaiteiro, que tiña que toc...