Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2020

SERVIDUME VOLUNTARIA (IV/IX)

Imaxe
Era o «Discurso» no seu tempo, un texto moi ousado e vixente aínda hoxe en día. Morreu novo Étienne, pero tivo tempo para escribir sonetos, traducir a Xenofonte e Plutarco, e mesmo para tentar mediar nas guerras relixiosas que opuñan en Francia a católicos e protestantes. Hai tres especies de tiranos. Refírome aos malos príncipes. Chegan uns ao poder por elección do pobo, chegan outros pola forza das armas, e outros sucedendo aos da súa raza. Os que arriban ao poder polo dereito da guerra, pórtanse coma quen pisa térra conquistada. Os que nacen reis, as máis das veces, non son mellores; nacidos e criados no sangue da tiranía, tratan os pobos en quen mandan, coma se fosen os seus servos hereditarios; e, conforme ó carácter ao que son máis dados, avaros ou pródigos, así fan do reino o que fan, con outra herdanza calquera. Aquel a quen o pobo fixo monarca, debería ser máis soportable; e seríao, ao meu ver, se desde o momento en que se ve colocado en altos postos e colléndolle o gus...

XOFRE: COMIC GALEGO

Imaxe
Portada de Xofre de Miguelanxo Prado. Subtitulado "historieta galega", naceu en 1979 en Santiago por iniciativa de varios debuxantes entre os que se atopaban históricos da banda deseñada galega coma Miguelanxo Prado, Xoan López Domínguez ou Fran Jaraba. Unicamente contou cun número. É coñecido como o primeiro fanzine de banda deseñada galega, con portada a dúas cores e tamaño A5. A primeira revista de Historietas en Galego Data da súa Distribución: 17/05/1979 Imprenta: Imprenta Minerva Lingua: Galego Formato: Caderno – Grapa Tamaño: 24,5 x 17 cm – 44 páxinas Color: Bicolor (portada) – B/P (interior) Autores: Portada: Miguel Anxo Prado Contraportada: Fran Jaraba Ilustradoras: Anselmo Lamela, Fran Jaraba, María B., Miguel A. Prado Humorista Gráfica: Suso T. Historietista: Alvarito, Fran Jaraba, Lázaro, López Domínguez, Loquis Guionista: Euxenia López Meirama Dibuxante: Miguel A. Prad...

SERVIDUME VOLUNTARIA (III/IX)

Imaxe
Para que o traballo dos esclavos chegue a ser a modalidade de producción dominante de toda unha sociedade, requírese un incremento todavía maior da producción, do comercio e da acumulación da riqueza. Nas antigas comunidades naturais, con propiedade común do territorio, a esclavitude non existe ou só ocupa un lugar de segundo orden. É o que sucedía na Roma primitiva: "cidade campesina". En troques, cando Roma se transforma na “cidade universal” e a propiedade agraria dos itálicos, caeu cada vez máis, en mans dunha clase pouco numerosa de propietarios enormemente ricos, entón a poboación campesiña foi suplantada por unha poboación de esclavos. (“A Orixen da Familia”, Friedrich Engels-1820/1895). O "Discurso sobre a Servidume Humana" foi escrito en 1548. Pasou de man en man por sectores ligados á política, filósofos e escritores de renome. Foi publicado 25 anos despois. O texto de La Boétie, valora a cuestión da lexitimidade de calquera autoridade sobre un pobo e a...

GACETA MUNICIPAL - 4 SETEMBRO 1931

Imaxe
Imprenta de Severo Loroño -a esquerda con boina, leendo en espello a caixa para correxir un erro-, moi parecida a do seu Pai, Severiano Loroño. Imprenta tipográfica (cada páxina de texto era composta con tipos, cada tipo era unha letra, un punto ou un espacio) e monobloque (cada folla era metida a imprimir e retirada impresa manualmente) - Foto de Manuel Arufe, alias "Manolo da Lus", na década dos sesenta. Cuando, en cumplimiento de la Ley de Imprenta, se persona el cronista en las oficinas municipales para hacer entrega de tres ejemplares de La Gaceta, sele ofrece de cuando en vez algún incidente pintoresco. El otro dia fué con Pedro. Previo el saludo corriente entre gente de buena crianza, entrego el cronista los tres ejemplares prevenidos, y Pedro se puso a leer uno de ellos. Pasaron por la mente del cronista aquellos tiempos indignos en que los escritores estaban amordazados por la previa censura, mientras Pedro, creyéndose censor, continuaba entregado a la lectura. En...