Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

SERVIDUME VOLUNTARIA (IV/IX)

Imaxe
Era o «Discurso» no seu tempo, un texto moi ousado e vixente aínda hoxe en día. Morreu novo Étienne, pero tivo tempo para escribir sonetos, traducir a Xenofonte e Plutarco, e mesmo para tentar mediar nas guerras relixiosas que opuñan en Francia a católicos e protestantes. Hai tres especies de tiranos. Refírome aos malos príncipes. Chegan uns ao poder por elección do pobo, chegan outros pola forza das armas, e outros sucedendo aos da súa raza. Os que arriban ao poder polo dereito da guerra, pórtanse coma quen pisa térra conquistada. Os que nacen reis, as máis das veces, non son mellores; nacidos e criados no sangue da tiranía, tratan os pobos en quen mandan, coma se fosen os seus servos hereditarios; e, conforme ó carácter ao que son máis dados, avaros ou pródigos, así fan do reino o que fan, con outra herdanza calquera. Aquel a quen o pobo fixo monarca, debería ser máis soportable; e seríao, ao meu ver, se desde o momento en que se ve colocado en altos postos e colléndolle o gus...

XOFRE: COMIC GALEGO

Imaxe
Portada de Xofre de Miguelanxo Prado. Subtitulado "historieta galega", naceu en 1979 en Santiago por iniciativa de varios debuxantes entre os que se atopaban históricos da banda deseñada galega coma Miguelanxo Prado, Xoan López Domínguez ou Fran Jaraba. Unicamente contou cun número. É coñecido como o primeiro fanzine de banda deseñada galega, con portada a dúas cores e tamaño A5. A primeira revista de Historietas en Galego Data da súa Distribución: 17/05/1979 Imprenta: Imprenta Minerva Lingua: Galego Formato: Caderno – Grapa Tamaño: 24,5 x 17 cm – 44 páxinas Color: Bicolor (portada) – B/P (interior) Autores: Portada: Miguel Anxo Prado Contraportada: Fran Jaraba Ilustradoras: Anselmo Lamela, Fran Jaraba, María B., Miguel A. Prado Humorista Gráfica: Suso T. Historietista: Alvarito, Fran Jaraba, Lázaro, López Domínguez, Loquis Guionista: Euxenia López Meirama Dibuxante: Miguel A. Prad...

SERVIDUME VOLUNTARIA (III/IX)

Imaxe
Para que o traballo dos esclavos chegue a ser a modalidade de producción dominante de toda unha sociedade, requírese un incremento todavía maior da producción, do comercio e da acumulación da riqueza. Nas antigas comunidades naturais, con propiedade común do territorio, a esclavitude non existe ou só ocupa un lugar de segundo orden. É o que sucedía na Roma primitiva: "cidade campesina". En troques, cando Roma se transforma na “cidade universal” e a propiedade agraria dos itálicos, caeu cada vez máis, en mans dunha clase pouco numerosa de propietarios enormemente ricos, entón a poboación campesiña foi suplantada por unha poboación de esclavos. (“A Orixen da Familia”, Friedrich Engels-1820/1895). O "Discurso sobre a Servidume Humana" foi escrito en 1548. Pasou de man en man por sectores ligados á política, filósofos e escritores de renome. Foi publicado 25 anos despois. O texto de La Boétie, valora a cuestión da lexitimidade de calquera autoridade sobre un pobo e a...

SERVIDUME VOLUNTARIA (II/IX)

Imaxe
Etienne de La Boétie (1530-1563) estudiou desde moi novo os clásicos gregos e latinos, e aos 18 anos publicou o seu “Discurso contra a Servidume Voluntaria”. Cando Montaigne soubo do texto, quedou estupefacto da ousadía e calidade do autor. Considerou, porque era un “home de Estado”, moi dificultoso prefaciar ao seu amigo Étienne. Dispóñanse dun lado, cincuenta homes armados e outros tantos do outro; póñanse en orde de batalla, dispostos para o combate, sendo uns libres e loitando pola liberdade, mentres os outros tentan arrebatarlla aos primeiros: a cales deles se atribuirá a vitoria?. Cales deles irán para a loita con maior entusiasmo: os que, en recompensa deste traballo recibirán o premio de conservar a liberdade ou os que, dos golpes que deren ou recibiren, esperan unicamente a servidume?. Os primeiros, teñen constantemente diante dos ollos, a felicidade da súa vida pasada, e a esperanza de podela conservar no futuro. Preocúpalles menos o que teñen que sufrir no decurso da ba...

NÓS, OS IRRELEVANTES

Imaxe
«Entre trancas e barrancas, / entre o pozo de Ferpilleira e Taramancos, / está enterrado o pozo de sete reinados». Lenda recollida entre veciñas de Taramancos, que fala dunha cidade asulagada, na que se agocharía ouro para quen a conseguise desencantar; o desencantador, precisaría dunha verba máxica e acadaría o posto de Rei. A construción da variante de Noia, que une a estrada VAP9 Brión-Noia coa SC-550 entre Noia e Taramancos , deu pé á descuberta, preto deste lugar, dun importante xacemento arqueolóxico. Os restos dun poboado que presumiblemente estivo ocupado dende a Idade do Ferro ata época romana, vencellado á explotación marisqueira (a xulgar polos depósitos dos seus cuncheiros), e o que é máis curioso, sen ningunha evidencia de murallas ou defensas de ningún tipo, como cabería agardar dun hábitat castrexo. O "sorprendente xacemento", foi escavado no verán do 2011, pero a Xunta de Galicia destruíuno e sepultou os seus restos debaixo do piche. A escusa é que, segun...