Publicacións

COViD-19: PANDICULARSE DA PANDEMÓNIUM

Imaxe
A verba "pandicular” quere dicir «espreguizar ou desperezar», e estaba situada preto da verba "pandemónium" ó consultar o dicionario. O "pandemónium" é o «lugar onde hai moito ruído e confusión», e tamén é «a capital imaxinaria do reino infernal», que foi no que converteron ao Planeta, a "industria farmacéutica capitalista" durante a pandemia. Actualmente o principal problema da humanidade é o cambio climático e a crises ecolóxica. No polo oposto se sitúan os discursos da corrente chamada «conspiranoica», que considera que a chamada "pandemia" é o asunto máis transcendente que temos entre mans e que obedece a un plan das elites, para establecer un réxime mundial autoritario: Novo Orde Mundial (NOW). A corrente «conspiranoica», está asociada a grupos de ultradereita, movementos relixiosos ou espiritualidades «New Age», que transmiten que o cambio climático, como a Covid, son escusas para estender e xeneralizar o "medo", que per...

XARINGUEIRA - XARXA - SARXA : SALVIA (cast.)

Imaxe
Se dispós de salvia na túa horta ou xardín estarás beneficiando ás abellas veciñas. As flores azul violáceas distribúense formando unha espiga e son moi ricas en néctar. É unha beleza observalas con detalle: son cápsulas perfectamente deseñadas para que a abella se pouse nelas, e, mentres penetra no seu interior, os estames deixan o pole no seu lombo. Unha enxeñería evolutiva perfecta. O seu nome é unha declaración de intencións, deriva do latín “salvare”. No século XIV, entre os médicos da Escola de Salermo, preguntábanse extranados: “Por qué morre a persoa que ten sarxa no xardín?”; resolvendo coa razón: “Por que ningunha herba do xardín é o bastante forte contra a morte”. A sarxa non da a inmortalidade, pero permite vivir con saúde o tempo que podamos pasar sobre a terra. Pedanio Dioscórides O SABER DAS PLANTAS Na Galiza temos indicios do uso de plantas alucinóxenas da familia das Solanáceas (tomates, berenxenas, pementos, chiles, …) a finais do Neolítico, polo análise do soport...

CATALINA DE ERAUSO, A MONXA ALFÉREZ (II/III)

Imaxe
Catalina nin foi monxa, nin madureceu muller. Cando fuxiu da clausura conventual con quince anos aínda era noviza. Cunha excelente formación humanística e de xestión persoal, moi superior á formación media a esa idade, da sociedade de calquera tempo. Dominaba o latín, vasco e castelán, lido e escrito, ca particularidade de que a humillación redutora educativa da muller, non foi exercida directamente polos seus pais, senón polas monxas, as “médiums” de Deus na Terra e o apoio dunha tia tamén monxa. Pronto decatouse de que socialmente era máis importante a superstición da credencia en Deus, que a propia realidade. A determinación de transformarse en home, "no home máis bizarro da historia humana", foi coa dignidade de superar o efecto castrante de que lle asignaran un papel de monxa de por vida, e poder experimentar a vida, sen as limitacións asociadas a muller. Xunto a brutal realidade colonizadora, que establecía as reglas deste xogo macabro, fixo que madurecera como hom...