Publicacións

PESTES EN NOIA 1854

Imaxe
“A situación non era dunha poboación desnutrida e propensa a enfermar ou sufrir endemias. A economía pesqueira e as súas actividades complementarias proaban por sendeiros de prosperidade, en tanto as colleitas dos anos precedentes foran satisfatorias. Nada facía presaxiar a calamidade que se cerniu nos barbanzáns no 1854. E sen embargo, chegou o desastre”. (Bravo Cores 1990) 1854 : Con motivo da "peste" e enterada a Xunta Municipal de Sanidade de que algunhas lanchas saíran a por ostra e marisco, acordouse que a Garda Civil e Carabineiros impedisen o atraque en porto desta fauna mariña: "... pois nas Circunstancias na que se atopa a saúde pública do Distrito, sería altamente perxudicial que se consumiran tales alimentos". 23/08/1854 : A primeira víctima da cólera morbo asiática foi Dominga Fernández, era solteira e vivia na Praza da Fanaqueira. Foi seguida por Pascua Agrafoxo, Benita Patiño, Marco San Martín, Manuel Pardiñas, Melchor Carril, M. Axeitos e Patrici...

MUNICIPAIS DO 31 (1)

Imaxe
Concello de Noia na Segunda República, actualmente é o Instituto de Ensino Medio «Virxe do Mar». 1930 30 de Xaneiro: Renuncia de Miguel Primo de Rivera como Presidente do Goberno. 10 de Febreiro: O Ditador abandona o territorio español rumbo a París (Francia). 25 de Febreiro: Restablécense as liberdades co goberno do Xeral Berenguer (Xefe da Casa Militar de Alfonso XIII). Xermán Vidal Barreiro (Noia, 9/10/1892 - Concepción-Chile, 13/05/1960). Político e avogado. Casou en 1924 con Eladia Pereira Miranda . Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Simpatizante e amigo de José Calvo Sotelo; a mediados dos anos vinte nomeárono concelleiro de Noia. Nomeado alcalde provisional polo alcalde interino o 16/04/1930. Integrado na Unión Monárquica Nacional (UMN) presentouse ás eleccións municipais do 31 de maio de 1931 (despois da impugnación das do 12 de abril) e elixírono alcalde; manifestou o seu apoio á República e integrouse no Partido Republicano Radical (P...