RUTH MATILDE ANDERSON EN NOIA - 1924 e 1926
De camiño pasamos onda o Hospicio do Espirito Santo, sobre cuxa porta estaba esculpida en baixorelevo a representación máis antigua coñecida do escudo de Noia, a arca a cabalo das ondas e a pomba voltando coa súa pola de oliveira. Un gardia civil explicounos o seu significado: Noia foi fundada polo patrón da arca, o mesmísimo Noé!. A lenda asegura, ademáis, que por riba de fundar a Vila, quedou a vivir nela seis ou sete anos, para asegurarse de que tiña un bon comezo. CRÓNICA DE RUTH MATILDA ANDERSON NA GALIZA O 7 de agosto de 1924, dous pasaxeiros americanos do SS Roussillon desembarcaron en Vigo. Houbo problemas á hora de presentar a equipaxe na aduana. Trouxeran moitas caixas co equipo fotográfico e ninguén sabía como as gravar. Logo de confusas disputas, os axentes chamaron o seu superior, quen solucionou o tema aplicando os impostos en función do peso. Deste xeito, Ruth Matilda Anderson (1893-1983) e o seu pai, Alfred T. Anderson, comezaron unha extraordinaria viaxe fotográfi...