Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2023

FESTAS PATRONAIS 1948 / 50 ANIVERSARIO DE LOIS CADARSO REI / SONETO AO BERBERECHO + ...

Imaxe
Familia do Capitán de navío Lois Cadarso Rei (1896). De esquerda a dereita: Petronila Sevigne (terceira dona) e os fillos: Carmen, Natalia, Demetrio (froito do 1º matrimonio no 1870 coa noiesa Demetria Andrés e Curiel; morto tamén no Cavite), Emilio e Lois Cadarso Rei. A BATALLA DO CAVITE (FILIPINAS) O 1 de Maio de 1898 o capitán de navío Lois Cadarso Rei (Noia, 24/11/1843 – Cavite (Filipinas), 1/05/1898), xunto co seu fillo Demetrio Cadarso, alferez de navío que formaba parte do continxente militar no mesmo cruceiro que o seu Pai, falecen en combate nas augas da baía filipina de Cavite, comandando o cruceiro Reina María Cristina: "casco de madeira deseño antigo, construído facía 13 anos, con 3 pezas por costado de 16 cm., tendo que manobrar para usar todas as súas baterías dispoñible, facendo un total de 6 pezas de artillería"; defendendo as últimas colonias do vasto imperio español, contra a moderna escuadra norteamericana do almirante Dewey. O almirante Dewey dirixía a...

GACETA MUNICIPAL - 13 AGOSTO 1931

Imaxe
Rúa de Galicia, na dereita destaca o edificio da Sociedade Casino co toldo posto, como un "baixo palio" de privilexio. A esquina desa liña de casas, o futuro Café Avenida en construción. 14 de Marzo de 1931: Con motivo do oitenta aniversario da fundación do Casino, celébranse bailes, e unha banda de música toca pola rúa. No Certame Literario celebrado, obtivo o primeiro premio e tamén o segundo, Juán López Medina, con “Honremos a Vellez” e “De Abolengo” respectivamente. Celebrouse unha velada artística dirixida polo socio Xosé Paz Ortiz. En música galega actuaron por este orde: 1º- “Galicia” de Paz Carvajal, cantada polo Coro do Casino; 2º- “Os teus ollos” de Chané, por María Oviedo; e 3º- “Como foi” de Bardomir, cantada por Xosé López. En castelán, 1º- “Dúo da Africana”, por Saladina Leiceaga e Xeneroso Souto; 2º- “A Indiana”, dúo formado por María Oviedo e Xosé López; e 3º- “Bohemios”, cantada polo Coro. Sendo presidente da Sociedade, Ramón Varela Riva. A estas festas,...

GACETA MUNICIPAL - 10 AGOSTO 1931

Imaxe
O Río Traba bañando o "Pozo das Pombas" . Conta a lenda, que as laxes mergulladas polas augas do río Traba nas inmediacións da fonte da Pedrachán, forman un pozo profundo que se prolonga en forma de túnel baixo as augas do río e que vai dar a Fortaleza do Tapal. A proclamación da II República significou o desenvolvemento en toda a Galiza dun denso tecido asociativo, que se foi completando ao longo do período republicano. A CNT, sometida a persecución nos períodos anteriores ao 14 de abril de 1931, foi probablemente a central sindical que tivo un crecemento máis rápido e intenso. Neste sentido, para a zona de Lousame é importante sinalar a aparición do Sindicato de Oficios Varios da CNT de Noia en maio de 1932, que representou un primeiro chanzo para a expansión da Confederación na bisbarra, en colaboración co antigo sindicato mariñeiro “La Protección Obrera de Porto do Son”, fundado en 1901 e que, despois de moitos anos de traxectoria na UGT, viña de incorporarse á CNT nos ...