A CREBA
Desembocadura do río Tambre. A Creba é o illote que se ve a esquerda. Plinio a situaba nos pobos Tamaricos dicindo que nela se atopan as famosas Aras sextianas, feito que parece corroborar Carré Aldao ao dicir: “que as tan discutidas Aras sextianas, torques de ouro e fíbulas preciosas apareceron por estes paraxes e foron a enriquecer as colecciones soberbias do Sr. Blanco-Cicerón”. Na Historia Compostelana relátase como os piratas-sarracenos e normandos (vikingos), instalados na illa asolaban frecuentemente a costa provocando que os nativos abandonasen as súas casas a comenzos da primavera ate mediados do outono refuxiándose nos montes próximos. Alvaro das Casas escribe: Que a últimos do século XI, os Almorávides fixeron incursións polos alrededores da Vila de Noia, no ano 1.115 dominaron a illeta da Creba, cerca da desembocadura do Tambre, arrasando a Vila de Noia” A Creba é unha pequena illa, duns trescentos metros de lonxitude e algo máis de cen de anchura. En tempos os pescadores...