Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2021

LIMITES PLANETARIOS

Imaxe
Cada ano, cada cidadán norteamericàn gasta unha media de 16 toneladas de minerais e combustibles fósiles. Se multiplicamos esta cifra pola poboación de Estados Unidos (270 millóns) obtemos unha cantidade de toneladas tremenda. Peor aínda: en todo o mundo desenrolado, o consumo crece a par do crecemento económico, en torno o 3%- Esta cifra, aparentemente inocente, non o é: significa que dentro de 23 anos consumiremos o dobre que agora (2002, ano de publicación de "Biografía da Terra", libro do que se extrae o presente artículo). E o mesmo sucede co resto dos recursos, coas consecuencias previsibles: destrución das reservas de peixe, talas (e incendios) desmesuradas, ou extracción cada vez maior das augas subterráneas. Estes últimos recursos levan a tranquilizadora etiqueta de renovables, pero só ate certo punto: superado este, pasan a ser tan agotables como o petróleo ou o cobre. 1972_CLUB DE ROMA: CRECEMENTO CERO. A principios da década de 1970, un grupo de educadores, ec...

SERVIDUME VOLUNTARIA - V/IX

Imaxe
QUINO O “Discurso sobre a Servidume Voluntaria” ou “O Contra Ún”, é unha breve requisitoria de 18 páxinas contra o absolutismo, que sorprende pola súa erudición e solidez, xa que quen o escribiu, só tiña 18 anos de idade. Cando Michel de Montaigne leeu esta obra, inmediatamente quixo coñecer ó autor. De este encontro, nace unha amizade, que remata coa temprana morte de La Boétie. Hai tres especies de tiranos. Refírome aos malos príncipes. Chegan uns ao poder por elección do pobo, chegan outros pola forza das armas, e outros sucedendo aos da súa raza. Dignos de lamentación, son os que naceron coa canga ao pescozo. Deben ser desculpados e perdoados, pois, nunca tendo visto sequera a sombra da liberdade e ninguén lla teña mostrado, non saben como é de malo seren escravos. Hai países en que o Sol aparece de modo distinto a como estamos habituados: despois de brillar durante seis meses seguidos, quedan mergullados na escuridade, e non os visita en medio ano; se os que naceron durante...

CANSIÑO PRADAIRO

Imaxe
Hai 5 tipos diferentes de especies: o de Gunnison, de Rabo-branco, de Rabo-preto, o Mexicano e o de Utah. Todas estas especies, que comparten o xénero biolóxico dos esciuridos, primos das marmotas e os esquiús (ardillas), localízanse en América do Norte, distribuidas dende o norte de México ata Canadá. VIDA COMUNITARIA Os cansiños pradairos comezan as súas actividades no albor do día, pasándose varias horas alimentándose da vexetación, facéndolle a manicura a paisaxe, toman o sol no seu montículo e acicálanse entre eles, quitándose os parasitos (pulgas e carrapatas). A maioría métese na tobeira protexéndose das horas de calor do día, reaparecendo un rato ó atardecer e retíranse a durmir cando se fai de noite. Nas horas de vixilia adícanse a vixiar a paisaxe por si aparece algún depredador: teixóns, coiotes, raposos, furóns, linces, serpes de cascabel, aguias e falcóns. Cando algún depredador é avistado entrando na colonia, dáse a voz de alarma. Algunhas especies de cansiños pradair...