Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

«A TODO O QUE NON PENSE COMA NÓS»

Imaxe
O proxecto reformista da República do 31 non fracasou, senón que o fixeron fracasar e destruír os únicos culpables, que foron os militares africanistas nacionais, que se ergueron en armas o 18 de xullo de 1936 contra o goberno lexítimo, e o unilatreal apoio da "igrexa católica, apostólica e románica" que a declaraba "Guerra Santa", invocando a unha igrexa inquisitorial moi afín a executar a todo aquel que pense diferente, ou dispoña dun atisbo de dignidade. Durante os escasos cinco anos da República, o desenrolo das autonomías favoreceu a estabilidade territorial, acadando un maior consenso político, proba da súa eficacia, obsérvase en que serviu de modelo para outros países nas posteriores décadas. A nivel educativo: Créanse as Misións Pedagóxicas , encargadas de difundir a cultura xeral, a moderna orientación docente e a educación cidadán nas aldeas, vilas e lugares, con especial atención a os intereses espirituais da poboación rural; aprobación do decreto que...

OLIMPIADAS BERLÍN 1936 EN DOUS DISPAROS

Imaxe
Wolfgang Fürstner (4 de abril de 1896/19 de agosto de 1936). AS OLIMPIADAS COMO AGASALLO DOS ALIADOS COA REPÚBLICA DE WEIMAR No 1931, Alemaña é elixida para acoller as Olimpíadas. Foi un xesto co que pretendíase agasallar o traballo de conciliación de posguerra, readmitíndose ó País na familia das nacións. Logro póstumo de Gustav Stresemann (Berlín, 10 de maio de 1878-Berlín, 3 de outubro de 1929). Hitler é nomeado Chanceler a finais de xaneiro do 1933, e as Olimpiadas constituían un desafío e unha oportunidade, a partes iguais. Podendo mostrar ó mundo a nova Alemaña, dirixida polo seu gran líder en concilio co "capitalismo armamentístico", e mostrar o seu "pacifismo" e potencial como "raza" dun "novo mundo". Proposta músical para acompañar a lectura, do album «Existence (Nova Concepción do Jazz)» de Bugge Wesseltoft. O nazismo enfocouse nos preparativos, todo tiña que ser xigantesco en resposta tamén ante a "soberbia stalinista" d...