Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2022

SERVIDUME VOLUNTARIA (IX/IX)

Imaxe
Co discurso IX complétase o “Discurso contra a Servidume Voluntaria” que Etienne Da Boétie (1530-1563) escribe en 1548 ós dezaoito anos de idade. Contemporáneo de Montaigne, este quedou sorprendido da ousadía e calidade do autor, así o aseguraba no prefacio da súa publicación 25 anos despois. O discurso tamén se coñece como «O Contra Un», porque o tirano que desarraiga a sociedade da terra, da liberdade, destrúe a amizade e desterra o pluralismo, saqueando as fronteiras, acadando os redutos da intimidade humana: «É difícil crer que haxa algo de público, neste goberno no que todo é de un» , afirma Etienne. Parecendo así, que a “rex pública (o ben común)”, é suplantada pola pretensión particular, subxectiva, de quen se arroga ser dono da representación da cidadanía. Esta defensa do goberno das leis, que alcanza a mesma conclusión a que chegou Platón, cando as circunstancias o obrigaron a renunciar a práctica da utopía, convén que non caia no esquecemento. A verdade é que o tirano nin...

HISTORIA DE GRISÓSTOMO E MARCELA

Imaxe
Miguel de Cervantes Saavedra (Alcalá de Henares 1547- Madrid 1616) tamén coñecido polo “Manco de Lepanto”, por participar nesta batalla entre a forza naval otomana e a Liga Santa, coa victoria da Liga Santa, onde Cervantes foi ferido no peito e nun nervio da man esquerda, perdendo o uso dela. As imáxenes que podemos ver de Cervantes, non foron feitas ningunha delas en vida do autor, algunha está baseada na descripción que fai de si mesmo no prólogo de Novelas Exemplares (1613). SÉQUITO MORTUORIO DE GRISÓSTOMO, CURIOSAMENTE ENTRE ELES DON QUIXOTE CURIOSO. Comeza o Capítulo XIV do primeiro libro de Don Quixote, co recitado da “Canción Desesperada de Grisóstomo” por Vivalvo, que ía no grupo de Don Quixote e outros pastores que asistían curiosos ó enterro do pastor Grisóstomo que morreu de pena e desamor de Marcela. Por deseo póstumo de Grisóstomo, a súa tumba será no mesmo lugar onde declarou o seu amor a Marcela e esta o desenganou e desdeñou, así o aseguraba o seu amigo Ambrosio q...