Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2021

GACETA MUNICIPAL - 18 SETEMBRO 1931

Imaxe
Muller cun carro ateigado de madeira. Esta vella enxuta non me permitia que a retratase, pero ao final parouna un home e conseguín facerlle unha foto aceptable. Levaba un sombreiro de palla claro sobre un pano negro, manto negro, saia negra e calzado con sola de madeira. As pernas, sen medias, víanse encarnadas e en carne viva (Ruth Maltilde Ánderson, outubro de 1924). A GACETA MUNICIPAL A Gaceta Municipal mantén informada a cidadanía, moita analfabeta, que se converten nun corrillo de oíntes entorno ó lector, que con voz alta e clara, relata o desenrolo dos primeiros plenos municipales da Segunda República no Concello de Noia. Este esforzo que realiza o cronista, editor e impresor, vese compensado polo aprecio que se xera do empoderamento social por esta divulgación informativa, poñendo ós políticos locais ó servizo do interese social. Nunca antes, que se sepa, sucedeu que alguén individualmente asumira a defensa a ultranza do ben común, coa ferramenta máis potente ca que foi dota...

ARDEMIL: A FIN DUN MUNDO

Imaxe
Campesiña co arado e o xugo as costas. Ardemil. A finais de outubro de 1965 instaleime coa miña familia en Ordes, unha pequena vila entre Santiago de Compostela e A Coruña, onde vivimos case un ano. Alí comecei as miñas entrevistas e a medida que ía coñecendo os paisanos e comprendendo ben o galego, vinme en mellores condicións para levar a cabo o meu traballo de campo nas numerosas aldeas da contorna espalladas por lugares illados, fóra da rede de estradas e ás que a maioría delas só se podía acceder a pé. Ardemil, que está a 5 kms. ao norte dos meus informadores. Daquela aínda non tiñan electricidade e cando volvín, en 1968, os veciños aínda estaban en tratos coas autoridades locais para conseguir o abastecemento de enerxía eléctrica á aldea. “Eu non creo nas bruxas, pero habelas hainas” di o campesiño que me relataba nun galego culto, cando eu trataba de explicarlle o carácter especial do meu traballo. Traballo de Campo en Galicia: Informe sobre tres anos de investigacións etnol...

WILLIAM OKELEY, HISTORIA DE PIRATAS

Imaxe
A piratería do Mediterráneo, tanto clásico como bérber, obtuvo grandes beneficios traficando coa esclavitude por máis de vinte séculos. En Arxel, Túnez e Trípoli formáronse Compañías, co propósito de financiar barcos, que eran enviados ó mar co único obxectivo de voltar cargados de mercancía humana. O crego Dau, que durante anos traballou entre eles, di que en 1634, só en Arxel, había vintecinco mil escravos cristiáns e oito mil cristiáns convertidos ó islamismo. WILLIAM OKELEY HISTORIA DE PIRATAS Ningunha descrición da vida dos cativos da piratería, iguala o relato de primeira man que conteñen as cartas remitidas a casa de contrabando, ou os diarios publicados por escravos rescatados ou fuxidos. A pesares do rigor con que confinaban ós escravos, de cando en vez algún o lograba, as descripcións de estas aventuras son, secollar, as máis emocionantes de toda a literatura da piratería. A seguinte historia topouse en poder do autor: é un rarísimo e pequeno volume publicado no 1675, co...