Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2021

RAG DE MONTMARTRE

Imaxe
«RAGTIME» O “Ragtime (Rebenta Tempo)”, considérase a música composta e pianística, que condensa os sons de Nova Orleáns combinándoos coa música de piano clásico do século XIX. O afroamericano Scott Joplin (1868-1917) foi a figura máis destacada de este son. A súa difusión atopou o seu público nos campamentos dos traballadores, que trazaban as grandes vías para os comboios que atravesan o continente norteamericano. Os compositores de 'ragtime' reproducen os seus rags en rolos dos pianos mecánicos, estes rolos distribuíronse por miles de exemplares antes da época do disco fonográfico. Foi nos anos cincuenta, cando se descubriron dun xeito casual, unha serie de rolos en tendas de antigüidades e publicáronse en discos. Máis que calquera outra forma de jazz, o 'ragtime' considérase “música branca tocada a negra”. «VALORES CULTURAIS APÓS PRIMEIRA GUERRA» As guerras culturais, entre os valores conservadores e a visión do mundo da xeración de posguerra, tiveron como escena...

O BALDAQUINO: FRISO DO POÑENTE (A MORTE)

Imaxe
Friso do Poñente. Foto de Ruth Matilda Ánderson 1926. O Baldaquino do Campo Santo de Santa María a Nova é unha reconstrución, ben por risco de derrubamento ou por traslado de lugar, posiblemente sea por traslado. Na actualidade presenta unha planta cadrada de 3 x 3 m. Nos extremos da planta arrancan columnas directamente da terra, algo pouco frecuente, xa que o normal sería que dispuxera de bases. As columnas son de 0,50 x 0,50 m., cunha altura media de 3,7 m., con estrías nas catro arestas, as cales non gardan simetría entre si. As columnas rematan en capiteis de pouco grosor con molduras de caveto (cóncavas); de cada columna sobresae un canzorro; que tampouco gardan a mesma relación na altura. O coñecemento da misión destes canzorros daríanos unha luz moi importante dos posibles ritos celebrados neste Baldaquino. A parte superior está formada por catro frontóns cunhas medidas aproximadas de 2,90 m. De longo, 0,50 m. De alto e 0,15 m de espesura. Dous teñen labrados uns encaixes no...