Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2020

A ORIXE DA VIDA

Imaxe
Os "termófilos" son un tipo de "extremófilos" como estes microorganismos que crecen formando colonias de cores rechamantes nunha poza do Parque Nacional de Yellowstone, EUA. Moitos científicos se debaten entre si foron primeiro os xenes que transportan o código necesario para crear proteínas, ou si foron as proteínas enzimáticas (facilitan as reaccións nas células convertendo o substrato en produto sen alterarse nin transformar o medio onde se producen estas reaccións) capaces de catalizar (provocar os procesos reactivos cunha orientación exitosa) a sínteses dos xenes. Aínda que a pregunta fundamental está en como se crearon, tanto xenes como proteínas. Entre moitas teorías está, a de atribuír ó "solo" o papel protagonista da xeración destas unidades básicas, mais concretamente os "minerais arxilosos". CHANT OF THE SOIL Album: "Nude Ants"> Piano: Keith Jarret; Batería: Jon Christensen; Contrabaixo: Palle Danielssen; Saxo Soprano...

GACETA MUNICIPAL - 13 AGOSTO 1931

Imaxe
Rúa de Galicia, na dereita destaca o edificio da Sociedade Casino co toldo posto, como un "baixo palio" de privilexio. A esquina desa liña de casas, o futuro Café Avenida en construción. 14/Marzo/1931: Con motivo do oitenta aniversario da fundación do Casino, celébranse bailes, e unha banda de música toca pola rúa. No Certame Literario celebrado, obtivo o primeiro premio e tamén o segundo, Juán López Medina, con “Honremos a Vellez” e “De Abolengo” respectivamente. Celebrouse unha velada artística dirixida polo socio Xosé Paz Ortiz. En música galega actuaron por este orde: 1º- “Galicia” de Paz Carvajal, cantada polo Coro do Casino; 2º- “Os teus ollos” de Chané, por María Oviedo; e 3º- “Como foi” de Bardomir, cantada por Xosé López. En castelán, 1º- “Dúo da Africana”, por Saladina Leiceaga e Xeneroso Souto; 2º- “A Indiana”, dúo formado por María Oviedo e Xosé López; e 3º- “Bohemios”, cantada polo Coro. Sendo presidente da Sociedade, Ramón Varela Riva. A estas festas, que d...

A MARÍA: NÉCTAR DA DELICIA

Imaxe
1) Parte superior da planta macho, con frores; 2) Parte superior da pranta femia con froitos; 3) Xerminación da pranta; 4) Foliolo dunha folla dividida en once partes; 5) Porción dunha inflorescencia estaminífera con capullos e fror madura; 6) Frores femias; 7) Froito pechado nunha bráctea resistente; 8) Froito, vista lateral; 9) Froito, vista posterior; 10) Velosidade glandular con tallo corto, visible, dunha soa célula; 11) Velosidade glandular con tallo corto, visible, dunha soa célula; 12) Velosidade non glandular contendo un cistolito. O NÉCTAR DA DELICIA A relación do ser humano e a Cannabis, existe probablemente, dende moito antes do descubrimento da agricultura no Vello Mundo, fai máis de dez mil anos. Pola súa múltiple utilidade, a Cannabis convértese nun dos cultivos máis antigos e máis estendidos do mundo, cumprindo eficazmente cinco propósitos: Fonte de Fibra (cáñamo), Aceite, Sementes (fonte nutricional), Narcótica e Terapéutica para tratar un amplo espectro...

O CACIQUE "PAKARAIÑA"

Imaxe
Ponte Vella (Betanzos) No local da dereita, onde o sinal de "prohibido o paso", posiblemente foi a taberna dos pais do Cacique Pakaraiña e onde nacería «o grande cazador que mata de lonxe», «o vaqueano, que sempre ten a palabra xusta». O CACIQUE PAKARAIÑA Longo é o camiño do río para chegar ao Iavari-Mirim. Desde Iquitos hai que ir por terra Taushiiaco. Terra de planura, de mato baixo. Cana brava, guadua. Xacarandá de flor azul e vermella. Milleiros de vagalumes na noite. Na noite aberta, infinda, Anzola pon na pequena radiola de pilas a 5º de Beeethoven. Todo o volume. E a noite colle unha dimensión sideral, inmensa. Noite no medio da vida, aquela. Para recordar. Comerciar con "indio Aguaruna" é cousa arriscada. Indio reducidor, o primeiro que ve é a túa cabeza. Días antes de chegar, xa a tribu anda avisada. Os paxaros revoan. O fume. O indio vai vixiando de lonxe. Vai vendo as acampadas. Curiosea se o campo fica só. O indio Aguaruna non rouba; manda á muller r...