Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2026

PELÉ & «PEPE O GORDO»

Imaxe
Foi un empregado público de Baurú que desexaba o seu traslado a Sao Paulo, quen lle propuxo ó presidente do Santos: "Si arranchas o meu traslado para aí, lévoche un «pelé» (marabilla, persoa excepcional, ...)". Así foi como Pelé no 1956, con 15 anos de idade, ingresa no Santos Futebol Clube . No ano seguinte se incorpora ó primeiro equipo do Santos CF. No 1958, gaña coa selección do Brasil a Copa do Mundo en Suecia, proclamándose o xogador máis mozo cunha Copa do Mundo no seu haber, contaba con 17 anos de idade. No 1959 logran a Copa de Prata das Américas que se celebrou en Arxentina. Foi neste ano cando «Pepe o Gordo», alias de Xosé González Ozores, empresario da construción, nado nunha aldea de Pontevedra, asume a responsabilidade «omnímoda» de ser o seu "anxo custodio", como asegura na entrevista: «amigo, pai, irmán, ...». Este custodiaxe espartano, tamén pasaba pola administración da inxente cantidade de contratos millonarios do "merchandising" en torn...