PELÉ & «PEPE O GORDO»

Foi un empregado público de Baurú que desexaba o seu traslado a Sao Paulo, quen lle propuxo ó presidente do Santos: "Si arranchas o meu traslado para aí, lévoche un «pelé» (marabilla, persoa excepcional, ...)". Así foi como Pelé no 1956, con 15 anos de idade, ingresa no Santos Futebol Clube. No ano seguinte se incorpora ó primeiro equipo do Santos CF. No 1958, gaña coa selección do Brasil a Copa do Mundo en Suecia, proclamándose o xogador máis mozo cunha Copa do Mundo no seu haber, contaba con 17 anos de idade. No 1959 logran a Copa de Prata das Américas que se celebrou en Arxentina. Foi neste ano cando «Pepe o Gordo», alias de Xosé González Ozores, empresario da construción, nado nunha aldea de Pontevedra, asume a responsabilidade «omnímoda» de ser o seu "anxo custodio", como asegura na entrevista: «amigo, pai, irmán, ...». Este custodiaxe espartano, tamén pasaba pola administración da inxente cantidade de contratos millonarios do "merchandising" en torno ao culto ó «Rei». Aseguraba «Pepe» que: «quen recibe diñeiro, non é amigo»; Galeano desconfía da tosquedade deste personaxe, algo así como si "Zeus" fora exhibido en "carro de vacas".
No 1962 a selección do Brasil gaña novamente a Copa de Ouro do Mundial que se celebra en Chile.
Esta relación, que durou ate pouco antes do seu primeiro matrimonio con Rosemeri Cholbi no 1966, o fortalece intelectualmente coas lecturas que a criterio somero de «Pepe», poderían ser de interese para o "mozo", e o blindou da excéntrica e perniciosa violencia que se crea en torno «ó maior mito deportivo do século XX».
Eduardo Galeano naceu en Montevideo, Uruguai, no 1940. Este libro («Nosoutros dicimos Non: crónicas 1963-1988») reune os principais traballos periodísticos que Galeano escrebe ao longo dun cuarto de século, incluíndo un par de discursos. Co título de «Pelé e os suburbios de Pelé (1963)» asistimos a entrevista a "un felino non moi musculoso que lle ofrece un amorodo". Con 23 anos -os mesmos que Galeano-, dúas Copas do Mundo e unha de prata en Copa América, Galeano lle asegura que «demostrou ser un arqueiro magnífico e de eficacia probada en case todos os postos». Pelé menea a cachola, alza os ombreiros, me mira como sen entender o meu empeño en crer que Pelé é Pelé, como "lobo de mar" que a terra lle provoca permanente mareo.
Ca nai, María Celeste Arantes, e co pai, João Ramos do Nascimento Dondinho, promesa efímera frustrada como xogador do Atlético Mineiro en Tres Coraçōes, lugar de nascencia de Nelson Arantes do Nascimento un 23 de outubro de 1940. O pai no seu primeiro partido golpea o xeonllo nun choque co defensa do Juvenal, rompendo os ligamentos. Foi fichado polo Baurú AC, polo que se mudaron a vivir a Baurú. Sempre pasaron apuros económicos. Pelé, daquela «Dico», impresionouse ó ver chorar ó seu pai tralo "Maracanazo" da Copa do Mundo de Fútbol de 1950, e prometeulle gañar o Título, contaba con dez aniños.
Luns, 21 horas:
Nos salóns do Columbia, un diplomático amigo sostén a viva voz que esta entrevista "ben val a pena". Sen inmutarse, don Xosé Ozores, Pepe o Gordo, xerente, administrador, anxo custodio, pai, irmán e axencia de propaganda e relacións públicas de Pelé, di: «Xa, xa, xa. As embaixadas, El é máis Embaixador que todos os embaixadores xuntos. Fálase de El en lugares onde nin tan sequera se sabe onde queda Brasil. E Brasil que lle da a El?. Impostos. Iso lle da». Así que vostede é o apoderado, digo. Me explica: «Vive comigo, come comigo, o coido, lle fago os negocios. Como si fora meu fillo».
Aliñación do Santos Futebol Clube no que estibo no período 1957-1974. Foi o máximo goleador da historia do equipo paulista, facendo do Santos FC, o equipo que máis "goles" ten anotado da historia do futbol mundial.
Coñecido na infancia por «Dico», crea cos colegas o equipo «Ameriquinha», que gaña o torneo da cidade. Logo no equipo do «Baquinho», que entreaba o ex xogador da Selección do Brasil, Waldemar de Brito, que lle axuda a afinar a técnica. Coñecedor da situación económica da familia de «Dico» -este axudaba traballabando nunha fábrica de zapatillas cun salario de dous dólares ó día-, e consciente do seu gran potencial futbolístico, proponlle a dona Celeste que fiche polo equipo da capital "paulista".
Cambia o portugués polo español, para que non quede lugar a dubidas: «Si, Life tamén quixo facer unha reportaxe nese estilo, e de moitas páxinas. Lles cobrei uns cantos dólares. Si admiten que sala un "preto" na portada, a pesar da discriminación racial, será porque iso lles da moito diñeiro. Entón, El ten dereito a participar desas ganancias. En calquera país, unha revista coa cara de El véndese a toneladas. Nas encuestas de popularidade, sempre ocupa o primeiro lugar, en calquera parte. Despois ven Jacqueline Kennedy, Jruschov, De Gaulle e todos eses outros».
Enumérolle 137 diferencias entre Life e Marcha: «Xa, xa, xa; entendo. Pero El está arríba, descansando. Non quere saber de nada. Sempre tantos periodistas e fotógrafos; dese vostede conta. El está canso, preso do seu nome. Acurralado pola gloria. Edson Arantes quixera ser un home como todos os demais, pero non lle deixan. Está condenado a ser Pelé, e por iso se vai retirar do fútbol». O diplomata cala e sorrí. Sabe que Pelé non se retirará do fútbol. Será Pelé ate que xa non de máis, ate que os anos ou a violencia dos rivais o derruben. Pelé: a pantera negra que oitenta millóns de brasileiros idolatran e que electriza as tribunas en todo o mundo. O mozo no cumio dunha montaña de gloria e diñeiro.
Celebrando o ouro da Copa do Mundo en Suecia no 1958, con 17 anos de idade, sitúa a Brasil no mapamundi.
Martes, 9 horas:
Des-xexún con Pepe o Gordo, «Canto comen os uruguaios», di: «Nós os brasileiros ... Brasileños?. Eu nacín nunha aldea de Pontevedra, a verdade sexa dita. Pero fai xa dez anos que estou en Santos». Me conta que desde fai catro, acompaña ó Rei: «Dende os quince anos, El xoga ó fútbol, cancha e pelota, cancha e pelota. Agora ten vintetrés, pero nunca atopou tempo para madurar». Engadindo paternal: «Foi Zito quen dixo: "Pepe é o home"; Zito é o meu socio na empresa de construción; e dende entón estou con El». Por qué o chaman Pelé?: «Ninguén o sabe. Sempre o chamaron Pelé. Dende que era un neno magro e moi pobre que vivía na concentración do Santos, facendo recados para os veteráns e facendo limpeza de casas».
Pelé anota o gol contra Arxentina, entre Eliseo Mouriño e Luís Cardoso. Foi neste partido no que Arxentina coroase de campiona da Primeira Copa América no 1959. «O Rei» levouse o galardón de máximo goleador con 8 tantos en 6 partidos. O suceso bochornoso de este primeiro campionato de 1959 foi protagonizado por uruguaios e brasileños cunha “descomunal pelea na que participaron todos os xogadores, os suplentes e ata os auxiliares”.
Interésame a historia do descubrimento. Como Deus foi revelado a os homes: «Coma un escravo do tempo dos negreiros», di, fruncindo o ceno e os bigotes: «Un empregado público de Baurú fixouse en El. E díxolle ó presidente do Santos: "Si me consigue a transferencia de esta oficina a de San Paulo, eu lle traio unha marabilla". E lla trouxo, contra a vontade da nai, que non quería que El se adicara ó fútbol. Ela sabía o que era iso, pois o pai de El tamén foi xogador, en Baurú. Ela nunca quixo un fillo famoso. Continúa sendo a nai de Deus, o neno, seu pequerrecho», di; e abre as mans: «A Nai. Unha Santa do altar, que sae andando». O cronista cala. Pepe o Gordo insiste: «Como lle digo: Unha Santa». Dona Celeste, nai do mineiro de Tres Coraçoes de fama universal, ve ó seu fillo só de casualidade. As xiras a outros estados brasileños e ó exterior ocupan sete, oito ou nove meses de cada ano, e nos meses restantes Pelé xoga nas canchas de Sao Paulo ou descansa, ao abrigo de Pepe o Gordo, que non o abandona nin a sol nin a sombra. Periodistas e admiradores chocan con esta muralla vinda de Galicia, que sabe todo sobre El, o que hai que saber e moito máis. Manager?. «Amigo, pai, irmán». O Santos lle paga un salario?. Indígnase: «Non!. Non son empregado do Santos. Si o Santos fora quen pagara, non habería diñeiro que alcanzara. Non. Quen recibe diñeiro, non é amigo. Eu lle Dixen ó mozo: "O día que me queiras dar un só cruceiro, pégote"».
Pelé atendido tamén por «Pepe o Gordo» tras a lesión. Pelé tivo unha participación agridoce na Copa Mundial de 1962 en Chile pola lesión muscular no segundo partido contra Checoslovaquia que o deixou fora da competición. Garrincha colleo o seu relevo, e a pesar de que Pelé xogou só 115 minutos e marcar un gol, o equipo de Brasil consigue o seu bicampeonato mundial.
El está durmindo no cuarto do lado. Non foi a adestrar esta mañá, porque non se sentia ben. «Constipado», explica Pepe o Gordo: «Ademais, El non precisa adestrar». Pelé come pouco e durme moito. Cando se lle va a man na comida, sofre pesadelos e fala durmido. De xeito que Pepe o Gordo non lle permite comer máis que «algúns bocadillos de carne e queixo, e un ou dous vasos de zume de froitas». Obxecto de admiración universal, factor de euforia ou desdita para millóns e millóns de persoas, El debe ser coidado. Quizá sería fatal esquecer a lección de unha das divindades que lle antecederon na historia: «O Buda morreu dunha indixestión de carne de porco».
Martes, 10:30 horas:
Saimos a percorrer o casco vello de Montevideo; polas beiras da cidade que dan ó río. Levo na man un exemplar de O Cruzeiro, que, por suposto, fala de El. Comento o artigo con Pepe o Gordo. Este sinala unha foto: «un inimigo vestido de negro»: «Ese xuíz é "hermafrodita"[sic]», explica.
Acuña o termo de «jogo bonito» para describir o estilo de xogo da selección brasileira mentras El foi o 10.
A mañá arde de sol. Gostador de paisaxes, como son, miro e comento. Pero Pepe o Gordo pregunta prezos de cousas: «Que caro, qué caro». E fala, como sempre, da gloria que ten entre mans, porque: «Deus no Ceo, e Pelé na Terra». Dúas veces campión mundial, El ten ós seus pés o enorme aparato da prensa, a televisión, a radio e o cine do Brasil; o pretenden os políticos e o acosan as marcas de café ou de automóbiles ou de bebidas, porque El, o seu nome a súa sinatura a súa cara, venden. «Atma», fábrica de material de plástico, imprime as pelotas que fabrica, cunha sinatura de Pelé, e a venta é un éxito seguro, o libro Eu son Pelé foi best seller no Brasil e se está traducindo ó inglés. En Alemaña, fixo furor a primeira edición, xa esgotada. Sobre a segunda, Pepe o Gordo non recibirá ren: «Non aceptei royalty. Cobreille tanto polos dereitos e adeus. Detesto as complicacións». Pola súa parte, o arxentino Christensen filmou unha película sobre o Gran Tema, «O Rei Pelé», e tamén engadiu cruceiros á alta montaña de millóns. Pelé e Pepe o Gordo son socios en varias firmas poderosas, e todas estas entradas se consideran "complementarias".
Entre un e dous millóns de persoas morreron durante a guerra civil que asolou Nixeria de 1967 a 1970. Sorprendentemente, no 1969 decretouse un «alto o fogo» de 48 horas entre o Goberno nixeriano e o estado secesionista de Biafra, para poder ver o partido de fútbol no que Pelé co Santos empataron a 2-2 coas Súper Aguias. “O Rei” recibiu incesantes aplausos e unha grande ovación por parte dos aficionados locais por este logro, un «boquecho de paz» na violencia asasina a cada rato, o "décimo" a pagar pola voracidade do capitalismo, a «white trash» de Luca Prodan.
Penso en Baltazar, estrela xa minguante, que hoxe carga bolsas no porto de Santos. E penso en Garrincha, que, teño entendido, que caeu en desgracia. O digo, Pepe o Gordo se sinal a fronte: «Pelé ten fútbol e xuízo». di, «e Garrincha non». Detalles sobre o caso: «Afastouse da muller e das oito fillas. Esa artista foi a súa ruína». Comento que «Elsa Soares ben val esa misa». Prodúcese un lamentable equívoco e Pepe o Gordo contesta que si, que El vai a misa todos os domingos. Ademais, fai oración dúas veces ó día. Un bo católico. Un católico fervente, que gusta cumprir os mandámentos. Todos. «El, a unha moza virxe, non a arruína. Aí ten vostede a personalidade do mozo». Non fuma, non toma (bebe), fuxe dos clubs nocturnos. Adora ós nenos e a os vellos: «El é un fillo. Que apareceu na casa. I é o meu problema»; «non descansarei ate velo nun altar ou nunha estatua, como esa», di sinalando o monumento a Garíaldi.
Preparando a boda coa súa primeira dona, Rosemeri, Pelé decátase de que «Pepe o Gordo» dilapidara o diñeiro que tiña aforrado para mercar unha casa. Parece que levado polos ciumes de verse relegado emocionalmente da súa intensa relación con El, non foi con "mala" intención. Pelé seguiu mantendo unha relación persoal con «Pepe» sendo padriño de boda, pero asumiu o control das súas finanzas.
Martes, 12 horas:
Van chegando reforzos ao Columbia, Verdoux, Mansilla e Casimiro Rueda en tropel. Presentacións. Subimos. El está durmindo, aínda. Conversamos no cuarto contiguo, fronte ao mar. «Estéanse cómodos», di Pepe o Gordo, cos zapatos apoiados no peitonil da fiestra. Comentáballe ao amigo, que El, si non nacera como xente, nacería como pelota. O mellor xogador de fútbol de todos os tempos>. Non o contradigo, dame non sei qué, pero estame dicindo, en verdade, que Pelé é un prisioneiro do fútbol, e que non é feliz.
Mansilla descólgase con verbas exóticas. Di que tendo en conta o precio internacional do ouro fino de 24 quilates, que anda ó redor dun dólar e quince centavos o gramo, Pelé vale moito máis do que pesa, literalmente. A Pepe o Gordo non lle caen ben isos cálculos, e afirma: «Non hai diñeiro nin ouro para pagar a Pelé. El xoga porque lle gusta. Non ten necesidade de iso». Claro que non faltaron ofertas; cando a xira do Santos por Europa, a "Juventus de Turín" ofertoulle 800 millóns de cruceiros, uns 800.000 dólares. Algúns directivos eran favorables á transferencia, e El consultou a Pepe o Gordo, este lle dixo: «Se ti me prometes que nunca sairás do Santos, farei que che paguen todavía máis na túa terra». Despois, no 61, chegou unha oferta do Internacional de Milán, ofrecía un millón de dólares para o club, un millón para El e douscentos mil extras para que eu o animara, ademais da mensualidade que se me ocorrera pedir. Informei ó mozo, e El me preguntou: «E o noso compromiso?».
Mansilla remóvese na cadeira: Entón di, «vostede estaba disposto a facer o negocio». Pepe o Gordo da un refolgo e di: «Non hai diñeiro no mundo que merque a miña palabra. A maior parte dos periodistas creen que eu estou explotando o nome e a fama de Pelé ...». «Pero esa é unha barbaridade», acouta Verdoux: «O meu colega non quixo suxerir semellante cousa», «Aí ten vostede», di Pepe o Gordo: «O mundo é hoxe máis materialista que espiritualista, e costa crer que alguén faga algo de balde. Eu antes era libre; xa non. Antes vivía mellor, ía a onde quería, era dono de min. Pero esta nova tarefa é unha cruz, teño 80 millóns de brasileiros que desconfían de min por ser estranxeiro». E conta a historia da oferta do Internacional de Milán. Chegou o señor Ricci, e Pepe o Gordo, que prevía o suborno, escondeu un gravador tras da fiestra e meteu un micrófono na cortina. Despois dou a coñecer, por radio, a indigna proposición. Casimiro Rueda ponse serio:
—«E que si Pelé se fora do Brasil, habería unha revolta social».
—«Vostede o dixo, El non pode usar a súa habilidade fora de onde Deus o colocou».
Jair Arantes do Nascimento, coñecido polo alias de «Zoca», irmån menor de Pelé, tamén xogou no Santos FC. Dispois da ruptura con «Pepe o Gordo», sería quen se encargaría da xestión administrativa das finanzas de «O Rei». A sinatura de «Pelé» chegou a capitalizarse entre as maiores do mundo, só por trás de "Coca Cola" que ocupaba a primeira posición.
Mansilla insiste. Da voltas ós ollos dicindo que admira a devoción e a amizade de Pepe o Gordo por Pelé, pero que as virtudes humanas son como faísca de herba ó sol, así de fráxiles e crebadizas. «O diñeiro non se me apega as mans», Pepe insiste: «A min non me compran». E se enfrascan nunha discusión que lembra ao cronista aquel diálogo apócrifo entre Bernard Shaw e Samuel Goldwyn, no que Shaw chegou a conclusión de que non poderían entenderse porque a ele, Shaw, só lle importaba o diñeiro, en tanto a Goldwyn só lle interesaba o arte. Pepe o Gordo di que o diñeiro non salvou ó seu pai dunha úlcera de estómago, que o amor non hai diñeiro que o pague, que a condición humana non pode ser reducida á condición material e que Pelé, El, o mozo, non e unha mercancía. E Mansilla responde que non sexa inxusto co diñeiro, que pode ser un bo instrumento en mans santas, que Von Braun e outros xenios traballan pola “pasta" e non por democracia, e dicindo:
—«É humano».
—«É malo, sí -resposta Pepe o Gordo-. Vostede o dixo»; escabullíndose do factor "humano" co "malo".
Verdoux, mentres, boquexa con cara de escéptico dende o sillón.
Pier Paolo Pasolini foi un admirador de aquel fútbol que xogou Brasil dende finais dos cincuenta ate os setenta: «Un fútbol poético, totalmente entregado ó baile do regate e o gol».
Martes, 14 horas:
Aparece, por fin, El. Sen altar: un felino magro que me convida cun durazno. «Os nosos son máis pequenos», di, «e non solta o xugo, así»- Ten cara de sono, a voz tomada polo resfrío; fala pouco, nun español correcto, e sorrí, con certa melancolía. «Mozart do fútbol», o chamaron os europeos, deslumbrados polo seu estilo rítmico e elegante nas canchas; en Rio de Janeiro as entradas véndense con meses de antelación cando lle toca xogar, e os diarios de todo Brasil ocúpanse da súa persoa nas páxinas editoriais; as trompetas anuncian o Seo paso polas capitais de todo o mundo. Pero El parece non darse conta: nin encandilado nin abrumado pola gloria, soportándoa, simplemente, porque así son as cousas.
Pelé non é este ser humano calquera. Trátase dun erro. Non pode ser Pelé este timido mozote que me fala de Dondinho, seu pai, como dun xogador «moito mellor que eu». aínda que ao cronista lle consta que só foi mediocre, e que confesa humildemente que se persigna antes de cada partido «para que non me magoen» e despois de cada partido «como agradecemento»; non é Pelé este mozo de ollar inxenuo que non comprende por qué, ao mesmo tempo, a xente o venera e o odia.
Cunha masa corporal de 68 kg., unha altura de 173 cms. e unha capacidade de salto en vertical de 135 cms. (altura media alcanzable por un ser humano é de 80 cms ), o converten no mellor atleta e futbolista da historia. Os seus 1.279 goles en 1.363 partidos, incluindo amistosos, son recoñecidos como un Record Mundial Guinness.
«O desamparado, nunca son eu», di. «Nas canchas brasileiras, sempre o outro ten razón. O xuíz ou o adversario». A hostilidade das tribunas arrecía nos últimos tempos, sobre todo no estadio de Pacaembú. Canto mellor xoga, máis o asubían, increpan e insultan os mesmos afeizoados paulistas, que cando Pelé viste a camiseta do seleccionado noutras canchas, encoméndanlle a súa alma. O Santos, un cadro que non é da capital do Estado, leva gañado varios campionatos nacionais e internacionais, e Pelé é a súa estrela de ouro puro: o público da capital non lle perdoa: «Eu non merezo esto», deféndese. «Eu non inventei iso que andan dicindo por aí, de que son o mellor xogador do mundo. Eu non teño nada que ver. Créame que eu non son un mascarado. Creo que o mellor xogador do mundo aínda non naceu. Tería que ser o mellor en cado posto: como arqueiro, como defensa, como dianteiro». Dígolle que demostrou ser un arqueiro magnífico, recentemente, e que foi probado en case todos os postos. Menea a cachola, alza os ombreiros, mírame, sen entender por qué me empeño en crer que Pelé é Pelé.
O coñecido como «Gol de Placa» foi no partido amistoso do 5/03/1961 entre o Santos e o Fluminense, ca vitoria dos "paulistas" por 3 a 1. Pelé driblou a sete xogadores rivais ó longo de 90 metros e aproveita a saída do porteiro para marcar gol. Dita acción é unha demostración de potencia, velocidade, calidade, técnica individual e frialdade cara a portería rival.
Pregúntolle si está realmente embruxado: «Unha vez o público quixo incendiar o autobús onde ía, ao finalizar un partido, ao grito de: Bruxo!, Bruxo!, ...». O sorriso moldea a súa cara como si fora de goma. «Os italianos comezaron con esa teima», conta: «A dicir que eu tiña unha maquiniña máxica e poñía no seu interior as fotos da xente que eu non quería e esa xente se morría». E non é certo?. «Nooon ...», asegura molesto.
Que pasou con Independente, en Bos Ares?. «Nosoutros tampouco sabemos que pasou». Pero cinco goles ... «Cousas do fútbol». Roland non o marcou moi duro?; «Duro si, pero sen mala intención ... e, poña que foi sen mala intención». Non se sinte acurralado, as veces, na cancha?, Non sinte que o xogador que ten enfronte busca a fama a costa súa?. Fai unha mueca: «Cando un xogador duro marca a Pelé, é o dobre de duro». Por iso cree en Deus?, porque ten medo?. «Creo en Deus, porque é unha fe. E Deus me protexe». E ó Peñarol, non lle teme?. «Nos amistosos, Santos sae para xogar e o equipo contrario, sae a gañar. Iso é o que pasa. Non me arrisco nos amistosos. Cando vexo que pode pasarme algo, non me arrisco».
No 1999 a revista «Olimpic», organismo oficial do "movemento olįmpico", o distingue como «un dos cinco mellores atletas do século XX», sendo o único futbolista en alcanzar dito recoñecemento. No 2000 foi elexido como o mellor futbolista do século XX, cun apoio dun 73% nunha votación da FIFA e os suscriptores da revista FIFA; tamén se abriu a votación á participación pública, e "este" elixiu a Diego Armando Maradona.
A Federaclón Internacional da Historia e Estadística do Fútbol o recoñece como «o mellor futbolista do século XX», mérito confirmado nunha encuesta realizada entre os galardonados co "Balón de Ouro".
Cal é a pregunta máis boba que lle fixeron?. «E ... tantas. Moitas preguntas bobas. Si me gusta xogar ó fútbol». E lle gusta?. Rí. «De neno, gustábame ser aviador». Cal libro está lendo agora?. Din que lle gusta ler. «Gústame, si. Sobre todo libros didácticos; todo iso do Far West e iso, non. Agora estou lendo uns contos de Mariazinha e "Problemas entre pais e fillos"». Cíteme algúns dos últimos titulos que leeo. Medita un rato e enumera: «Sobre o amor e a felicidade no casamento, O libro da natureza, Do fracaso ao éxito, Relacións humanas». E non lle aburren isos libros?. «Mos merca Pepe o Gordo», di; «ele merca os libros para que eu os lea». Pepe o Gordo?. «Sí, o meu apoderado». Por qué vive na casa del?. «Porque me comprende. É raro que me fora a entender xusto cun estranxeiro. Porque eu teño un temperamento difícil, sabe». Por iso non se casou, todavía?. «Moi cedo». Lle pregunto si non se casou co fútbol, di: «O fútbol, antes, era un amor. Agora é unha profesión». E enseguida da marcha atrás: «Claro que tamén ten que haber amor, porque si non, non se pode». Non se pode qué?. «Xogar». Así que non aceptaría que o venderan a un cadro estranxeiro. Vestirá a camiseta do Santos ate o final. «Polo de agora, non teño pensado irme. Despois, non sei».
E finalmente Pelé, o amigo do Jango Goulart, descólgase cun simpatizante xuízo sobre Lacerda en resposta a miña pregunta. «O coñezo, si, pero sen falar. Parece ser un home que gusta do traballo e que sabe o que quere». E politicamente?. «De iso tampouco entendo nada».
Pepe o Gordo, que o deixou só durante demasiado tempo, reaparece as súas costas. «Basta xá. Tes que repousar», di, «non debes fatigarte». E Pelé, resignado, sube, a paso devagar, rumbo ó seu cuarto. Moitas decenas de miles de espectadores pagaron caras as entradas pra velo contra Peñarol e El perdeu o dereito de defraudar ós adoradores, a os curiosos e a os inimigos. Ese resfrío debe ser aniquilado antes do match, e o será, sen duda. Para iso está alí Pepe o Gordo, coas súas tabletas de Redoxón na man.
Tivo sete fillos recoñecidos, froito dos matrimonios e relacións extramatrimoniais. De Rosemeri Cholbi tivo a Keli Cristina (1967): Edson (Edinho)-1970, Jennifer-1978; con Assiria Seixas Lemos, os xemelgos, Joshuae e Celeste (1996). Flavia Cristina Kurtz e Sandra Machado son recoñecidas de relacións extramaritales. Con Marcia Auki, o derradeiro matrimonio, non tiveron fillos.
Martes, 15 horas:
Faena concluída. Á saída do hotel, encontro algúns rapaciños peloteando contra a parede do Columbia que da a rúa Misiones. Me perseguen as voces: «Ven, ven», «Túa», «Dálle, Pelé», «Deixa, xa».
O sol fíreme nos ollos, pero unha brisa comeza a correr silandeira dende o río.
(1963)
Debuta co Santos CF nun encontro amistoso o 7 de setembro de 1956, un ano após, o 7 de xullo de 1957 se integra no primeiro equipo do Santos CF. Milita no Santos CF ata o 1974. No 1975 ficha polo New Iorke Cosmos ata o 1 de outubro de 1977, que se retira como profesional do fútbol con 36 anos, este mesmo mes cumpliría os 37. Exerceo de cantante e actor cinematográfico, levando unha vida entre a inercia do éxito colleitado e «a "sutil divinidade" de vivir cada segundo como nunca máis».
Fonte:
«Nosoutros dicimos Non: Crónicas 1963-1988», de Eduardo Galeano. Século vinteún de españa editores, s.a., 1989.
·https://www.eluniverso.com/deportes/futbol/la-copa-america-se-jugo-dos-veces-en-1959-y-fue-clave-para-pele-y-alberto-spencer-nota/?outputType=amp
·https://www.fifa.com/es/tournaments/mens/worldcup/articles/pele-tributo-copa-mundial-brasil#:~:text=Waldemar%20de%20Brito%2C%20exdelantero%20internacional,el%20mejor%20jugador%20del%20mundo%E2%80%9D.
- WIKIPEDIA

OS + LEIDOS

FESTAS PATRONAIS 1945, A FORTALEZA DO TAPAL E OS HOSPITAIS DO «SANCTI SPIRITU»

PETRÓLEO, SIONISMO E BARBARIE

ESCALA EVOLUTIVA DIDÁCTICA

FESTAS PATRONAIS 1947 / OS EMILIANOS / EVA DUARTE DE PERÓN

GACETA MUNICIPAL - 18 SETEMBRO 1931

ADVERTENCIA Á CIDADANÍA

NÓS, OS IRRELEVANTES

GACETA MUNICIPAL - 11 SETEMBRO 1931

GACETA MUNICIPAL - 10 AGOSTO 1931

LIMITES PLANETARIOS