Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2025

PUBLICAR EN GALEGO NA DÉCADA 1940-50

Imaxe
Nesta década o libro galego non existe, o novo réxime o consideraba un acto conspirativo e contrario ó "espíritu nacional" a instaurar. Algunha excepción como o poemario “Cómaros Verdes (1947)” e pouco máis. Aquilino Iglesia Alvariño (A Pedrosa, San Xoán de Vilarente, Abadín, Lugo, 11 de xuño de 1909 - Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1961). Mestre, escritor, poeta e traductor en lingua galega e castelán. A capital da edición galega é Bos Aires. Neses anos, en Galicia, a literatura na lingua do país, atopa algún acubillo nas revistas culturais e noutras que como Xistral, Mensajes de Poesía ou Alba , amosan unha vocación poética que xa a comezos da seguinte década manifestará Aturuxo . As cousas comezaran a experimentar algún sinal de cambio positivo, coas modestas aportacións no ano 49, como a Colección Benito Soto de Poesía (Pontevedra), a Editorial Bibliófilos Gallegos (Santiago), a Colección Xistral de Poesía (Lugo) e a Editorial Monterrey (Vigo). Pero sobr...