Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2025

«SHELL SHOCK»: NEUROSE DE GUERRA

Imaxe
Campbell Willie Martin foi un dos que tivo sorte. Estaba vivo. Puido escapar do inferno tras combater durante pouco máis dun ano e, a pesar das feridas que recibiu en dúas ocasións, conservaba todas as extremidades. Foi un bo soldado. Nado en Londres no 1895, fillo dun policía, en outubro de 1914, cando tiña dezanove anos, alistouse como voluntario no corpo de Fusileiros Reais; a principios de 1916 xa era soldado de primeira e atopábase na fronte occidental, onde a matanza acadaba dimensións industriais. Logo, o 16 de xullo dese ano, despois de horas sen poder saír da trincheira e aguantando bombardeos sen tregua, Martín perdeu o coñecemento. Ó día seguinte, cando un proxectil caeu sobre a súa trincheira, veo morrer a oito camaradas a causa da explosión; quedaron enterrados baixo os escombros unha noite enteira, ate que viñeron a rescatalos. Como resultado delo, e según o seu expediente, "ó día seguinte sente un tremor muscular moi raro, tivo un ataque de pranto, seguido dunha p...