INFORME PETRAS
No ano 1995 James Petras (Boston-EUA, 17 xaneiro 1937) -sociólogo da Universidade de Binghamton de Nova Iork, especialista en estudios sobre a relación entre economía, política e benestar social, colaborador de Noam Chomsky-, que após de seis meses de estancia como convidado polo Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) do goberno de España -contratado para elaborar unha investigación xeral e sustentada sobre o efecto do proceso de modernización política e económica, desenrrolado no país na etapa do goberno de Felipe González e coñecer as súas tendencias-, se dispuña a deixar Barcelona. Este significativo membro do tribunal Russell dos Dereitos Humanos (fundado por Bertrand Russell e Jean Paul Sartre), no seu despacho do CSIC, comentaba a Óscar Fontrodona en que empregou o seu semestre español: “Estou rematando un estudo da aberta xeracional do país (España) entre os traballadores xoves e os seus páis (etapa tardo-franquista e socialista). O máis grave aquí é o terror qu...