Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2022

ACULTURACIÓN - PIER PAOLO PASOLINI

Imaxe
No ano 2022, cúmpríronse os cen dende o nacemento de Pier Paolo Pasolini (Bolonia, Emilia-Romaña, 5 de marzo de 1922 – Ostia, Lacio, 2 de novembro de 1975) , un autor que deixou unha obra dun deseño admirable, sen igual no seu arco temporal e espacial de poeta, cineasta, ensaísta, narrador, dramaturgo, e todo un criterio apabullante feito ós froitos dos días e dunha fresca inspiración. Cuestionando as ideas imperantes de obra, beleza e artista, e do papel da arte na sociedade tardo-capitalista. Consciente da súa individualidade: “Eu carezo de calquera autoridade que non sea a que se desprende, paradoxalmente, de non ter ningunha e non querer tela; de estar en condicións de non ter nada que perder, e por elo, de non ser fidel a ningún pacto que non sea o que teño cun lector ao que considero, polo demais, digno da máis escandalosa das indagacións”. A idea central do último Pasolini, é a de que "fascismo somos todos" por dar as costas a Terra e o Misterio; que esta sociedade...