GACETA MUNICIPAL - 31 XULLO 1931
O Baile da Regueifa nalgún lugar preto de Noia a principios do 1904. O cerimonial de vodas en Galicia foi riquísimo. Hoxe está practicamente perdido. O normal era que, aínda aceptando certas constantes, variase duns lugares a outros. Principia polos regalos que se facían os noivos; o home recibía da muller o traxe completo de pana, chaleque e leontina, medias e a inmaculada camisa, sobre todo ... Ele entregáballe a muller unha saia de estemeña ou armur, un pano de merino, unha blusa con adobios de veludo e azibache ... Disparos de foguetes e ate armas de fogo recibían ao cortexo da aldea. Había un gran rebumbio no lugar pois ninguén quería perder o espectáculo da cabalgada que facían os noivos e os pais, padriños e convidados O mozo que ia buscar a "verdasca" -vara verde que acostuman a levar os pastores do monte- cruzaba a comitiva coa súa cabalería adobiada de lazos e fitas de cores na cabeza e nas crins, e por alí andaba o Sr. Xuiz Municipal e o gaiteiro, que tiña que toc...