Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2022

ULTREIA: SEGUNDA XEIRA (2/3)

Imaxe
“Pola noite, teño a ansia de escoitar a verba agarimosa de Castelao. Por fin chega a xente, e acomódome para non deixar escapar nin unha soa das súas verbas, pero pronto teño que poñerme de pé, pois é tal a afluencia de xente, que a sala non é capaz de que podamos estar sentados. Pronto chega Castelao e unha salva de aplausos acolle a súa entrada na sala, que xa está chea de xente. Cóntanos Castelao, os desprezos de que son obxecto os galegos nas demais rexións da Hispania. Logo le versos de autores casteláns, que son un verdadeiro insulto para Galicia. Prosigue resaltando a falta que fai preparar a xuventude para o día de mañá, e remata dicindo que esa xuventude serán os "ultreias", o que aplaudo cunha ilusionante fé e esparanza. Logo concorremos à cea que no seu agasallo está preparada. O fago cun apetito sen igual, pois xa fai dous días que xantamos á maneira dos mariños, a pesar de que unha cea así non debe ser tomada con esa voracidade. Despois da cea, na compaña d...