A RESURRECCIÓN DO ALERCE
VARLAM TÍJONOVICH SHALÁMOV (ruso: Варлам Тихонович Шаламов), Vólogda, 5 de xuño de 1907–Moscú, 17 de xaneiro de 1982 A firmeza moral, a persoalidade indoblegable de Varlam Shalámov fórmase enfrentada a outro carácter forte, o do seu pai Tijon, pope e home profundamente relixioso, parecido o seu fillo en rigor pero moi distinto nas súas creencias. Nadezhda, a esposa de Tikhon Shalámov, enxendra un fillo fanáticamente ateo. O pai, un home noutro tempo misioneiro en Alaska, amante da caza que, por costume e necesidade, cría e sacrifica, claro está, animais domésticos, educa a un fillo que, como confesa Varlam nas suas memorias, é incapaz de matar a un ser vivo nen polo mesmo alimentarse da súa carne. Pero a fidelidade extrema e obstinada ós seus respectivos idearios, a súa firmeza moral, será moi semellante en pai e fillo. O pequeno de cinco irmáns, será o fillo máis querido da súa nai, unha mestra que abandona a súa profesión para entregarse á familia. Ela ensinará a Varlam a leer ós t...