Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2022

ULTREIA: PRIMA XEIRA (1/3)

Imaxe
Álvaro Das Casas coa indumentaria de Ultreia, 1932. ULTREIA “ Ultreia ” é un saúdo entre pelengríns que fan o Camiño de Santiago. Verba recollida no Códice Calixtinus do século XII , onde aparece, entre outras partes, na parte musical do apéndice II, na coñecida “Canción dos pelengríns flamencos” ou “Canto de Ultreia”, imno ou canto dos pelengríns a Santiago: Oh Sinor Santiago! / Bon Sinor Santiago! / Eultreia! Euseia! / Protéxenos, Deus!. Tiña o significado de “Imos alá”, “Vaia adiante”, “Date presa, sigue adiante”, completando o saúdo ca resposta de “et suseia!” co significado de “e máis alá” ou “ate o alén”, no que a procura do destino transcende a vida. XEIRAS As “ Xeiras ”, verba que os ultreias empregaban para referirse as súas excursións e viaxes de traballo. Facían investigacións científicas, e os participantes anotaban as súas dúbidas e observacións nun diario de actuacións, que nalgúns casos foron publicados na revista “NÓS”. CRONOLOXÍA 1930 - 27 de Abril: no local ...