Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2021

FERRER I GUARDIA

Imaxe
CONTIGO COMENZOU TODO O 13 de outubro do 1909, o Exército Español fusila a «razón» no foso do Castelo de Montjuic de Barcelona. A «razón» toma forma, neste caso, de varón de 50 anos, pelo cano que xa retrincou na parte central do cranio, abondante mostacho que impera sobre unha coidada barba, roupa elegante sobre a que se observan varios furados recén producidos por unha andanada de balas. Francisco Ferrer i Guardia , na España de principios do século XX, encarna a "luz" que se abre paso nas tebras. Ferrer escribiu cousas coma esta: “Demostrar ós nen@s, que mentres un home dependa de outro, cometeranse abusos e haberá tiranía e escravitude, estudar as causas que manteñen a ignorancia popular, coñecer a orixe de tódalas prácticas rutinarias que dan vida ó actual réxime insolidario, fixar a reflexión dos alumnos sobre canto a vista se nos presenta, tal será o programa das escolas racionalistas”. Na España, pensar así é pecado; levalo a práctica, pecado mortal. Francisco ...