SERVIDUME VOLUNTARIA - VII/IX
Esta é unha obra que representa un cambio de paradigma, a diferencia dos autores clásicos, para Etienne non hai tiranía benéfica. Tampouco se fai ilusións, pois é consciente, de que só uns poucos teñen a carraxe suficiente, para querer ser libres e para recoñecerse como tales. Na súa profética "psicoloxía da servidume", combina dous vectores que, un pouco máis tarde, estarán condenados a diverxer: liberdade e igualdade . Porque, si somos libres, non é posible que «a natureza puxera a alguén en "servidume", poñéndonos a todos en compañía». Alén desta condición ontolóxica, Étienne denuncia a perda da apaixoada defensa da liberdade, que constituía a mellor vacina fronte a quen busca usurpala. Os Reis Asirios, e despois deles os Medos, so aparecían en público o máis tarde posible, ao anoitecer, para que o pobo xulgase que eles tiñan algo de sobrehumano, aludindo así as xentes propensas ao devaneo e amigas de imaxinar aquilo que non ven claramente. Foi así que as n...