Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2021

VENUS, A DEUSA DO AMOR

Imaxe
ICONOSÓFICA O Nacemento de Venus (en italiano, La Nascita di Venere - 1482-85) é un cadro realizado polo pintor renacentista Sandro Botticelli (1445-510), unha das obras cume do mestre florentino e do Quattrocento italiano. Está executado ó temple sobre lenzo e mide 278,5 cm. de ancho por 172,5 cm de alto. Está exposto na Galería Uffizi, en Florencia. Este cadro foi no seu tempo unha obra revolucionaria por canto presentaba sen tapuxos un nu feminino non xustificado por ningún compoñente relixioso, así como un tema mitolóxico procedente da cultura clásica grecorromana anterior o cristianismo, o que supuña a plena aceptación -o menos por parte das elites culturais- do novo humanismo renacentista alonxado do escurantismo medieval. A súa interpretación iconográfica vincúlase ca Academia Platónica Florentina, un círculo intelectual patrocinado poa familia Médici que se cultivou tanto no terreo da filosofía como da literatura e a arte. O significado da obra está relacionado pois co neopla...