Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2020

MUNICIPAIS DO 31 (1)

Imaxe
Concello de Noia na Segunda República, actualmente é o Instituto de Ensino Medio «Virxe do Mar». 1930 30 de Xaneiro: Renuncia de Miguel Primo de Rivera como Presidente do Goberno. 10 de Febreiro: O Ditador abandona o territorio español rumbo a París (Francia). 25 de Febreiro: Restablécense as liberdades co goberno do Xeral Berenguer (Xefe da Casa Militar de Alfonso XIII). Xermán Vidal Barreiro (Noia, 9/10/1892 - Concepción-Chile, 13/05/1960). Político e avogado. Casou en 1924 con Eladia Pereira Miranda . Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Simpatizante e amigo de José Calvo Sotelo; a mediados dos anos vinte nomeárono concelleiro de Noia. Nomeado alcalde provisional polo alcalde interino o 16/04/1930. Integrado na Unión Monárquica Nacional (UMN) presentouse ás eleccións municipais do 31 de maio de 1931 (despois da impugnación das do 12 de abril) e elixírono alcalde; manifestou o seu apoio á República e integrouse no Partido Republicano Radical (P...