NOTARIO IOANO MOAES, AS MARCAS DOS PEDREIROS E O ANO DO COMETA

O sarcófago empotrado baixo un "arcosolio", situada a esquerda da porta principal, cuia interpretación nos remite á existencia da "Igrexa ou os Frades do Sobreiral" da lenda popular, dos que se da conta deles en documentos orixinais anteriores á carta da fundación do Concello e Porto da Vila no 1168, nos que se fala de Santa Cristina de Nogia ou Noia do século XI, das Vilas de Taramancos, Boa e Couto do Obre de mediados do século X, de Róo, Lousame, Vilacoba, Lesende, Fruime, Tállara, Argalo, etc., como fregresias florecentes dende o s. XI, como consolidadas dende fai tempo.
A NAVE DO TEMPLO DE SANTA MARÍA DAFORA
O templo de Santa María sigue o sinxelo modelo de nave única, con cuberta de madeira, e a capela maior rectangular abovedada. A nave divídese en catro tramos establecidos por arcos transversais, doblados e apuntados, que descansan en pilastras rectangulares de escasa altura e destacadas do muro. A acentuada proxección das pilastras, as converte en contrafortes interiores, capaces de contrarrestar os empuxes que se derivan da ampla luz dos arcos, o que permite prescindir de estribos ó exterior. A os pes da nave (entrada principal) álzase unha tribuna de madeira. No segundo tramo, contado dende a cabeceira, ábrense ó norte e sur sendas portas laterais. A Capela Maior con fondura, é máis baixa e estreita que a nave. O arco de ingreso é de medio punto, lixeiramente rebaixado e de perfil semellante ós da nave e apeado en pilastras similares. Sobre o arco houbo unha fenestra.
O rosetón que rompe a fachada de Santa María, especúlase que foi posterior ós tempos de frai Berenguel, posiblemente dos tempos cando se construía San Martín -na primeira mitade do s. XV-.
O espacio interior coloreado que se ve no plano, corresponde a Capela dos Carneiro: "Esta capilla mandou facer Pedro Carneiro e deixo dotada por duas misas cada día unha en San Martín ao alba e a outra ás once". A capela cóbrese con bóveda de cascarón avenerada, dispoñendo nos ángulos pequenas veneras a modo de pechinas. Esta capela erixiuse na segunda metade do século XVI.
En San Martiño, a maioría das marcas localízanse na parte interior da torre do reló, onde impera a oscuridade.
OS CANTEIROS: O oficio de pedreiro é itinerante, no senso de desplazarse e permanecer por un tempo onde tivera a obra, ca salvedade da tradición que nas rías medias ou "nerias", era un oficio fixo coa condición de itinerancia si o chollo o require, ben como mestres de obra, oficiais ou simples "pedreiros", «os que traballan a pedra en todas as súas facetas». Ás veces, os oficiais eran cedidos a outros "mestres", dependendo das necesidades e obras a realizar. Eran normais os contratos efectuados con diversos mestres de obras, así como tamén a cesión de parte da obra, por non contar o contratista con xente suficiente para a realización e remate da obra no prazo acordado.
ESCRITURAS E INSCRIPCIÓN DA PORTA SUR
As escrituras máis antigas que se conservan no Arquivo da "Confraría dos Cregos da Nosa Sinora da Concepción", que tiveron sempre como propia a igrexa de "Santa María a Nova", pertenecen ó último terzo do século XIV. Donacións e foros, nada din da historia da Confraría e do seu templo. As Cartas de fundacións e privilexios de esta Congregación, desapareceron, o mesmo que o vello códice das primitivas Constitucións, renovadas e modificadas a principios do século XVII, sin que se tomara nota, o que sería acorde coa intelixencia do Bacheler González, alma desta renovación, do tempo no que foron redactadas. Tampouco se pode asegurar si a Igrexa se constituiu para a Confraría e as súas expensas, ou si pola contra, fundouse a Confraría para a Igrexa. Parece máis probable o primeiro. De certo non sabemos outra cousa que o que nos ensina a preciosa inscripción grabada no dintel da porta sur.
Texto da Inscripción: "Esta Iglesia edificou e sagrou Don Frai Beringel Arcibispo de Santiago en 28 días de ianeiro : era 1.365 : e foi Procurador Pedro Bochón desta obra".
[...] EDIFICOU E SAGROU [...] (?)
Pedro Bochón de Noia, subscribe con don Berenguel unha escritura fechada en Santiago no 1328, sendo o Procurador, promotor fabriqueiro ou administrador das obras da Igrexa adicada a Santa María o 28 de xaneiro do ano 1327, e que este cargo representativo, co mesmo nome de Procurador, era tradicional a súa abscripción a Confraría de Capeláns da Nosa Sinora da Concepción, da que se cree que foi fundada antes do século XIV; antes do ano 1318, no que frai Berenguel é designado arcebispo de Santiago. Queda confirmado polo senso da verba "edificou" que apunta a "reconstruir, reparar, restaurar, ...", que é a acepción acostumada na Idade Media, como apuntan os glosarios infimae et mediae latinitatis.
O 1 de xaneiro do ano 38 antes de Cristo, trala pacificación de toda hispania, Octavio Augusto decretou a Aera Hispanica, que se empregou para datar a cronoloxía en España. Na Crónica de Idacio (Hydatti Gallaeciae episcopi Chronicon) de finais do século V dispois de Cristo, pudo influir para xeneralizar o uso cronolóxico da "Era Hispánica" a partir do ano 516 d.C, data a partir da cal a igrexa hispano-romana comenza a adoptar este sistema de datación nos seus concilios. Deixa de usarse esta cronoloxía a mediados do século XV. Polo que as inscripcións de datación feitas ate esta data, debemos restarlle os "38 anos", de cando o "Pretor da República Romana" Octavio Augusto decreta a "Era Hispánica".
MARCAS DOS CANTEIROS: A documentación que se conserva dos "gremios" é a partir do século XIV, e das "marcas de canteiros" examinadas, todas son anteriores ó século XV, esta laguna documental fai difícil precisar a relevancia simbólica da "marca do canteiro". No terreo da "suposición" a "marca" suporía unha sinatura que acredita e abala a pedra traballada, ou para o "Mestre Canteiro" poder repudiala si non cumplía coa calidade desexada.
Comprobouse, que as marcas máis sinxelas se corresponden coas máis actuais.
Se supón que todas as pedras teñen a súa marca de canteiro, e que normalmente gravábase no lado que non estaría a vista. As marcas á vista, poden servir como indicación para o montaxe da peza na edificación, ou como licencia do "mestre canteiro" que lle concede ó pedreiro, por solicitude deste ou por perstixio da marca.
Os diseños das marcas recollidas, son coincidentes con marcas rexistradas noutras localidade a centos de quilómetros e anos, estas coincidencias poden deberse a sinxeleza da marca, aínda que tamén se poda dar un "patrón" familiar ou de calidade.
LAUDAS ANTERIORES A SANTA MARÍA A NOVA
Detéctanse duas laudas que se remontan a unha época anterior ó século XIV: O sepulcro de "Pero Afonso da Pont" e o de "Joano Moas".
A confraría dos "Cregos de Nosa Sinora da Concepción", especúlase que o seu orixe é anterior ó século XIII, de cando se regula o funcionamento das "confrarías de productores" con Afonso X o Sabio. Pero antes de constituirse como confraría, xa exercían como os "Frades de San Martiño do Sobreiral", que dispuñan dun convento na desembocadura do Traba, na beira do casco da Vila, e xa dispuñan do cimenterio de Santa María ou Nosa Sinora do Don.
Álvaro das Casas, comenta no seu libro de "O Cemiterio de Santa María a Nova" do ano 1936, que o "arcosolio" do "Notario Ioano Moares", nun pasado estaba tapiado, como o está actualmente, pero no momento da edición do libro estaba como mostra no gravado, doce ferros en vertical e aberta.
CARGOS FIXOS E APRENDIZAXE: Ademais dos mestres de cantería, que casi con carácter fixo contaba todo concello de entidade, cabe destacar que en todas as catedrais importantes, contaban cunha plantilla fixa de pedreiros. Cando o pedreiro cesaba do seu traballo ou falecía, a vacante producida, cubríase polo que se presentaba para o posto ostentando maiores méritos.
O 20 de xuño de 1563 na Catedral de Santiago de Compostela, existían 39 pedreiros, ademáis dos "Mestres". A algúns deles se lles asignaba a categoría de "contramaestres de pedrería", o que equivalía ó que hoxe coñecemos por "contramaestre de embarcacións", e que sería o encargado de sinalar o traballo a realizar.
Os pais que querían encamiñar o futuro dos seus fillos para "pedreiro", contrataban o ensino dos seus fillos con "Mestre", a quenes lle abonaban as cantidades pactadas. De non continuar os seus estudios, pagaríase a cantidade xa contratada e pactada, e de non ser así, ningún outro "Mestre", o aceptaría na súa casa para continuar as ensinanzas, baixo pena sinaladas nas ordenanzas do Gremio ou Confraría.
En Noia, a de "pedreiro", era a preferencia profesional, acadando un interesante articulado das súas ordenanzas. Algúns "mestres de obras" que destacaron pola execución das súas obras, eran relixiosos.
O NOTARIO JOANO MOAE
A inscripción do sarcófago empotrado baixo un "arcosolio", situada a esquerda da porta principal (oeste ou solpor), cuia interpretación nos remite á existencia da "Igrexa do Sobreiral" da lenda popular, dos que se da conta deles en documentos orixinais anteriores á carta da fundación do Concello e Porto da Vila no 1168, nos que se fala de Santa Cristina de Nogia ou Noia do século XI, das Vilas de Taramancos, Boa e Couto do Obre de mediados do século X, de Róo, Lousame, Vilacoba, Lesende, Fruime, Tállara, Argalo, etc., como fregresias florecentes dende o s. XI, como consolidadas dende fai tempo, outros documentos sobre Noia de mediados do s. XII, anteriores ó ano da reubicación da Vila, non conservándose ningún documento no que se nomee: "San Martiño do Sobreiral".
O monumento sepulcral de "Moae" é un enigma. O anticuario Antonio da Igrexa, arqueólogo e divulgador da Coruña, pasa por Noia na década de 1860 e examinouna, esegurou leer o nome de "Joano Moaes, Notario de Noia", na "Era de Mil e Catro", a pesar da súa erosión.
Interpretando: "SE (pultura) ... MOAE (?) NOTARI (is (?)) ... ERA D (OMINI (?)) MILÉSIMA CENTÉSIMA CUARTA".
Antonio da Igrexa publica as pesquisas da súa investigación no libro: "O Idioma Galego: Vida e Antigüedade", facendo a seguinte interpretación: SEPULTURA:D: (DE) IOANO (:) MOAE:NOTARIO (:) Q: (QUE) (FINOU:) ERA:D: (DE) M:e:IIII (MIL E CATRO).
Ao entender de Oviedo Arce, o que Antonio veo foi: "SEPULTURA:d:IOANO MOAE:NOTARIO D:NO [...] C [...] CZER [...] Q:[...] ERA:D:M:E:IIII.
Según Oviedo Arce, Antonio erra na data, por considerar inadmisible a cronoloxía observada, e crealle recelo o resto da interpretación: "Atopámonos en presencia dun momumento sepulcral dun personaxe do século XII (?); da "Era do Sinor" (Era Dómini) Milésima Centésima Cuarta (?); cómputo pouco frecuente entre nós ate o último tercio do século XIV, aínda que tampouco resulta unha estraneza, pois a inscripción conmemorativa do Pórtigo da Groria da Catedral de Santiago, cuia datación é: "ANNO AB INCANATIONE DOMINI ...".
O nome da lauda, que se adiviña nos flebes trazos que aínda conserva a inscripción, parece "MOAL", e que debe leerse "MOAS" (?), e trataríase dun "notario" que falece no ano 1104, que tivo a súa sepultura ou o seu sepulcro no territorio de Noia doce lustros antes que o rei Fernando de León outorgase poder ó arcebispo de Santiago, don Pedro Gudesteiz, para edificar e instituir no termo de Santa Cristina de Noia ... un novo burgo e porto ... co nome de "Tutum Bonum"; e que este notario fose o rector de Santa Cristina ou o crego abscrito a mítica "Igrexa do Sobreiral", como logo o foi a finais do s. XIV o rector, capelán de San Martiño, Pedro Aras, que tamén ten o seu cenotario en Santa María a Nova. Tal hipótese basease na tradición popular, e os documentos que se conservan da Vila.
SALARIOS: Estaban os salarios estipulados según a categoría do canteiro, a veteranía, a técnica e o arte.
As obras contratábanse a "tanto alzado", e no contrato sinalábase o tempo de duración da obra, que non sempre se cumplía. Douse o caso dun Mestre de obras, «Mateo de Cubas» (entre outras obras fixo a Capela dos Valderrama no 1606), que dispois de máis de dez anos, morre sen rematar a obra das reparacións da Ponte de don Alonso (así chamado en honor ó rei don Alonso II de Asturias e Galicia, co aliás de "O Casto"), fanse reclamacións a fiadores e a súa viuva (1614).
XERGA: O celo laboral acada a "sublimación do gremio" coa creación dunha "xerga común" que lles permitía a comunicación entre eles, pero que o profano non podía entender, preservando os segredos da profesíón. Esta xerga era coñecida co nome de "arginas" e a dos "pedreiros" tiña "longo alento profesional" o que da idea da súa sofisticación e que algúns escritores da época deron a coñecer. Esta pequena xerga profesional, foi extendendo o seu uso acadando a outros sectores da vida do canteiro: familiar, amoríos, cancioneiro popular e incluso, "mofa e befa" do que goza vendo como outros traballan.
Moito máis tarde, simples ruidos guturais, acompañan ós obreiros en labores de "levitación", posibilitando subir ó alto pedras de gran tamaño, operación na que interveñen dous ou tres homes, e un aparello formado por dous paos e unhas cordas.
Coa súa xerga, os "pedreiros", salvagardaron moitos dos seus segredos, da súa técnica, e do seu mellor quefacer.
NOIA NOS DOCUMENTOS HISTÓRICOS
Na escritura do Tumbo de Sobrado, tomo II, nº XXIV, que cita López Ferreiro no tomo IV, pax. 284 da súa monumental obra Historia da Santa Igrexa de Santiago, fai supoñer que antes da fundación do porto e municipio de Noia, xa tiña ubicación unha poboación históricamente asentada. O 4 de marzo de 1168, o rei Fernando gravou a Vila de Noia cunha pensión anual de 10 marcos de prata, en favor do Mosteiro de Sobrado, pensión que por aquelas calendas, só sería soportado por un núcleo urbán cunha actividade económica considerable.
Un Índice do Arquivo do Convento de San Xusto de Toxosoutos, adxunta notas, extractos e inscripcións de documentos de mediados do s. XII que fan referencia a Vila de Noia, distinguindoa do lugar de Barro, que se nomea no "Testamento outorgado polo Conde Fernández Pérez de Traba na era de 1192.
Na Compostelana de Diego Xelmírez, que falece no ano 1140, fala dunha Noia fundida na fregresía de Santa Cristina, a principios do s. XII.
Na imaxen, que pode ser de finais do s. XIX ou principios do s. XX, vemos o "arcosolio do Notario", cun pequeno ventanuco cuadrado e que ocupa a metade esquerda, con tres ferros en vertical e outros tantos en horizontal.
GREMIOS E CONFRARÍAS: Podemos definir a "Confraría" como: "a unión de persoas para un logro común, onde os socios se reunen en "confraternidade" para atender o funcionamento e resolver incidencias dos asociados na asociación". Contaban con asesoramento xurídico e o "Corpus Xudicial" adopta sentencias xustas e mesuradas, contribuindo cunha "armonía social" propias dunha sociedade solidamente estructurada en valores de respecto mutuo, caridade, [...] según rezan as "ordenanzas" do «gremio».
O "gremio dos pedreiros", no que tamén estaban integrados ós "carpinteiros" (ribeira e terra), "toneleiros" (cargas líquidas) e "banasteiros" (cargas sólidas), estaban baixo a abdicación do "Sancti Spiritu".
O 25 de abril de 1467, da comenzo a "Revolta da Irmandade do Sancti Spiritu", xusto a representación relixiosa do "gremio dos pedreiros", por tratarse da confraría con maior relevancia para acometer a inmensa tarefa da desaparición de 130 fortalezas en tres anos e medio de goberno revolucionario, ao grito de "Deus Fratesque Galeciae".
Das "ordenanzas" que se conservan, a máis antiga é do 30 de setembro de 1467, nesta reunión o "gremio dos pedreiros" eran representados por: Vasco Cotorino, Fernán Cotorino, Johan Vasques Cotorino, Johan de Sesnando e Johan Fernández; acordando: "Que a obra comenzada ou contratada, mentras non fora rematada e abonada polo importe acordado, non podía facerse cargo de dita obra, ningún outro do oficio, baixo pena sinalada.
En 1471, acordan en pleno ratificar as anteriores Ordenanzas e sinalan a cota a satisfacer polos novos cofrades, referíndose a profesionais "pedreiros" procedentes doutras localidades que queiran "labar" (traballar a pedra) por uns días na Vila, seus termos e xurisdicción: "Pagarían á Confraría o importe de un xornal, de negarse ou non poder asumir o pago, se optaría por quedarse con algunha "prenda", a modo de pequeno "embargo", para satisfacer económicamente as sancións impostas, e de negarse a arranchar o asunto co "Vicario" correspondente, se lle imporía a pena de dez maravedies. Elo despréndese do testimonio dos notarios Gonçalo García de Noia e Fernán Afonso de Betanços, da mesma localidade.
Se reforman e amplian as Ordenanzas o 9 de febreiro de 1562 e no 1651.
O papa Paulo V, no 1618, otorga "Bula" ás Confrarías.
Se afirma que na España, «os Gremios son institucións representativas do "antigo réximen"».
A «cuncha de pelengrín» na parte superior do arco, fala dun sitio onde o "forasteiro" é escoitado e atendido no que precise, ate onde a ós anfitrións lles sexa posible. A «cara», como secundando a hospitalidade da "venera", invocandoa en clave de "paz interior" que lle fai aflorar ó rostro un leve surriso e un ollar franco. A "parede norte" dispón de tres «arcosolios», a "parede sur" de dous, este, único na fachada principal, é tamén o único que ten esta iconografía tallada de "benvida".
INSCRIPCIÓN DA LOUSA DO NOTARIO MOAE
Na inscripción do Moae Notario do s. XII vemos a carencia de simboloxía cristiana do encabezamento, no seu lugar o que parece sepultura, a figura de certas letras como a "E" que é fechada; A "D" co seu trazo esquerdo curvado; A "M" que ten aberto e hacia fora o lado dereito; caracteres inéditos nas inscripcións do s. XII, e comenzan a ser observables nas do s. XIV.
A estas características grafolóxicas, ai que engadir o que expresa o ton xeral da lauda, tan regular e armónica, nos conduce a esta interpretación:
ERA DE MIL E CATROCENTOS, ANO 1362: 1400-38, sospeita interpretativa reforzada cun documento orixinal dun "Tumbo do Mosteiro de Santa Clara" da cidade de Compostela, datada no ano 1426, que figura como testigo un tal JUAN DE MOAS pescador, e que relacionamos como descendente do "Notario", e que supoñemos que falece no 1362.
Estos dous supostos se funden nunha sinxela fórmula de conciliación, admitindo que "Moae" é un "procurador" noies do s. XI, e que falece no 1104, dándolle sepultura en territorio noiés, doce lustros antes de que o rei Fernando de León outorgase ó arciprestádego para a nova ubicación da Vila, según indica o epitafio que se mantuvo e reubicou na Santa María de Frai Berenguel de Landoire, reescribíndoa co estilo propio de esa época.
Mais todo isto está soportado en suposicións, e a Historia, polo que se sabe, é unha arte eminentemente obxectiva, e en canto cencia, pertenece ó orde das "empíricas".
OS GREMIOS FANSE VELLOS: O "MATERIALISMO" RELEGA AO "HUMANISMO" A UNHA FUNCIÓN ASISTENCIAL DA MÁQUINA: Ao longo do século XVIII, a igrexa de Roma elimina as opcións cristianas que considera competidoras i heréticas, crece a demanda de man de obra esclava africana en América. A mediados, comenzan a instalarse as conserveiras catalanas na ría, que se valeron da estructura productiva gremial para "desregular o sector", comenzando unha época no que se asocia ser mariñeiro con pobreza.
Rematando o século coa primeira revolución industrial, cos motores das fábricas accionados pola forza do vapor de auga, que favorece a producción, e o capital opera un "centripetismo de concentración", provocando a creación do "capitalismo moderno"; a "Revolución Francesa" e o emperador Napoleón que enlaza co século XIX. Acontecementos, que os "gremios" sofren, debilitando a súa "corporatividade". O rexeite da modernidade da máquina, que vai mengüando a súa competitividade no mercado, e o "ruido" que provoca, enchendo de sons infernais a paz de que gozan e que axuda á reflexión mentras se fai o labor.
OS GREMIOS DANZAN PORQUE "VIVA A PEPA" O 20 e 21 de setembro de 1812, durante a celebración das "festas" con motivo da xura do pobo de Noia da nova "Constitución de Cádiz", o alcalde, Manuel Armero edita o programa e comenta o desenrrolo: "As confrarías danzantes deben agardar na ponte a que os representantes da Xustiza e do Concello os reciban, e alí darán inicio as danzas". O gremio dos mariñeiros, recupera a súa antiga "danza das espadas" con 16 parellas de danzantes coa súa debida vestimenta. O guia dos danzantes levaba un "peto" bordado coa inscripción: "Ao Rei Santo (Fernando III de Castela e León) / nos seus feitos inmortais, / nosos avós sempre acompañaron / e exemplos de heroismo nos deixáron". O gremio dos pedreiros levaban oito parellas de baile, atabiados cunha soberbia roupaxe a antiga usanza española e con arcos triunfais, encabezados polo «xenio da liberdade», que ademais de lanza e pileo, levaba bordado no peto: "O gran xenio do Ben tomou o seu asento / e ao despotismo derrocou en España; / da alta lei de Estado é esta fazaña". Executaron unha maxestuosa danza, acompañados de música e cántigos compostos para a ocasión. De seguido actoou o gremio dos xastres, composto por oito parellas vestidas de «ninfas» que tuveron unha actuación divertida, chispeante e de fina ocurrencia.
A chamada "Pepa", porque a "Constitución" proclamouse o 19 de marzo de 1812, o día de San Xosé, estivo vixente ate que o rei borbón, Fernando VII ("o felón": pérfido, alevoso e infame) volta do seu exilio no 1814.
Dibuxo de Patricio Pérez Morales.
A VIDA NON VALE NADA, FRONTE A UN COVARDE MATERIALISMO XENOCIDA QUE SE IMPÓN: No chamado "Trienio Liberal" (1820-23), a "Comisión de Fábricas de Cataluña", condenan ós "gremios" por ofuscación mental [sic], anacronismo técnico e monopolismo económico (Vicen Vives: Historia de España e América). O desenrolo industrial en Cataluña destacaba con respecto ó resto do país, polo que a organización gremial aínda persistiu por algún tempo após 1823 no resto do Estado.
A monarquía borbónica de Fernando VII primeiro, e logo a súa filla a rexente María Cristina, aproba os decretos de 1834-1836, o 6 de decembro de 1836, que declaran a "liberdade de Industria", o que permitía ó "capitalismo" contratar a operarios "non adscritos ós gremios". Esta será unha das primeiras ocasións onde os "borbóns" e o "capitalismo fósil" -que se estaba xestando: "Todo pola Pasta!"-, usa o termo "liberdade" para referirse a "desarborización" do tecido productivo máis básico, que contribuiu secularmente na configuración territorial, política e económica do Estado Español, que pasou a fame da carencia e das pestes, tamén a abundancia da opulencia, a "rexencia" do momento decreta con esa "liberdade" a "obsolescencia dos gremios" e por ende a economia social e cultural que sostiña.
O "novo traballador" compite coa man de obra escrava americana, nun entorno laboral radicalmente hostil, onde o accidente laboral decote, solucionábase con poñer outro no sitio, con xornais de fame e xornadas laborais de dezaseis horas diarias.
Foto de Ruth M. Anderson en outubro de 1924.
ANO DO COMETA HALLEY, O REI GARCÍA E O NOTARIO IOANO MOAES: «A JISTORIFASSION»
Según o razoamento utizado na xustificación da data (1365) da porta sur do Templo, e a desenrolamos coa data suposta da lousa do notario Ioano Moaes > 1104-38= 1066, e este ano o Cometa Halley fai unha visitiña, provocando fascinación en todo o planeta. Tamén é ano de quebranto por guerras na Europa Occidental, Galiza tiña "un rei de seu", iniciador dun orgullo social propio, acometendo unha reestruturación territorial que aínda perdura na actualidade e representa o "malfario galego", vítima das intrigas e envexas de poder dos irmáns, enterrado coas cadeas de cativo dos últimos lustros da súa vida, só tliña que renunciar ó «Reino de Galicia», restaurando así a súa condición nobiliaria.
1065
-Don García rei da Galiza; -Galtier Giffart, sinor de Longueville, concerta os esponsais de don García con dona Ághata, filla do duque de Normandía. Obsequio do mellor cabalo; -Don Cresconio remata as murallas de Compostela e as dúas torres defensivas da basílica; -27/12: Morre Fernando I en San Isidro de León; -28/12: Consagración da abadía de Westminster en Londres.
1066
-5/01: Morre Edward «o Confesor»; -6/01: Edward é enterrado en Westminster. Harold é proclamado rei de Inglaterra; -18/04: Aparece o «Cometa Halley», que se deixa ver durante unha semana. O histotiador grego Zonares, afirma que «era grande como a lúa chea»; -12/08: O lider vikingo Harald Hardrada, parte de Noruega con 300 navios e 9.000 homes a conquistar Inglaterra; -20/09: Primeira batalla entre anglosaxóns e vikingos as portas de Iork: Batalla do Rego de Fulford; -25/09: Batalla de Stamfor Bridge. Morre Hardrada e Tostig; -25/09: Parte a flota Normanda de Guillerme da foz de Somme, co propósito de arrebatarlle a xefatura a Harold, o seu primo; -14/10: Batalla de Hastings; -25/12: Coroación de Guillerme «o bastardo» novo rei de Inglaterra en Westminster; -No tempo do "viño novo", morre don Cresconio nas Torres do Oeste en Catoira. A «Jistorifassion» indica que o "notario Moaes" morre ó longo de este ano e precedeo a Cresconio.
O émulo gráfico do Rei García o atopamos no personaxe de «O Príncipe Valente» do canadés Harold Foster. Unha das xestas atribuídas ó Rei García, relata a habilidade estratéxica para interceptar ó exército atacante, e incapacitalo na súa capacidade de resposta, sen verquer unha gota de sangue.
Os "tempos artúricos" ou o dos "cabaleiros da táboa redonda", que comezan no século VI, cando as comunidades cristiáns ligadas a Roma, retoman a «Era Hispánica», ate a constitución de Noia no século XII, este entorno da ría viviuno tendo como testemuñas presenciais, "Nosa Sinora do Don" ou "Santa María" coa súa quintana de mortos, a abadía dos «Frades do Sobreiral» e uns "baldaquinos" na zona elevada, onde "San Martín" -quintana de vivos-, e todo baixo as "sobreiras" coas engurras pola tona facendo filigranas poéticas, no mesmo entorno no que facía uns centos de anos antes, Prisciliano oficiaría unha «celebración panteísta», que uns mil anos antes eran os "druidas celtas" cos seus deuses quenes convocaban ó "sobreiral", e antes outros.
A "lauda-sarcófago" do «Notario» é como un "cordón" dos «confrades de María da Concepción» co que tentaban "mudar" o eterno destino de "certas" almas que penan no inferno, [...], para "conectarnos" con ese remoto pasado.
"No solpor", de sempre, a monumental "media hostia telúrica" do «monte San Lois (?)», sacralizado dende que o "homínido" decatouse de que podía reverencialo en agradecemento do que lle proveia.
1067
-No verán morre accidentalmente Ághata, a prometida do rei García, de peregrinaxe a Compostela; -Morre a raiña dona Sancha, nai de García; -6/12: Data aproximada do nacemento de Diego Xelmírez nas Torres do Oeste en Catoira, personaxe que implementaría un orgullo identitario galego por séculos.
Si esto é así, don Cresconio, si a súa saúde llo permitira, viria en barco dende Catoira na compaña do Rei García, para asistir ó enterro do notario Ioano Moaes, algo máis de vinte lustros antes da constitución de Noia, no ‹ano do cometa›, na Santa María dos Frades do Sobreiral, quizá a lousa-sarcófago do "notario" na mesma ubicación de privilexio que ocupa actualmente.
O celador do templo e cimeterio de Santa María, agardando a que den as oito para pechar.
OS DERRADEIROS COLETAZOS DOS CONFRADES GREMIAIS: Pasan os séculos e en Noia, os "pedreiros" eran representados polo socialista Xosé Rei Antelo a principios do s. XX, conseguindo impor a xornada de oito horas.
"Un canteiro que traballaba ás órdenes do mestre Víctor Picallo, en xuño de 1903, estragou unha peza, que xa estaba defeutuosa, o mestre reclamoulle o seu importe. Tal feito dou lugar a unha folga que se mantuvo por varios días, mediando o alcalde co mestre Rei Antelo para que ambas partes chegaran a acordo, que se acadou coa condea ó "Mestre" de abonar os perxuicios causados ós obreiros".
O FINAL DOS GREMIOS: O fin dos gremios, da paso a un "novo traballador" desprotexido, asistente de máquina, cun poder adquisitivo de miseria, e un horario "ate que rebentes", mentras o capitalista facíase inmensamente rico, pasando de "pirata" e "negreiro" a banqueiro, industrial químico ou armamentístico, compañia petrolífera, "ítacas" sionistas, que adquiriu "a precio de risa" os bens patrimoniais da igrexa. Rematando o século coa "salvaxe" colonización africana, na que se "matou por matar" a miles de cidadáns africanos que se defendían coas súas armas ben afiadas, fronte ao incesante percutor das ametralladoras cuspindo. Este "capital sanguinolento", representa o actual "bloque de poder terrenal", que integra o dous por cento da poboación mundial, que obstentan, cada un deles, ser poseedores dun "dineral" superior ó que ten o cincoenta por cento dos habitantes do planeta, uns tres mil millóns de persoas. Tamén representan «a "auga estanca", que provoca a podredume da "charca" que aniquila a vida».
Co fin dos "Gremios", crébase unha relación laboral que preservaba a tradición, os acordos en "confraría", os dereitos laborais axustados ós requerimentos físicos do labor, a competencia desleal e foranea, equilibrio da oferta e demanda, calidade da obra ou produto, ..., conferíndolle continuidade e sostenibilidade á poboación e ó traballador.
Fonte:
- Arquitectura Relixiosa-Noia: Igrexa e Cimenterio de Santa María a Nova, de Eladio Oviedo Arce-EOA. Revista Bimestral: Set.-Outubro de 1901, Ano I, nº 2. Galicia Histórica-Colección Diplomática.
- "O Cimeterio de Santa María a Nova", de Álvaro das Casas. Editado no 1936, e distribuido no 1939.
- "Marcas de Canteiros Nalgunhas Localidades de Galicia", de Manuel Fabeiro Gómez. Extrait des: Actes du Colloque International de Glyptographie de Cambrai, 14-16 Setembro 1984. Ano 1985.
- "Os Gremios de Oficios de Noia" de Xoán R. López Oviedo. Edita Concello de Noia, 2021.
- "No Ano do Cometa" de Xoán Bernárdez Vilar -Premio Xerais 1986-, edita Xerais, 1987.
- "Morte de Rei" de Darío Xohan Cabana. Edicións Xerais, 1996.
- "Santa María a Nova" de Xesús M. Caamaño Martínez. Publicado na "Mostra Filatélica Homenaxe a Portugal - Noia 13-26 Maio 2002.

OS + LEIDOS

INFORME E DATOS DO «XENOCIDIO» NA COMARCA DE PLANAS, «LILA» A PRINCESA "CUIBA" DO CAPANAPARO E A «GUAHIBIÁ» DA "COMUNIDADE NUKAK"

PLANTAS DA PACHAMAMA

«FOTOS MAYO»: A IMAXEN DA DIGNIDADE

«A DECADENCIA DE OCCIDENTE» de OSWALD SPENGLER (2/4)

GACETA MUNICIPAL - 21 AGOSTO 1931

SERVIDUME VOLUNTARIA (III/IX)

GACETA MUNICIPAL - 10 AGOSTO 1931

SERVIDUME VOLUNTARIA (II/IX)

MUNICIPAIS DO 31 (e 2)