Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta GALAXIA EMOCIONAL

GALAXIA MEDO

Imaxe
Parte superior do Universo Emocional. As galaxias agrúpanse en parte de arriba como positivas e as da parte de abaixo como negativas, positivo e negativo hai que entendelo como concepto de polaridade u oposición, non como bon ou malo. IMAXINACIÓN EMOTIVA As emocións fortes non se poden comprender en profundidade ate que non se experimentan realmente. Si un experimentou un medo moi forte, sabe da dificultade para que outro poida entendelo a partir das explicacións verbais. Para entender as emocións hai que experimentalas. A "imaxinación emotiva" nos permite experimentar emocións soamente estimulando o pensamento. Non son emocións reais, senón simuladas, pero poden axudar a entender mellor o que nos pasa cando as experimentamos. QUE É O MEDO? O Medo é a emoción que se experimenta ante un perigo real e inminente, que se vive como arrolado e que pon en risco a saúde e a vida. O Medo é activado por ameazas a nosa seguridade física en primeiro lugar. Tamén pola ameaza a persoa...

PSICOLOXÍA TRANSPERSOAL

Imaxe
Transformar as distraccións sensoriais en portas ó inefable, é tarefa da mente evolucionada (Xosé Maroto Mingo) METÁFORA SUFÍ Existe unha coñecida metáfora dos mestres sufís, describindo cunha fermosa imaxe do ser humano, como unha unidade formada por: mente, corpo, emocións e espírito. Ó nacer, somos provistos dunha carruaxe (o corpo), conducido por un cocheiro (a mente), impulsado por dous cabalos (emocións e instintos). Dentro da carruaxe, viaxa o propietario (o Ser) que da as ordes, mentres viaxa ó traveso dos camiños (a vida). É a nosa responsabilidade, durante a viaxe da vida, coidar a carruaxe; revisala, afinala e atender o que sea necesario para o seu mantemento. Deste xeito, a carruaxe nos permitirá visitar e coñecer moitos lugares. Durante a viaxe, imos dándonos conta do importante que é ensinar ó cocheiro, para que deixe de castigar ós cabalos. Mostrarlle medios para non reprimilos, que aprenda a coidalos e animalos. E tamén indicarlle como dominalos, para que non se d...

EU SON EU

Imaxe
Virxinia Satir (1916-1978) psicóloga pioneira, que xunto a outros especialistas, creou o Mental Research Institute de Palo Alto (California). Este texto dela, resulta moi convinte para traballar a autoestima ou cando te sintas bloquead*. INTRO Ser ou non ser (Ernst Lubitsch, 1942) , unha das grandes xoias do cine clásico e todo un alegado de valentía e honestidade nesa época. Ser ou non ser é unha comedia atemporal que se recomenda de volver a ver -si xa se veu antes- encarecidamente. Exemplo en clave humorística, do éxito dun Eu desestructurado entre a emerxente revolución social ideolóxica, un militarismo imperial e un capitalismo armamentístico, que se brinda a resarcir a derrota humillante -a humillación alimenta o EuMonstruo - da Primeira Guerra Mundial. QUEN HAI DENTRO MIÑA? En todo o mundo, non existe ninguén exactamente igual a min. Hai persoas que se me parecen, pero de ningún xeito son eu. Por conseguinte, todo o que sae de min, é autenticamente meu, porque eu só o ...