Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta DEVANCEIROS

DESORIENTACIÓN / O QUE SON OS NENOS!

Imaxe
Autorretrato de Patricio Pérez Morales. 1/10/1901: Marcelino Rodríguez Castro, Director do Centro docente "San Vicente de Paúl", edita unha relación de alumnos do curso 1900-1901, cas seguintes cualificacións: Sobresalientes- 5, Notables- 11, Aprobados- 106 e Suspensos- 6. Total: 128 alumnos. Neste centro escolar cursábase: Bachillerato e preparación para as carreiras eclesiásticas, Maxisterio e Comercio. 1902: Na Exposición Rexional Galega celebrada en Santiago de Compostela, conseguiu Gran Premio a Industria de Alexandre Carreño e Fillos, e Diploma de Honor, a tamén afamada fábrica de conservas "A Noiesa" de Felix García Somoza. No Certame de París "Le Correspondant Médicale" celebrado este ano 1902, foi presentado un traballo do eminente doutor noiés Xesús Rodríguez Vázquez (avó dos actuais Rodríguez Cadarso), colleitando un grande éxito, o mesmo que o seu colega o doutor Xoán Barcia Caballero, de Santiago. 10/06/1903: No Xulgado de Primeira In...

«FOTOS MAYO»: A IMAXEN DA DIGNIDADE

Imaxe
Equipo de Foto Irmáns Mayo, de esquerda a dereita: os irmáns Francisco (no retrato), Xulio e Cándido Souza, e os irmáns Faustino e Pablo do Castelo. Co "golpe militar franquista" Fotos Mayo , convértese nun instrumento crucial para a difusión da causa republicana, cubrindo os distintos frontes de guerra e creando un prolífico arquivo gráfico ao pé do combatente e do pobo sufridor e masacrado. Cunha firme e inquebrantable premisa que incidía na cuestión de: "Antes de que a técnica domine ó ollo (que olla), os valores -a ideoloxía- deben dominar á mente (que ve). "A historia escríbena os vencedores, non os vencidos e pódese terxiversar sen darlle moitas voltas á realidade. A unha fotografía, por moitos pés que lle poñan, é moi difícil darlle a volta. A fotografía deunos un reflexo moito máis fidel que a propia historia escrita, con todo respecto aos historiadores. Eu non considero a fotografía como un complemento da literatura. As fotografías, como os grandes notario...