Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta UNMESMO

RAPID DE RIVEIRATORTA - 6 / ROYAL NAVY – 5

Imaxe
Curiosa instantánea da Equipa do Rapid, pódese apreciar como pasaron do melón o balón. Recuperamos hoxe, non un personaxe, senón un feito histórico inacreditablemente esquecido: "O Primeiro Partido de Fútbol acontecido na Europa Continental". No ano 1.869, atopándose de manobras a Escuadra Inglesa en Villajarsia, o que empezou sendo unha pelexa de mozos novos e bébedos, que falaban distintas linguas na Romaría de "Santa Isaura do Monte" -abojosa dos virollos-, rematou cunha oferta por parte do Lord Almirante Míster Johnson, dirixida ó Señor Alcalde da nosa Vila, de lavalas ofensas e golpes, nun neutral campo de fútbol -oferta moi en boga naqueles tempos e entre aquelas xentes-. O rebumbio que se montou nas aldeas do concello, foiche de “moito carallo”. Todos querían xogar!. Foi necesario facer unha primeira selección, descartando a tocos, coxos, cegos, chepas e encrequenados. Non foi adiante porque Paco "O Toco", que lle faltaban "oito dedos"...

MBB: MÁXIMO BRUTO BARREIRO: «O AGRÍCOLA»

Imaxe
Retrato de Máximo Bruto Barreiro «O Agrícola» - Noé Hoxe imos lembrar a esgrevia figura de Máximo Bruto Barreiro, galego-román sobrevivinte da batalla do Monte Medulio, quen foi primeiro cautivo dos románs e logo centurión célebre, pola sua combatividade e astúcia na batalla. Achegámonos a Máximo Bruto da mán de "Cuevillas". Este insigne historiador trás investigar os restos dos romanos achados en Sta. Baia de Coiros (Campolongo de Areatorta), atopou nunha "ola funerária", unhas taboiñas de barro cocido, onde se recollían os mais vibrantes momentos da vida de Máximo Bruto Barreiro, así coma o certificado de cidadanía expedido polo emperador Augusto no ano 33, outorgándolle unha parcela con casa e facenda no lugar da Insuiña (Sta. Baia de Coiros), onde debeu pasar os últimos anos da sua vida. Taboiñas atopadas por Cuevillas Os escritos apenas fan mención a vida anterior a súa captura do noso persoaxe, pero supoñemos que pasaría a vida, como tódo-los galegos da ép...

O NEJRO ANTONIO

Imaxe
Grabado da época, cedido pola família do «Nejro Antonio» (dase a casualidade de que tanto en Cuba como en Galicia o 95% da cidadanía son "todos primos" no senso xeneralóxico do termo) , onde podemos apreciar ó noso singular paisano, cun exemplar do seu "periódico libertario", intres antes de botarse as quenllas. Antonio Silva Baiakú, mais coñecido polo "Nejro Antonio", era fillo de Ramiro Silva natural de Portodosal (Estremende), e Ubanda Baiakú princesa *Ioruba que fora adquirida como esclava, polo que logo seria o seu marido en Camagüei (Cuba), no ano 1.812. Ramiro Silva, home de letras -quedáralle a deber a "tododiós" na aldea-, era dono dunha plantación de cana de azucre en Camagüei (Cuba). Alí namorouse da escrava Isaura (nome cristianizado de Ubanda) e concedeulle a liberdade. Tiveron un fillo, e Ramiro adicouse a ele en corpo e alma, mandandoo a estudar ós mellores colexios europeos da época. Antonio herdara da súa Nai o porte altivo e ...

JAZZ NO FORO - 1992

Imaxe
A máxima aspiración do Foro nesta época, era ofrecer algunha actuación, si era de música Jazz, sublime, complacía máis que o beneficio pecuniario. NANI GARCÍA TRIO & ROBERTO SOMOZA O Foro ofertaba todo xogo de mesa que había no mercado, ca aviesa intención de convocar a máis cafés a vender. Entre os xogos un, edición limitada que sacara o comic "O Víbora", ambientado nun barrio de putas, con figuriñas de chulos, polis, putas, testaferros, ..., que retirei antes de que desapareceran tódalas figuras. Si fora público, tamén jodería algunha, eran moi chulis. Tamén dispuña dun "revisteiro" con cuotas para actualizar as revistas. Algún, só estaba interesado no "Playboy", pero había variedade, o que non había era vagar nelas. Naquel tempo, resucitaran en Madrid a cabeceira do periódico "El Sol" de antes da "longa noite de pedra", e acompañaba diariamente cun libriño de autores clásicos e do momento, incluso chinos ou xaponeses. Estaban ...

LULÚ LACRUÁ: TODA PARA VOSTEDE

Imaxe
Aurelita vendéndolle o leite da veciña, no tempo libre. Vimos tratar hoxe dun personaxe histórico que, por descoñecido ainda non recibeo as honras que se merece. Trátase de "Aurelia da Pena Cotovade", natural do lugar de Mederretes, pertenecente a parroquia costeira de Porto Piollo. Naceo Aurelia, alá no ano 1.910, nunha humilde familia de ferreiros, era a maior de 31 irmáns, dos cales finaran 17 ó nacer. Desde mói nova, tuvo que apandar coas tarefas máis duras, facía as labores da casa -a sua nai estaba enferma do peito- e axudaba logo ó Pai xá maior, no pequeno taller. A pesares deso, sobrábanlle folgos a moza pra ir bailar as romarias, onde acadou sona de bulideira, quente de cascos, flexible de costas, e digamos, ... mói liberal de conducta. Según o seu própio diário, do que só se conservan fragmentos: Nunha soia noite de San Xoán, fixo homes a vinteseis rapaces da veciña aldea de Tiribás. Este "xeito ledo" de vela vida, causoulle enfrentamentos non só ca ...